|
Amosando publicacións coa etiqueta Premios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios b>. Amosar todas as publicacións
24 de mar. de 2019
Entrega do VII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas
27 de nov. de 2018
Premio María Teresa Toral de Produción Gráfica a Rosa García, Mestra de Escultura e Talla en Madeira da EMAO
Este pasado sábado, 24 de novembro, entregáronse os XXIV Premios Nacionais de Grabado no Museo do Grabado Español Contemporáneo.
Temos que felicitar á nosa profesora de Escultura e talla en
madeira, Rosa García Martínez, que recibiu o premio María Teresa Toral,
un dos tres que conceden á Produción Gráfica. Seleccionáronlle dous dos
seus gravados da serie “... o que queda tras o bosque” e recibiu o
premio por un deles “Bosque Negro”
![]() | |||||||||
| Obra premiada "Bosque Negro" |
![]() |
| Obra seleccionada |
| Sería interesante destacar o xurado que outorgou o premio e que estaba
formado por José María de Francisco, director da Feira de Arte Estampa
(unha das máis importantes de Europa de Arte Gráfica); Juan Francisco
Rueda, crítico e comisario de Arte e Germán Borrachero, director do MGEC (Museo do Grabado Español Contemporáneo). Parabéns!!! |
15 de out. de 2018
Marian Núñez na The San Miguel Rich List 2018. Felicidades!!!
Desde hai 3 anos a multinacional cervexeira San Miguel, os xornais ingleses The Independent e London Evening Standard elaboran a The San Miguel Rich List, unha lista internacional de mulleres e homes que se distinguen pola súa busca de experiencias enriquecedoras, pola súa creatividade.
20 persoas que destacan non pola súa riqueza material, senon por seren especiais na exploración da experiencia vital e profesional, son os Trailblazers, os Pioneers, os Artisans e os Legacy makers que se embarcaron en experiencias que lles cambiaron a vida.
![]() |
| Coraza de Márian Núñez |
Este ano a San Miguel Rich List 2018 inclúe á nosa profesora de Deseño e Encaixe de palillos, Marian Núñez, que ademais de dar clase na nosa Escola, pode pasar moito tempo creando obras de arte en encaixe. Os seus traballos tecnicamente
moi complexos, inclúen pezas en 3D, nas que utiliza a técnica do
encaixe de palillos cun toque moi contemporáneo, tamén unha gran
variedade de materiais cos que explora e experimenta. Anímovos a visitar a súa páxina web
Parabéns, Marian!!!
Etiquetas:
Emao,
Encaixe,
Marian Núñez,
Mestres,
Premios
26 de abr. de 2018
Imaxes da Entrega do VI Premio Microrrelatos Mulleres Progresistas
Onte tivo lugar na nosa hemeroteca o acto de entrega do VI Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" coa presenza da Presidenta da Asociación Mulleres Progresistas, da concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco, a deputada provincial de Igualdade, dona Isaura Abelairas, e a presidenta da Deputación, dona Carmela Silva.
| Actuación musical: María Torres e Jorge Bombero |
25 de abr. de 2018
Entrega do VI Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas"
Esta tarde ás 18:00, tera lugar na nosa hemeroteca o acto de entrega do VI Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" coa presenza de Uxía Blanco, concelleira de Igualdade.
24 de out. de 2017
Día da Biblioteca 2017
Desde de 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada o 1992 durante a Guerra dos Balcanes. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elixidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último ganador do Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia-Fundación SM.
O acto conmemorativo terá lugar hoxe en Talavera de la Reina (Toledo).
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elixidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último ganador do Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia-Fundación SM.
O acto conmemorativo terá lugar hoxe en Talavera de la Reina (Toledo).
1 de xuño de 2017
32 Edición do Premio BMW de Pintura
O certamen que recoñece e impulsa a arte e a pintura en España, mediante a difusión cultural de obras e o descubrimento de talentos, abre o seu prazo de participación ata o 27 de xullo de 2017. As inscripciones faranse exclusivamente a través de Internet na web www.premiodepintura.bmw.es. Os participantes, que deberán ser pintores españois ou estranxeiros residentes en España, poderán presentar ata cinco obras por autor. Só solicitarase o envío físico das obras a aqueles autores que sexan preseleccionadas para unha segunda fase.
