Amosando publicacións coa etiqueta Monográficos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Monográficos. Amosar todas as publicacións

16 de xuño de 2021

Convocatoria: Escola de Verán da EMAO 2021

 Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de cursos de Verán a realizar entre os días 5 e 23 de xullo de 2021, dirixidos ás persoas interesadas non matriculadas actualmente na EMAO, que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos. 

¿Anímaste?

[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]

CURSOS QUE SE CONVOCAN: 

DEBUXO ARTÍSTICO E PINTURA: “MANCHA vs. LIÑA”

Impartido por Federico Fernández e Darío Basso, mestres destas especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa interesada
Datas: do 7 ao 22 de xullo de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Monográfico de iniciación á Creación Plástica que se centrará nas posibilidades da liña e as súas alternativas complementarias coa mancha.  

Programa:
Obxectivo xeral: achegamento básico á liña e a mancha como vertebradores da imaxen plástica.
Obxectivos específicos:

  • Analizar obras nas que o uso da liña e o uso da mancha sexan claves para a súa construcción
  • Coñecer a linguaxe da liña e da mancha
  • Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos no uso da liña e da mancha combinando os dous elementos
  • Utilizar o recurso gráfico da liña a través da trama, o garabato e a textura visual
  • Utilizar o recurso plástico da mancha para a integración da imaxen no espazo visual
  • Realizar debuxos acabados utilizando estes recursos gráficos

Contidos

  • Unha mirada á historia da representación plástica, desde o Renacemento ata o século XX
  • A linguaxe gráfica básica da liña e a plasticidade da mancha
  • A trama. O garabato. Os degradados. As texturas visuais
  • Realización práctica do uso da liña e da mancha, a trama e a textura.
  • Estudo e observación destes elementos a partir de debuxos de láminas
  • Aplicación práctica dos recursos gráficos e plásticos destes elementos utilizando modelos naturais

Material a aportar polo alumnado: block de debuxo A3 180/200gr. ou Canson c a grain ou fabriano academia estilógrafos de varios grosores (custo estimado material a mercar polo alumnado: 20 €)
Alumnado máximo: 15

CERÁMICA ARTÍSTICA E SERIGRAFÍA ARTÍSTICA: “TRANSFERIBLES: SERIGRAFÍA CERÁMICA”

Impartido por Miguel Vázquez e Alba Pardo, mestre e mestra da EMAO destas especialidades

Destinatarios/as: persoas con coñecementos previos en cerámica ou serigrafía adquiridos na EMAO ou acreditados presentando un currículum formativo
Datas: do 9 ao 22 de xullo, de 10 a 13,30 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: aproximación á serigrafía cerámica mediante as posibilidades da cuatricromía como proceso experimental

Programa:
Tratamento das imaxes elixidas: separación en canais e angulación de trama
Preparación da pantalla serigráfica, emulsionado, insolado, revelado, rexistro,
Estampación das tintas e da película de extracción,
Ancoraxe dos transfer sobre soporte cerámico
Esmaltado e cocción.
Material a aportar polo alumnado: Cinta adhesiva (de embalaxe e de pintor), acetato transparente de 42 x 60 cm aproximadamente, memoria USB (pendrive), luvas, regra de corte, cúter.
Alumnado máximo: 10

DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS E ARTESANÍA EN COIRO: “O FÍO NA PEL”

Impartido por Marian Nuñez e Pepe Pereira mestra e mestre destas  especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivos: Realizando un colar tipo Gola faremos unha pequena aproximación a técnicas básicas das dúas especialidades mantendo un primeiro contacto cos materiais.
Programa:
Artesanía en Coiro
  • ¿Qué é o Coiro? Definición e tipos
  • ¿Qué é o curtido? Definición e tipos
  • Aproximación ás técnicas decorativas
  • O Repuxado
  • O Modelado
  • A costura de Guarnicioneiro

Deseño e Encaixe de Palillos (metodoloxía teórico-práctica)

  • Materiais e ferramenta a empregar
  • Deseño para a estrutura do encaixe
  • Enchido dos palillos
  • Realización básica do punto de tecido e cordóns (Par Enteiro)
  • Engarzar o fío na peza de coiro para completar a peza realizada en coiro
  • Remate do punto de tecido para unir coa pel

Material a aportar polo alumnado: os consumíbeis que se solicitan, compraranse unha vez comece o curso, pois adaptaranse ao que hai que crear. O fío se pode aproveitar o que teñan ou mercar novo.
Custo de mercado aproximado do material: 18 €
Alumnado máximo: 10

CAIM-ZANFONA: “BANCO DE CARPINTEIRO”

Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: O curso está destinado a ofrecer un punto de arrinque a todas aquelas persoas que queren iniciarse na artesanía musical.
Datas: do 5 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Manexar e preparar a ferramenta manual que se emprega en carpintaría e por extensión na construción de instrumentos musicais de madeira.

Programa:

  • Manexo de ferramenta do banco de carpinteiro a través da realización dos obxectos propostos

Material a aportar polo alumnado: madeira de Faia (gasto e consumo compartido polo grupo de asistentes). Taboleiro de contrachapado de 600x400x4mm (para emprego individual)
Alumnado máximo: 8

CAIM GAITA: “INICIACIÓN Á CONSTRUCIÓN DE PALLETAS”

Impartido por Carlos Corral, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: persoas interesadas, en xeral, que non fixeran o curso habitual, e preferentemente gaiteiros/as.
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10 a 14 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Iniciarse na construción e posterior manipulado de palletas


Programa:

  • Identificación e selección da cana
  • Calibrado do interior das palas
  • Conformación da estrutura, mecanizado e axuste do tudel
  • Montaxe da palleta, elaboración e colocación do ferrete
  • Desbaste das paletas, afinación

Material a aportar polo alumnado: navalla e calibre (pe de rei) (prezo estimado de mercado: o custo dependerá da calidade do que se merque, podendo oscilar entre os 30 e os 50 €)
Alumnado máximo: 8
 

MODA E CONFECCIÓN: “NON SEI COSER UN BOTÓN”

Impartido por Emma Pintos, mestra da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: calquera persoa interesada en aprender “costura de supervivencia”
Datas: do 12 ao 23 de xullo, de 9,30 a 13,00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Curso se introdución á costura. Nestas sesións trataranse as técnicas básicas de costura a man e a máquina traballando sobre proxectos sinxelos e prácticos.


Programa:
  • Conceptos básicos de costura a man
  • Ferramentas necesarias na caixa de costura
  • Coser diferentes tipos de botóns
  • Puntadas manuais básicas ( pespunte, puntada invisible, sobrefiado...)
  • A máquina de coser:
  • Partes da máquina
  • Manexo da máquina
  • Tipos de costuras
  • Proxecto 1 mandil e o mantel - Proxecto 2 a bolsa da compra- Proxecto 3 a mochila festivaleria- Proxecto 4 funda de tesoira e alfineteiro

Material a aportar polo alumnado: alfinetes, agullas, cinta métrica,tesoira, dedal, e teas e accesorios para os proxectos (serán especificados o primeiro día de clase)
Alumnado máximo: 14
 

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA: “ESTAMPACIÓN E EDICIÓN DUNHA CARPETA DE GRAVADOS” 

Impartido por Rosa García mestra da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición
Datas: do 5 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: realización dunha tiraxe de gravados en relevo e confección dunha caixa e carpeta artística como concepto de obra orixinal.
Programa:
  • O gravado en relevo
  • Entintado e estampación nunha, dúas tintas e oco
  • Realización dunha serie para a súa edición
  • A importancia da presentación como parte da obra
  • Elaboración dunha caixa co deseño axeitado aos gravados
  • Establecer un diálogo entre contedor e contido

Material a aportar polo alumnado: linóleo, papeles de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica) e cúter
Alumnado máximo: 8

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
INSCRICIÓN E CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración: 36 horas
Datas: entre o 5 e o 23 de xullo de 2021. Horario de maña (consúltense datas e horarios específicos)
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica

Inscrición: 

Ata o 1 de xullo

Gratuíta

Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles para ser admitido/a):

  • No "Asunto": [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [só curso de Cerámica e Serigrafía]
  • Acreditación de coñecementos previos mediante currículum (ou enlace a páxina web persoal), só no caso dos cursos nas que se requira experiencia ou coñecementos previos.

Admisión de solicitudes:

  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2020-2021
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que non cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto. 
  • A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas [agás naqueles cursos nos que se esixa coñecemento ou experiencia previa, que deberán pasar polo filtro previo de cumprir este requisito]
  • A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.
Será obrigatorio o cumprimento das normas de prevención COVID-19 da EMAO.

27 de mar. de 2019

CONVOCATORIA CURSO "APROXIMACIÓN ÁS TÉCNICAS DECORATIVAS EN COIRO" NA EMAO

CONVOCATORIA DO CURSO MONOGRÁFICO 
APROXIMACIÓN ÁS TÉCNICAS DECORATIVAS EN COIRO
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria do seguinte curso monográfico aberto ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos que se indican:

Aula Artesanía en Coiro: Aproximación ás técnicas decorativas en coiro
Impartido por Pepe Pereira Somoza , mestre da especialidade de Artesanía en coiro na EMAO
Destinatarios: Aberto ao público interesado no traballo do Coiro. Non é necesario ter experiencia. Non poderán estar matriculados en ningunha especialidade da EMAO no curso 2018-19
Datas: do 10 de abril ao 12 de xuño de 2019, mércores non festivos de 10,00h a 14,00h.
Duración: 30 horas (7 sesións)

Obxectivo: As técnicas decorativas aplicadas no coiro teñen unha longa tradición na nosa Escola, pretendemos con este curso facer unha pequena introdución histórica a cada unha das técnicas que imos empregar e coñecer a súa aplicación, os materiais máis axeitados para cada unha e as ferramentas propias.
Coñeceremos técnicas decorativas para aplicar no coiro e outras para facer pezas decorativas con coiro, mediante a elaboración de pequenas mostras que se poderán empregar a posteriori para elaborar pezas.

Programa:
Repuxado.
Labrado.
Estampado.
Texturas.
Costuras decorativas
Modelado.
Trenzado
Tallado
Material a aportar polo alumnado: Tireta de coiro, agullas e burís para repuxar.

CONDICIÓNS DE MATRÍCULA E ADMISIÓN

Datas: do 10 de abril ao 12 de xuño de 2019, mércores non festivos de 10,00h a 14,00h.
Lugar: Aula de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 persoas

Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles)
  • Asunto: Solicitude inscripción Curso “Aproximación ás técnicas decorativas en coiro”
  • Corpo da mensaxe:
  • Nome e apelidos do/a solicitante e DNI
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Admisión de solicitudes:

Prazo: ata o 5 de abril de 2019
  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

14 de mar. de 2019

Convocatoria Curso monográfico "Pintura con plantillas (stencil)" na EMAO

CONVOCATORIA DO CURSO MONOGRÁFICO 
“PINTURA CON PLANTILLAS (STENCIL)”
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
 


Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria do seguinte curso monográfico, aberto ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos que se indican:

Aula Pintura: “Pintura con plantillas (stencil)”

Impartido por: Jorge Serrano Mato, mestre da especialidade de Pintura na EMAO.
Destinatarios: persoas interesadas en novos procedementos pictóricos, nas técnicas mixtas e/ou na arte urbana que non estean matriculados en ningunha especialidade nin nivel da EMAO no curso 2018-19
Datas: do 3 de abril ao 10 de maio (semana santa non lectiva), mércores e venres de 11,00h a 14,00h.
Duración: 30 horas (10 sesións)
Obxectivo: o alumnado aprenderá a técnica do stencil para levar a cabo as súas propias composicións sobre diferentes soportes e con diferentes materiais utilizados na pintura.
Programa:
1. Teoría
2 e 3. Creación de stencil
4. Estampado con diferentes materiais en distintos soportes (madeira, papel, tea...)
5 e 6. Composición con varios stencils
7 e 8. Técnica mixta (pintura e stencil)
9 e 10. Composición colectiva entre todo o alumnado a partir de diferentes stencils

Material a aportar polo alumnado: Acetatos finos/ lápis, goma, cúter, tesoiras, pinceis/Soportes (papel, madeira, tea, cartón... (a elección do alumno/a)/Pintura en spray (opcional)
CONDICIÓNS E INSCRIPCIÓN

Lugar: Aula de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 20 persoas 
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos  (imprescindibles):

No Asunto poñer: Solicitude inscripción Curso “Pintura con Plantillas”
No corpo da mensaxe poñer:
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Admisión de solicitudes: 
Prazo inscripción: ata o 27 de marzo de 2019
  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas en ningunha especialidade nin nivel de estudos na EMAO no curso 2018-2019
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas. A partir de aí, elaborarase unha lista de reserva para o caso de que existan baixas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

9 de out. de 2018

Convocatoria de cursos monográficos na EMAO: outubro 2018-xaneiro 2019

CONVOCATORIA CURSOS MONOGRÁFICOS EMAO 2018
OUTUBRO 2018- XANEIRO 2019


Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria dos seguintes cursos monográficos abertos ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos.

CURSOS QUE SE CONVOCAN:

* Aulas de Debuxo e Moda e Confección: “O debuxo como linguaxe na moda: O figurín II" 
Impartido por: Federico Fernández e Emma Pintos, mestres das especialidades na EMAO
Destinatarios: Persoas interesadas na práctica do debuxo na moda. Terán preferencia o alumnado que xa fixera o primeiro monográfico “O debuxo como linguaxe na moda: o figurín I" celebrado no mes de xullo de 2018.
Datas: do 22 de outubro ao 21 de novembro, luns e mércores de 10,00h a 13,00h.
Duración: 30 horas
Obxectivo: Curso interdisciplinario na que nos centraremos, mediante exercizos, en achegar o debuxo do movemento do corpo, a proporción e as posicións diversas do mesmo, para aplicalo na representación dun figurín de deseño de roupa. Curso de realizado entre os obradoiros de Debuxo e Moda e Confección, continuación do primeiro monográfico “ O DEBUXO COMO LINGUAXE NA MODA: O FIGURIN I”. Neste caso aportaremos a cór e a técnica da acuarela para os acabados das texturas as pregaduras dos figuríns a realizar.
Programa:
Achegamento básico a cor e a técnica de acuarela aplicada ao figurín de moda: O obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios que axuden o alumnado a rematar mediante a cor ca técnica de acuarela os figuríns de moda.
  • Breve recordatorio do visto no monográfico anterior. A proporción. A representación mediante o debuxo das texturas dos tecidos. As representacións de enrugas mediante a liña e o lápis.
  • Coñecer a linguaxe da cor. Representar o círculo cromático mediante a acuarela.
  • Realizar degradados aplicados a representación das teas
  • Representar texturas de teas a través da liña e da mancha
  • Aplicar as texturas visuais realizadas ca cor na representación de prendas sobre maniquíes
  • Realizar unha serie de figuríns rematados a cor , nas que se poñan en práctica todo o aprendido nos dous monográficos.
Material a aportar polo alumnado: B-Block de debuxo para acuarela formato A3 /Lapis HB /Goma /Caixa de acuarelas de 12 cores /Dous pinceis 

Aula de CAIM-ZANFONA : “Elaboración de espadillas”
Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM-Zanfona
Destinatarios: Ex-alumnos do obradoiro, con zanfona, que queiran mellorar a calidade das espadillas que construiron durante o curso e Interpretes de zanfona con instrumento dotado de espadillas de madeira.
Datas: do 26 de outubro ao 21 de decembro de 2018 e día 11 de xaneiro de 2019, venres de 17,00h a 20,00h
Duración: 30 horas
Presentación: As espadillas son os elementos encargados de interceptar a corda vibrante para producir a correspondente nota. A relación do constructor e do interprete de zanfona con estas pezas é tan inportante como a que poda ter o gaiteiro cá sua palleta..
Programa: O programa está referido ao que é o proceso de construcción: preparar e mecanizar (tronzar, cepillar, serrar, regrosar) a táboa de madeira para obter as láminas correspondentes.
Material a aportar polo alumnado: Táboa de madeira de Arce

Aulas de SERIGRAFÍA ARTÍSTICA E OURIVARÍA: “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”
Impartido por Alba Pardo e Sandra de Jesús, mestras de Serigrafía artística e Ourivaría respectivamente
Destinatarios: Aberto a persoas sen coñecemento previo sobre ás técnicas destas especialidades e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: Do 22 de outubro ao 21 de novembro de 2018. Luns e mércores de 10,00h as 13, 00h
Duración: 30 horas
Obxectivos: O obxectivo deste curso é dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da serigrafía e aplicalos de maneira práctica e específica na técnica do esmalte ao lume de ourivaría. A práctica constará crear pezas de cobre que serviran para colares ou broches, serán esmaltadas con cores base para despois aplicar e transferir os debuxos por medio dos procedementos serigráficos aplicando esmaltes vitrificables que serán cocido posteriormente. O alumno acabará o curso cos coñecementos básicos destas técnicas en concreto e con unha peza rematada, colar ou broche.
  • Deseñar a peza ou pezas de cobre que compoñen o colar ou o broche, estas pezas serán esmaltadas unha primeira vez con esmaltes de base e unha segunda vez cos debuxos serigrafiados baixo a temática da Fauna e da Flora mariña.
  • Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Serigrafía e da Ourivaría.
  • Crear unha peza rematada (broche ou colar) coas técnicas descritas e con debuxos que sacados do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.
Programa:
  • Desenvolvemento do deseño dos distintos elementos que forman a peza final, integración e combinación das cores.
  • Adecuación dos elementos a temática e a funcionalidade.

