Amosando publicacións coa etiqueta Handmadenothomemade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Handmadenothomemade. Amosar todas as publicacións

13 de mar. de 2017

CONVOCATORIA. Artesanía en Coiro: actividades complementarias exposición #handmadenothomemade

ARTESANÍA EN COIRO
CLASES MAXISTRAIS, CONFERENCIA E DEMOSTRACIÓN
COMPRÓBESE se o acceso é libre ou por inscrición

Dentro da programación formativa e divulgativa complementaria da Exposición #handmadenothomemade Coiro: cor e volume --que se mostra no Espazo EMAO ata o 7 de abril-, o Obradoiro de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), --unha vez rematados os encontros con Jim Linnell- oferta o seguinte

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
(todas se realizarán, nos días e horas indicados, na sala de Hemeroteca da EMAO, agás a do día 7 de abril)

* Venres 17 de marzo. 18:15  horas
Clase maxistral: Trenzas Trucos e Botóns
Impartida por: Isaac Romero Esteras  (Vigo) e José Bértolo Pichel (Vigo).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
Estes dous artesáns de longa traxectoria no mundo do Coiro, van amosar como traballan o coiro para realizar a tira para trenzar, realizar diferentes trenzados planos e cilíndricos, botón e tamén nos darán trucos e consellos para realizar o bruñido e acabado da peza.

* Venres 24 de marzo. 18:15  horas
Clase maxistral: Aplicación do Guadamecil Contemporáneo
Impartida por: Nelson Gómez Callejas (Colombia).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
A técnica adquire con Nelson unha fasquía especial: a cor, o xeito de aplicalo, os productos empregados.  Ademais dunha introdución histórica faranos comprender a obra do mestre, pai do Guadamecil Contemporáneo que, sen dúbida, non só nos aprenderá a traballar o Coiro senon que tamén nos amosará  como transformar en arte o que levamos dentro.
* Luns 27 de marzo-16:30 horas
Clase maxistral: Moldeado básico e con area
Impartida por: José Villar (Silleda).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidadePrazas limitadas
Cunha traxectoria envidiable, de experimentación e formación, José faranos una introdución rápida á técnica do moldeado sobre molde e, para avanzar, explicará unha técnica tradicional de moldeado con area quente, que ten a peculiaridade de que, ademais de dar forma, endurece o coiro. Na exposición podemos apreciar varias técnicas realizadas con esta técnica.
* Mércores 29 de marzo 18:00 horas
Conferencia: Coiro Tridimensional dende o século V a. de C.
Impartida por: Franklin Pereira (Portugal).
Destinatarios: público en xeral, entrada libre ata completar afor
O Profesor visítanos para amosarnos parte do seu traballo realizado durante anos: investigar e divulgar o traballo do Coiro, as suas técnicas e as diferentes formas de traballalo en todo o mundo; nesta ocasión  facilitaranos a comprensión da evolución das técnicas de volume no coiro e a tipoloxia de pezas.
* Venres 7 de Abril 17.00 horas
Demostración : Así se traballa o Coiro na EMAO
A cargo de: Alumnado actual e que rematou os seus estudos de coiro na EMAO
Destinatarios: Entrada libre ata completar o aforo
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións)
Como xa fixemos na pasada exposición Coiro… aínda que non o pareza, para a clausura temos preparada unha macrodemostración, baixaremos as mesas da clase e en cada unha farase unha demostración de cada unha das técnicas que se ensinan na nosa especialidade, coa novidade de que estas faranas íntegramente  alumnado actual e e antigo da Escola.

IMPORTANTE PARA A INSCRICIÓN

Para solicitar a inscrición nestas actividades deberá enviarse un correo electrónico a emao@vigo.org coas características que se detallan:

* Clase maxistral de Isaac Romero e José Bértolo:
Indicar no Asunto: “Trenzas trucos e botóns”
No corpo da mensaxe  indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data límite inscrición: xoves 16 de marzo ás 14.00

* Clase maxistral de Nelson Gómez Callejas :
Indicar no Asunto:  “Guadamecil contemporaneo”
No corpo da mensaxe  indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data Límite: Mércores 22 de Marzo ás 14.00

*Clase maxistral de José Villar:
Indicar no Asunto:  “Moldeado básico e con area”
No corpo da mensaxe  indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data Límite: Xoves 23 de Marzo ás 14.00

A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Enviarase ás persoas admitidas un correo electrónico de confirmación.


