Michael Nadeau en Artcuero.com |
Este
venres, 22 de febreiro, visítanos, para impartir unha master class ao alumnado da especialidade de Artesanía do Coiro da EMAO e a profesionais de obradoiros vigueses, un dos artesáns-artistas que aporta obra na exposición "100x100 Coiro" que se está a exhibir no Espazo EMAO; trátase de Michael Nadeau, un recoñecido mestre artesán, con obradoiro en Madrid e que ten recibido diversos premios nacionais polo seu traballo. Durante a sesión, cunha duración de catro horas, amosará especialmente a técnica de modelado en húmido da que é unha referencia no traballo en coiro en España.
Con esta actividade complementaria da exposición producida pola nosa Escola, preténdese achegar ao alumnado e artesáns vigueses ás técnicas avanzadas, da man dun especialista de primeira orde.
Máis información...

Ningún comentario:
Publicar un comentario