Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura. Amosar todas as publicacións

16 de dec. de 2019

Asociación Cultural de Vigo: Unha Imprescindible Achega á Cultura da Nosa Cidade dos 60 e 70


Mañá martes 17 de decembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios  e co título "Asociación Cultural de Vigo, unha Imprescindible achega á cultura da nosa cidade dos 60 e 70", o Ateneo Atlántico organiza un acto de lembranza e homenaxe á Asociación Cultural de Vigo. 
O acto consistirá nunha conversa entre dous persoeiros que no seu momento foron presidentes da Asociación: Camilo Nogueira e Xosé Luís Franco Grande. Actuará como presentador e moderador Ricardo Gurriarán, investigador especializado en asociacionismo en Galicia.

7 de dec. de 2015

Culturgal 2015: Feira da Industrias Culturais


Este fin de semana tivo lugar en Pontevedra unha nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Unha oitava edición para facer da cidade de Pontevedra un lugar de encontro confortable, eficiente e novedoso con centos de liñas cruzadas entre públicos, expositores, creación, difusión, institucións, participación, venda, distribución, formación…Tres días de referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade cultural en Galicia. 
Nesta edición tres mestres desta Escola tiveron unha participación moi activa, Federico Fernández fixo as delicias do númeroso público infantil na presentación do seu último traballo "Balea" xunto con Germán González.
Por outro lado tamén dentro do Pazo da Cultura de Pontevedra pódese visitar ata o 10 de xaneiro a exposición "Somos espazo: simbioses entre arte e arquitectura" comisariada por Paula Cabaleiro e Antón Sobral na que participan Rosa García e Paula Mariño. 

27 de nov. de 2014

Culturgal 2014, a Feira das Industrias Culturais


Xa quedan poucos días para que Culturgal 2014, a feira das industrias culturais, abra ás súas portas. Do venres 5 ao domingo 7 de decembro, nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra desenvolveranse 150 actividades dos máis diversos ámbitos da cultura galega: literatura, música, artes escénicas, cinema, novas tecnoloxías, artes plásticas e visuais, gastrocultura... Tres días moi intensos para a nosa lingua e para
a nosa cultura nos que públicos diversos, dende os picariños en cueiros até os profesionais e programadores, terán a oportunidade de coñecer as novidades máis recentes que presentan 70 expositores dos diferentes eidos da nosa cultura. Tres xornadas para compartir e gozar do entusiasmo dunhas industrias culturais que lonxe de calquera conformismo constrúen nun entorno moi difícil o seu proxecto dende a corresponsabilidade e a autoestima.

18 de set. de 2014

Programación Casa das Mulleres-Centro Documentación Feminista Setembro a Decembro


A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova programación para o Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres que se realizarán durante o período de setembro a decembro de 2014.
Algunhas das actividades que acollerán estes servizos son: presentacións e faladoiros de libros, Relatorios, Club de lectura, Mesas Redondas, Exposicións, Obradoiros, Club da Risa, Aula de Internet... Pódese consultar o arquivo adxunto para obter máis información: calendarios e horarios, contidos, formadoras, inscricións, enderezos...
 

16 de xan. de 2014

Bolsas FormARTE de Formación e Especialización en Actividades Culturais

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Son 76 bolsas divididas en seis modalidades:
Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 14 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 14 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 14 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 15 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 15 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.

29 de nov. de 2013

Culturgal a Feira das Industrias Culturais: 29 e 30 de Novembro e 1 de Decembro 2013


29 E 30 DE NOVEMBRO
1 DE DECEMBRO
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA 2013

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, un escaparate excepcional. Pero ademais Culturgal é unha ferramenta para promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia. A organización de Culturgal 2013, a desenvolver os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro, apela á corresponsabilidade compartida entre todos os axentes culturais: institucións, empresas, creadores, xestores e públicos. Todos implicados de maneira activa na promoción da actividade cultural como parte fundamental do desenvolvemento social.

5 de nov. de 2013

Programación Municipal de Artes Escénicas para Novembro e Decembro de 2013


 

O Auditorio municipal ten programadas 16 actividades durante os meses de novembro e decembro. Os espectáculos para público xeral se levarán a cabo os venres pola noite e os de público familiar serán os domingos pola tarde. A programación dirixida ao público adulto inclúe pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques para adultos. Na sección para o público familiar poderemos desfrutar de espectáculos de monicreques, de mímica, de teatro musical e contemporáneo e de maxia. Máis información

16 de maio de 2013

17 de Maio "Día das Letras Galegas"


O 17 de maio é o Día das Letras Galegas que este ano está  adicado a Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal cumpre este ano o décimo aniversario do seu falecemento, condición necesaria para a súa candidatura á homenaxe. A RAG, considerou a este autor como "imprescindible non só na nosa literatura, senón tamén na dramaturgia europea do último cuarto do século XX". O autor galego de 2013, falecido prematuramente, deixou un importante legado no teatro galego, en labores tan variados como autor, director, escenógrafo, actor e iluminador. Foi un "home de teatro", un personaxe esencial no desenvolvemento das Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (Ourense) e no labor do Centro Dramático Galego. As súas obras e o seu traballo, nos que se mostra un forte compromiso coa lingua galega, e un interese polo encontro entre experimentación e tradición, o popular e o culto, foron recoñecidas con numerosas distincións. Vidal Bolaño tamén destacou no mundo audiovisual de Galicia, coa súa participación en películas e series. 

22 de abr. de 2013

23 de abril de 2013 "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

23 de abril de 2013

"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".

(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013)

O Martes 23 de abril, Día Internacional do Libro, O MARCO participa nunha Actividade de BOOKCROSSING


Mañá, martes 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro, o MARCO únese, unha vez máis, á experiencia de Bookcrossing na que participan 61 museos e centros de arte de todo o mundo. Unha campaña de liberación de libros na que encherán as cidades con volumes de diferentes disciplinas, procedentes da bolsa de duplicados das súas bibliotecas.
Os museos e centros participantes prevén poñer en circulación máis de 3.000 “libros libres” coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. No caso do MARCO, liberaranse un total de 40 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.
Todos os libros liberados están acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conteñen as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde atoparon cada exemplar e o lugar onde o liberaron.

9 de abr. de 2013

Programación Municipal de Artes Escénicas, abril-maio 2013


A Concellería de Cultura e Festas presenta a programación municipal de artes escénicas, VIGOCULTURA, que se desenvolverá no auditorio municipal (praza do Rei, 1), nos meses de abril e maio. O programa inclúe unha oferta diversa, con espectáculos para público adulto os venres ás 21,00h e para público familiar os domingos ás 18,00h. En total serán vinte espectáculos musicais, teatrais e de danza, dos que 13 pertencen á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA).

26 de nov. de 2012

Culturgal, 2012: A Feira das Industrias Culturais


A Feira dás Industrias Culturais de Galicia (Culturgal) volverá celebrar a súa quinta edición en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2012.

11 de maio de 2012

A FUNDACIÓN PENZOL PRESENTA O PRIMEIRO NÚMERO DE "NOVAS PENZOL"

Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa 2, Vigo

A Fundación Penzol presenta o primeiro número de NOVAS PENZOL, co que estrea un eido informativo para proporcionar maior visibilidade aos valiosos fondos que albergan a súa Biblioteca e o seu Arquivo e tamén para dar conta das súas actividades culturais.
Este primeiro número está dedicado á figura de Valentín Paz Andrade co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Miguel A. Seixas, Charo Portela, Xan Carballa e Alfonso Zulueta // Ricardo Grobas

23 de abr. de 2012

DÍA 23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


A celebración do día do libro remóntase a principios de século XX. A historia do libro faise festiva e xorden actividades literarias en toda España. Hoxe, o día 23 de Abril celébrase en todo o mundo, o día do libro internacional. Máis

9 de feb. de 2012

ENCONTRO INTERNACIONAL DE ECONOMÍA E CULTURA NA CIDADE DA CULTURA


A Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) celebrará os días 16 e 17 de febreiro o "Encontro Internacional Economía e Cultura", que nace co obxectivo de crear un espazo de reflexión permanente entre a empresa e o sector da cultura para contribuír ao desenvolvemento de Galicia e á modernización do seu tecido empresarial. Estas xornadas, que serán retransmitidas en directo vía streaming, contarán con varios espazos de encontro empresarial onde presentar proxectos e buscar socios ou patrocinadores, ademais de presentar casos de éxito do binomio empresa-cultura.