10 de mar. de 2017

Carta sobre a nosa Exposición #handmadenothomemade no Faro de Vigo


Publicada en Faro de Vigo 10 de marzo de 2017 (Sección Cartas)
Exposición en la Escuela Municipal de Artes y Oficios 
Ruth Comesaña Tena
Vigo


En estos tiempos donde las buenas noticias no se prodigan mucho, me gustaría dedicar unas líneas de agradecimiento destinadas a la Escuela Municipal de Artes y Oficios de Vigo. 
La semana pasada tuvo lugar la inauguración de la Exposición "Handmadenothomemade (Coiro: cór e volume)", en Espazo EMAO. Con motivo de este evento se han organizado distintos seminarios y muestras a cargo de uno de los grandes artesanos del momento como es Jim Linnell, procedente de Texas y con más medio siglo de experiencia. La obra de Jim aparece continuamente en las portadas de revistas especializadas, catálogos y exitosas galerías. Además goza de los premios más prestigiosos internacionales del gremio: "Al Stohlman Award", o "Lifetime Achievement Award" u el "Master Leather Artisan Award" de la Academia de Artistas del Oeste, que, para que me entienda el público que me esté leyendo, estaríamos hablando de los equivalentes a los Óscar de los Ángeles o el Oso de Oro de la Berlinale para los amantes del cine. 
Esto sitúa a la ciudad de Vigo dentro del panorama internacional del mundo de la artesanía en cuero y más concretamente a nuestra Escuela Municipal de Artes y Oficios, puesto que es la única escuela municipal que puede presumir de contar con estos representantes artesanos de primer nivel como Jim Linnell, Serge Volken, además de artistas gallegos, también de primer nivel, que por el hecho de tenerlos más cerca, no podemos olvidar que son un verdadero referente en esta profesión, como es el caso de Jose Villar, entre otros muchos. 
Por todo ello me enorgullece pertenecer a esta escuela y a esta ciudad que promociona la profesionalidad de los oficios que se enseñan, con lo que pone de manifiesto que sigue más viva que nunca la filosofía fundacional de la Escuela de Artes y Oficios de la ciudad de Vigo. 
Mis más sinceras felicitaciones y agradecimientos para los responsables de estos proyectos que dignifican a esta ciudad y que suponen un valor añadido para la Escuela que sustentan, y ¿quién sabe?, tal vez el próximo premio de la industria del cuero pueda estar destinado a algún artesano formado en la EMAO de Vigo.

Grazas Ruth!

8 de mar. de 2017

Catálogo Dixital da Exposición "#handmadenothome made. Coiro: cor e volume"


Cartel deseñado por Márian Núñez

Xa temos o catálogo dixital da exposición #handmadenothomemade #coiro: cor e volume# Podédelo consultar facendo clik no enlace. O autor do catálogo é Rafael Ojea, coordinador xeral das exposicións no Espazo Emao.
Recórdovos que a exposición pódese visitar ata o venres 7 de abril.  
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables.

7 de mar. de 2017

3ª Xornada de Jim Linnell na Escola de Artes e Oficios


Hoxe finaliza a visita do mestre artesán do coiro, Jim Linnell, a nosa Escola. Esta 3ª Xornada consiste en unha clase maxistral dirixida aos alumnos matriculados no presente curso. Jim tamén visitou esta mañá, acompañado polo mestre da especialidade de artesanía do coiro, Pepe Pereira, as diferentes aulas e obradoiros da nosa Escola. 
Estas xornadas desenvólvense dentro das actividades complementarias programadas con motivo da exposición #handmadenothomemade #coiro: cor e volume que se pode visitar, no Espazo Emao, ata o vindeiro 7 de abril. 
Para rematar agradecer a Jim Linnell a súa presenza na nosa Escola, tamén a súa xenerosidade compartindo a súa sabedoría e experiencia con todas as persoas que asistiron a estas Xornadas.

6 de mar. de 2017

2ª Xornada de Jim Linnell na Escola de Artes e Oficios


Esta tarde, na hemeroteca, estase desenvolvendo a 2ª xornada de Jim Linnell na nosa Escola, é unha demostración técnica dirixida ao alumnado e público en xeral, interesado no traballo do coiro que previamente solicitaran participar nesta actividade. Contamos coa axuda inestimable de Lien Deraedt que actua como tradutora.
Mañá, martes 7 de marzo, teremos a 3ª xornada, esta será unha clase maxistral dirixida só para o alumnado da Escola matriculado no curso 2016-2017.

5 de mar. de 2017

1ª Xornada de Jim Linnell na Escola de Artes e Oficios


Aquí tedes as imaxes da 1ª Xornada de Jim Linnell na nosa hemeroteca, foi o pasado venres, 3 de marzo ás 18:00 h, un faladoiro cos asistentes, co fin de coñecer máis de preto ó artesán e que nos achegue a cultura americana do traballo do coiro. Aínda quedan dous xornadas máis, a continuación tedes os detalles:

Lúns día 6-3-2017
Hemeroteca da EMAO
16.30- 20.30
Demostración de técnica
Alumnado da Escola 
Público en xeral previa inscripción (40 persoas) (*)  

Martes día 7-3-2017
Hemeroteca da EMAO
16.30-20.30
Clase maxistral
Só para alumnado da Escola matriculado no curso 2016-2017

A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado. A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro Enviándose aos admitidos un correo electrónico de confirmación. 

1 de mar. de 2017

Relación de Admitidos á Demostración Técnica de Jim Linnell



Aquí tedes a relación de admitidos á demostración técnica de Jim Linnell na EMAO, será o vindeiro luns, 6 de marzo, na hemeroteca da Escola, ás 16:30 h. Máis información no blog Artesanía do Coiro.
 
1 Agustín Codina Gimeno
2 Pilar Goberna Rivera
3 Montserrat Gómez Vázquez
4 Celso López Meijide
5 Isaac Romero Esteras
6 José Bertolo Pichel
7 Juan Francisco Míguez Pazos
8 Ángel Nieves Fernandez
9 Sara Nieves Maceira
10 Juan Zaragoza Bastos
11 Patricia Pérez Couñago
12 Carmen Mariño Castro
13 Beatriz Méndez Güenaga
14 Elizabeth Lima
15 Miguel Sanjorge Nuñez
16 Pablo Porto Vaqueiro
17 Rosa Pérez Pousa
18 Amalia Silva Ynunciaga
19 Eva Lucia Rodríguez
20 Alejandro López Pereiras
21 Juan Manuel Álvarez Gímenez
22 Francisco Crispín Otero
23 Verónica Duarte González
24 Fernando Pousa
25 María del Carmen Iglesias Vázquez
26 Noé Oliveira Costas
27 Susana Calviño Carballo
28 Mónica Vila Villaverde
29 Patricia García Varela
30 Adela Pedrero Monge
31 Edith Reber Pedrido
32 Noemí Rodríguez Fernández
33 Rafael Ojea Martínez de la Escalera
34 Jose Antonio Marques M. Regojo
35 Ana Maria Camino Rodríguez
36 Verónica Vázquez Durán
37 Leticia Gestido Fandiño
38 José Manuel Piñeiro Barreiro

24 de feb. de 2017

Imaxes da Inauguración da Exposición #handmadenothomemade (Coiro: Volume e Cor)


Convocatoria: Encontros con Jim Linnell (Artesanía en coiro)


EXPOSICIÓN “#HANDMADENOTHOMEMADE. COIRO, COR E VOLUME

ENCONTROS CON JIM LINNELL
CONVOCATORIA


Con motivo da Exposición #handmadenothomemade (Coiro: cór evolume), que ten lugar no Espazo EMAO, na Escola realizaremos algunhas actividades complementarias como charlas, demostracións e presentacións. Así o vindeiro venres 3 de marzo, grazas á colaboración de Tandy Leather Factory, recibiremos a visita no Mestre Artesán Jim Linnell procedente de Texas (Estados Unidos). Jim Linnell é gañador do Al Stohlman Award do ano 2002 e o elixido para o Wall of Apreciation do IILG no ano 2014. Na actualidade traballa no departamento e Marketing de Tandy Leather Factory en Fort Worth (Texas, Estados Unidos)

As actividades a desenvolver con Jim Linnell son as seguintes:

Venres día 3/03/2017

Hemeroteca da EMAO
18.00- 19.30
Entrevista Publica, co fin de coñecer máis de preto ó artesán e que nos achegue a cultura americana do traballo do coiro.
Entrada libre ata completar aforo  

Lúns día 6/03/2017
Hemeroteca da EMAO
16.30- 20.30
Demostración de técnica
Alumnado da Escola 
Público en xeral previa inscripción (40 persoas) (*)  

Martes día 7/03/2017
Hemeroteca da EMAO
16.30-20.30
Clase maxistral
Só para alumnado da Escola matriculado no curso 2016-2017



(*) A inscripción do público interesado na actividade do día 6 de marzo farase por correo electrónico dirixido a emao@vigo.org, con data límite do 1/03/2017, indicando o seguinte:
Asunto: "Inscrición Demostración técnica Jim Linnell"
Corpo mensaxe: Nome, apelidos e email do/a solicitante.
A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro Enviándose aos admitidos un correo electrónico de confirmación.

22 de feb. de 2017

Imaxes da Montaxe da Exposición: #handmadenothomemade (Coiro: Cor e Volume)





Ültimos preparativos para a inauguración mañá da exposición #handmadenothomemade, que poderiamos traducir como “feito a man, non feito na casa”. Con este título quere sintetizarse a idea coa que cada día traballamos na nosa Escola: a transmisión do coñecemento dos oficios, respectando a tradición, a orixinalidade e a calidade. 

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 23 de febreiro ao 7 de abril de 2017
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables 

20 de feb. de 2017

Exposición no Espazo EMAO: #handmadenothomemade (coiro: cor e volume)


#handmadenothomemade
(coiro: volume e cor)

Esta mostra aporta un novo momento expositivo na serie iniciada pola especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO en 2013 con 100x100 Coiro e, en 2015, con Coiro, aínda que non o pareza. Con estas exposicións, sitúase a aprendizaxe da Aula de Coiro da Escola, no contexto global desta artesanía, poñendo en contacto ao alumnado e ao público en xeral cos mestres relevantes de España e doutros países.

Toma o seu título do hashtag usado polo artesán Oliver Aulus (Alemaña) para definir o seu traballo: #handmadenothomemade, que poderiamos traducir como “feito a man, non feito na casa”. Con este título quere sintetizarse a idea coa que cada día traballamos na nosa Escola: a transmisión do coñecemento dos oficios, respectando a tradición, a orixinalidade e a calidade.

O obxectivo xeral da exposición é amosar, con traballos de primeira liña, a cor e o volume no traballo en coiro. As pezas distribúense en catro seccións:

* Obras de artesáns e artistas internacionais: pezas procedentes de catro continentes, elaboradas por artistas e artesáns de máxima categoría no panorama internacional. Son obras escollidas persoalmente polo comisario da exposición, seleccionadas pola súa calidade e capacidade para ilustrar as técnicas e efectos de volume e cor no traballo de excelencia neste material.

* Coiro a distancia: para a elaboración das pezas que se expoñen nesta sección, solicitouse a varios artistas e artesáns en coiro de primeiro nivel nacional e internacional (Suiza, Francia, Alemaña, Estados Unidos, España) a súa colaboración: a cesión dun deseño propio a un alumno ou alumna da EMAO que, unha vez producido materialmente por este/a, exponse xunta co deseño orixinal.

* A terceira parte da Exposición é o resultado da colaboración entre a EMAO e o Museo Al Stohlman de Fort Worth (Texas, USA), xestionado pola empresa Tandy Leather Factory, que, ademáis da cesión de obras da súa colección permanente, farase cargo da visita a Vigo dun dos seus principais mestres artesáns, Jim Linnell, artista de referencia para o mundo da artesanía do coiro a nivel mundial.

* O Muro: unha peza colectiva realizada polo alumnado da especialidade que comezou no presente curso: un muro construido de tixolos de coiro aportados por cada un.

Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Coordinación: Rafael Ojea, técnico do Concello de Vigo
Cartel: Marian Núñez, mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Colabora: Tandy Leather Factory

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 23 de febreiro ao 7 de abril de 2017
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables