CONVOCATORIA DO CURSO MONOGRÁFICO
“PINTURA CON PLANTILLAS (STENCIL)”
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a Convocatoria do seguinte curso monográfico, aberto ás persoas interesadas que non estean matriculadas no curso 2018-19 na EMAO e que cumpran os requisitos que se indican:
Aula Pintura: “Pintura con plantillas (stencil)”
Impartido por: Jorge Serrano Mato, mestre da especialidade de Pintura na EMAO.
Destinatarios: persoas interesadas en novos procedementos pictóricos, nas técnicas mixtas e/ou na arte urbana que non estean matriculados en ningunha especialidade nin nivel da EMAO no curso 2018-19
Datas: do 3 de abril ao 10 de maio (semana santa non lectiva), mércores e venres de 11,00h a 14,00h.
Duración: 30 horas (10 sesións)
Obxectivo: o alumnado aprenderá a técnica do stencil para levar a cabo as súas propias composicións sobre diferentes soportes e con diferentes materiais utilizados na pintura.
Programa:
1. Teoría
2 e 3. Creación de stencil
4. Estampado con diferentes materiais en distintos soportes (madeira, papel, tea...)
5 e 6. Composición con varios stencils
7 e 8. Técnica mixta (pintura e stencil)
9 e 10. Composición colectiva entre todo o alumnado a partir de diferentes stencils
Material a aportar polo alumnado: Acetatos finos/ lápis, goma, cúter, tesoiras, pinceis/Soportes (papel, madeira, tea, cartón... (a elección do alumno/a)/Pintura en spray (opcional)
CONDICIÓNS E INSCRIPCIÓN
Lugar: Aula de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 20 persoas
Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):
No Asunto poñer: Solicitude inscripción Curso “Pintura con Plantillas”
No corpo da mensaxe poñer:
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:
- Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
Prazo inscripción: ata o 27 de marzo de 2019
- Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas en ningunha especialidade nin nivel de estudos na EMAO no curso 2018-2019
- Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
- Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria
- A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas. A partir de aí, elaborarase unha lista de reserva para o caso de que existan baixas.
- A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario