Amosando publicacións coa etiqueta Universidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Universidade. Amosar todas as publicacións

11 de feb. de 2020

Debate "É Necesaria unha Universidade Privada en Galicia?"


Esta tarde na nosa hemeroteca ás 19:30 o Ateneo Atlántico organiza un debate sobre sobre a necesidade dunha universidade privada en Galicia e para iso vai recibir ao Reitor da Uvigo Manuel Joaquín Reigosa Roger. O acto será presentado por Luís Otero. 
Entrada libre ata completar aforo

9 de out. de 2015

Taller de Creación e Edición de Libros de Artista

A Asociación cultural Astromántica Cartoneira a través do Vicerrectorado de Extensión de UVIGO está organizando un Taller de libro de artistas (30 horas) que se impartirá durante outubro-novembro na Facultade de Filología e Tradución, os martes e xoves pola tarde, desde o 15 de outubro. Animarvos a participar!!!

2 de mar. de 2015

Obradoiro de Construción de Instrumentos Musicais na Universidade de Vigo



 
David Carbajal Castiñeira, alumno de 2º de luthería antiga na nosa escola, impartirá un obradoiro na Universidade de Vigo sobre a construción de instrumentos musicais con material reciclado. O Obxectivo deste obradoiro é estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado. Crear unha serie de instrumentos sen a necesidade de investir moito diñeiro. Contribuír co medio ambiente dando unha segunda oportunidade aos materiais, diminuíndo así a nosa pegada ecolóxica.

Código: 2014834
Dirección: David Carbajal Castiñeira e Bibiana Piñeiro Muñiz
Datas: do 7 de abril ao 11 de maio de 2015
Horas: 40
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Taller de madeira da Escola de Enxeñaría Forestal
Horario: luns a xoves de 16.30 a 18.30 horas
3 L.E/ 1 ECTS

23 de xan. de 2013

Probas de Acceso a Universidade para Maiores de 25 Anos

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) convoca as probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos. Soamente poderán concorrer á devandita proba, as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebre a proba e que non posúan un título de bacharelato. 
Prazo de matrícula: ata o 14 de febreiro de 2013 nos LERDs. 
Máis información na CIUG: 981 528 080 e en http://ciug.cesga.es