Premios:
Para a súa edición 32º, o Premio BMW de Pintura destinará un total de 43 mil euros en premios. O certamen destina as seguintes cantidades aos ganadores de cada categoría:
Premio BMW de Pintura: 25.000€
Beca Mario Antolín de Axuda á Investigación Pictórica: 8.000€
Premio á Innovación: 6.000€
Premio BMW ao Talento máis Novo: 4.000€
Para a súa edición 32º, o Premio BMW de Pintura destinará un total de 43 mil euros en premios. O certamen destina as seguintes cantidades aos ganadores de cada categoría:
Premio BMW de Pintura: 25.000€
Beca Mario Antolín de Axuda á Investigación Pictórica: 8.000€
Premio á Innovación: 6.000€
Premio BMW ao Talento máis Novo: 4.000€
22 de maio de 2017
XIV Certamen de Artes Plásticas Deputación Provincial de Ourense
A Deputación provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o XIV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos. Poderán participar todos/as os/as artistas con idades comprendidas entre os dezaoito (18) e os trinta (30) anos.
A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calqueira outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.)
O prazo de presentación das obras estableceras e dende a convocatoria deste certamen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ate o día15 de xuño do 2017. As obras entregaranse ou serán enviadas ó Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa Progreso, 30 32003 Ourense). Máis información
16 de maio de 2017
XIII Bienal Internacional de Cerámica “Manises 2017”
Ata o 16 de xuño pódese enviar a solicitude de participación nesta
prestixiosa bienal, que concede un total de preto de 13.000 € en
premios, divididos en dúas categorías.
CERCO 2017 Premio Internacional de Cerámica Contemporánea
A Asociación Profesional de Artesanos de Aragón (Artearagón) convoca a 15ª edición do Premio de Cerámica Contemporánea, CERCO. En 2013 CERCO iniciou un novo formato, convocando Feira e Premio cada dous anos en edicións alternas. No mesmo espazo da Feira expoñeranse todos os traballos seleccionados no Premio CERCO17, que volverá convocarse en 2019.
No premio poderán participar, tanto de forma individual ou colectiva, autores de calquera nacionalidade, cun máximo de tres obras. As obras que se presenten non poderán ser premiadas noutros concursos. As dimensións non poderán exceder de 2 metros na súa parte máis longa ou 1 metro cúbico de volume total, nin dun peso superior a 50 kg en cada unha dos seus partes.
Inscricións ata o 20 de xuño.
12 de maio de 2017
XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”
O Concello de FENE convoca a XXI edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2017. Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Premios Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes das 23.59 horas do vindeiro 30 de maio de 2017 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7x42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados. Os Curuxa do Humor 2017 establecen novamente dúas categorías, unha para maiores de 25 anos (Curuxa) e outra para menores desa idade (Curuxa Nova).
Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf
12 de abr. de 2017
Convocado o XXIV Premio Unicaja de Artesanía
A Fundación Bancaria Unicaja, a través da Fundación Unicaja Jaén,
convoca o seu Premio Unicaja de Artesanía. Este premio
conta cunha dotación de 22.000 euros en premios nesta edición, que se
distribuirán entre seis categorías artesanales ás que poderán concorrer
os participantes. Así, establécese un primeiro premio, dotado con 3.000
euros, para cada unha das especialidades seguintes: Cerámica, Tapices e
Textiles, Madeira, Coiro, Forxa e Ourivaría e Xoiaría.
17 de mar. de 2017
Concedidos os Premios as Mellores Encadernacións Artísticas 2017
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedeu os Premios ás Mellores Encuadernaciones Artísticas correspondentes a 2017. A convocatoria do
premio nesta edición establecía que a obra obxecto de encuadernación
fose Palinuro de México, de Fernando do Paso, Premio de Literatura en
Lingua Castelá Miguel de Cervantes 2015. O premio
convócase con carácter anual e ten por obxecto galardonar as mellores
encuadernaciones, a fin de estimular e recoñecer o labor dos artistas
neste campo.
- O primeiro premio correspondeu a Susana Domínguez pola encuadernación presentada baixo o lema "Paren#thesis".
- O segundo premio recaeu en Paula Estévez por "Mará"
- O terceiro premio foi para Guadalupe Roldán pola encuadernación titulada "Sergio"
O Xurado declarou tamén finalistas:
- Francisco Miguel Pérez coa obra "Mictlá"
- Eduardo Molares Rivas coa obra "Cosmo"
- Pablo Otero Pino coa obra "Chistósofo"
Destacar a brillante participación nesta edición varias persoas moi vinculadas a nosa Escola. O segundo premio, Paula Estévez, foi hai anos alumna de cerámica artística e dos finalistas destaca o noso mestre de encadernación artistica Pablo Otero e dous dos seus alumnos Francisco Miguel Pérez e Eduardo Molares Rivas. Parabéns a todos!!!
1 de mar. de 2017
Convocado o X Premio Internacional Compostela ao Mellor Albúm Ilustrado
O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o X Premio Internacional Compostela dotado con 9.000 euros ao mellor álbum ilustrado
O prazo de recepción de traballos remata o 12 de maio e o fallo do xurado coñecerase a última quincena de xuño.
Ao X Premio Internacional Compostela poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).
17 de xan. de 2017
Premio Reina Sofía de Pintura e Escultura
A Asociación Española de Pintores e Escultores presenta a 52 convocatoria do Premio Reina Sofía de Pintura e Escultura. A AEPE é unha entidade sen ánimo de lucro, cuxa finalidade principal é a promoción de actividades artísticas en toda a xeografía nacional.
Poderán participar todos os maiores de idade residentes no España, con obras orixinais, que non sexan seleccionadas nin premiadas en ningún outro concurso, e con tema e técnica libres. A data límite de presentación de obras é o 10 de febreiro de 2017 e os participantes enviarán a documentación requirida nas Bases a: administracion@apintoresyescultores.es
27 de out. de 2016
XXII Premio Internacional de Pintura 2016 "Francisco de Zurbarán"
Poderán participar todos os artistas maiores de 18 anos e de calquera nacionalidade.
As obras de estilo e temática libre han de estar realizadas utilizando óleos, acrílicos ou semellantes (pintura) sobre lenzo ou táboa. Quedan excluídas técnicas de témperas, acuarelas, carbón, sanguinas, tintas, etc. As obras presentadas non excederán de 2 metros lineales en ningunha das súas dimensións, sendo as medidas mínimas de 90 centímetros por 70 centímetros.
A presentación das obras farase exclusivamente en formato dixital, ata o día 18 de Novembro. Máis información na web do Concello de Fuente de Cantos.
11 de out. de 2016
XI Edición Premios Nacionais de Artesanía 2016
Os Premios Nacionais de Artesanía, que en 2016 celebran a súa undécima edición, son promovidos e organizados pola Fundación EOI a través da súa área de artesanía, Fundesarte, e convocados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Os obxectivos destes premios son: prestixiar a artesanía, presentándoa nunha contorna de calidade e excelencia; recoñecer os méritos daquelas empresas artesanas que destaquen pola súa creatividade, adaptación ao mercado, responsabilidade social e medioambiental e capacidade de innovación, conservando ao mesmo tempo as características específicas que as definen; recoñecer o labor das institucións, organismos e empresas cuxas actuacións contribúan a alcanzar os obxectivos que se perseguen coa constitución destes premios.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 5 de novembro de 2016.
www.premiosnacionalesdeartesania.com
premisoartesania@eoi.es
Documentación
Anexo_2A.doc (79,5 KB)Bases.pdf (303,5 KB)
Anexo_2B.doc (82,5 KB)
18 de maio de 2016
Cartel Gañador da Pedaliña 2016
11 de abr. de 2016
LOEWE Craft Prize, un Premio Anual Internacional á Excelencia Artesanal.
Neste ano 2016, a FUNDACIÓN LOEWE crea o LOEWE Craft Prize, un premio anual internacional á excelencia artesanal. Con esta ambiciosa iniciativa, LOEWE busca dar recoñecemento a creadores de vanguardia cuxo extraordinario talento, visión artística e vontade innovadora mostren novos camiños para o futuro da artesanía. O premio volve a súa mirada ás orixes de LOEWE, unha firma de luxo internacional que comezou como un colectivo de artesanos en 1846.
15 de mar. de 2016
Antón Corral leva o galardón honorífico dos Premios Martín Codax da Música
O antigo mestre da nosa escola Antón Corral vai recibir o galardón honorífico que entrega cada ano a asociación Músicos ao Vivo no marcos dos Premios Martín Códax. Segundo explica a directiva desta entidade "Antón Corral representa un fito na historia da música popular galega, tanto polo seu incansable traballo de investigación nas melloras construtivas dos instrumentos, coma polo labor de dignificación e difusión do folclore, así como por ter formado a músicos e artesáns de altísima calidade e relevancia". O artesán e gaiteiro recibirá o premio no Pazo da Cultura de Pontevedra o 28 de abril. Parabéns!!!
(Fonte: culturagalega.org)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