Ourivaría (metodoloxía teórico-practica)
  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Técnicas de corte
  • Técnicas de conformado
  • Limar e esmerilado
  • Técnicas de esmaltado
  • Articulacións e peches
  • Acabados e montaxe
Serigrafía (metodoloxía teórico práctica)
  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Preparación de pantaias e fotolitos
  • Emulsionado, insolado e revelado
  • Estampación
  • Limpeza de pantaias serigráficas.
Material a aportar polo alumnado: comprará en grupo certos consumibles de baixo custo; as indicación daranse ao comezar o curso.

Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística : “O libro ilustrado: O gravado coma imaxen do texto”
Impartido por Rosa García e Pablo Otero, mestra da EMAO, respectivamente das especialidades de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística
Destinatarios: Persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición e que non estean matriculadas na EMAO no curso 2018-19
Datas: do 7 ao 28 de xaneiro; luns mércores e venres de 10,30h a 13,30h
Duración: 30 horas
Obxectivo: Realización dunha tiraxe de gravados en relevo coma ilustración dun conto, que tomarán corpo de libro mediante a encadernación máis axeitada.
Programa:
  • O gravado en relevo
  • Entintado e estampación en unha e dúos tintas
  • Realización dunha serie ilustrada para a súa edición
  • A importancia do continente e o contenido
  • Elaboración dun libro mediante a elección da encadernación máis axeitada.
Material a aportar polo alumnado: Linóleo, papeis de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica), papeis de recubremento, cúter, edición de texto.


CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración curso: 30 horas
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 por curso
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019

Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:Teléfono de contacto: 
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO [se é o caso no que sexa condición telos cursado para acceder ao curso solicitado]

Admisión de solicitudes:
Prazos: ata o 18 de outubro de 2018 (agás curso de Talla/Encadernación que ten de prazo de presentación ata o 18 de decembro)
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.


24 de xul. de 2018

Máis fotos dos Cursos de Verán 2018 da EMAO

"Estampación e edición dunha carpeta de gravados". Encadernación e Talla

 

"Insolado e estampación con tintes naturais". Serigrafía artística

 

"Mar de latón e fío". Encaixe e Ourivaría




 "O debuxo como linguaxe na moda: o figurín I". Debuxo e Moda


"Ferramentas para traballar o coiro". Coiro e Gaita


Curso "Pasta exipcia". Cerámica artística

  
"Banco de carpinteiro". Zanfona 

 

20 de xul. de 2018

O Alumnado dos Cursos de Verán 2018

Hoxe remata a Escola de Verán EMAO 2018 aquí tedes algunhas fotos dos diferentes cursos.

Curso "Pasta exipcia". Cerámica artística

"Ferramentas para traballar o coiro". Coiro e Gaita

"O debuxo como linguaxe na moda: o figurín I". Debuxo e Moda

"Estampación e edición dunha carpeta de gravados". Encadernación e Talla


"Mar de latón e fío". Encaixe e Ourivaría
 
"Insolado e estampación con tintes naturais". Serigrafía artística

"Banco de carpinteiro". Zanfona

12 de xul. de 2018

Escola de Verán EMAO 2018 (2)

"Insolado e estampación con luz e tintes naturais"
Aula de Serigrafía artística

"Banco de carpintero"
Aula de construcción de zanfona
"O debuxo como linguaxe na moda: o figurín I"




Aulas de Debuxo e Moda e confección

Escola de Verán EMAO 2018 (1)


O pasado luns, 9 de xullo, comezaron os cursos de verán na EMAO que se van a desenvolver ata o día 20. Aquí tedes algunhas fotos destes primeiros días.

"Pasta exipcia" na aula de Cerámica artística
"Pasta exipcia" na aula de Cerámica artística
 
"Ferramentas de madeira para traballar o coiro "
Obradoiro de Gaita e a especialidade de Artesanía do coiro

“Mar de latón e fío”. Aulas de Deseño e encaixe de palillos e Ourivaría

"Estampación e edición dunha carpeta de gravados"
Aulas de Talla e escultura en madeira e de Encadernación artística