22 de abr. de 2013

O Martes 23 de abril, Día Internacional do Libro, O MARCO participa nunha Actividade de BOOKCROSSING


Mañá, martes 23 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro, o MARCO únese, unha vez máis, á experiencia de Bookcrossing na que participan 61 museos e centros de arte de todo o mundo. Unha campaña de liberación de libros na que encherán as cidades con volumes de diferentes disciplinas, procedentes da bolsa de duplicados das súas bibliotecas.
Os museos e centros participantes prevén poñer en circulación máis de 3.000 “libros libres” coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. No caso do MARCO, liberaranse un total de 40 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.
Todos os libros liberados están acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conteñen as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde atoparon cada exemplar e o lugar onde o liberaron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario