Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto 2018. Amosar todas as publicacións

12 de xul. de 2018

Catálogo da Exposición "Que Ninguén Marche con Lareca" no Espazo EMAO


Xa podedes ver o catálogo da exposición "Que ninguén marche con lareca" que se pode visitar no Espazo Emao, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo ata o vindeiro 21 de setembro. Esta exposición insírese na programación do Espazo EMAO  que contempla a realización dun proxecto expositivo singular ao remate do curso académico.
Arte, cultura, oficios, comida, fame... o cociña da Escola de Artes e Oficios prendeu os fogóns dos obradoiros para encher de viandas a noso Espazo EMAO. Ao redor da mesa, alumnado e profesorado prepararon potas e tixolas, e cos ingredientes do seu oficio: interdisciplinariedade, cooperación, creatividade e excelencia técnica, obraron un bo menú. Un menú fabricado de excesos e faltas, de enchentas e baleiros, de propostas nutricias e da fame, esa ausencia.  

Comisariado: Pepe Pereira e Alba Pardo, mestres de Artesanía en Coiro e de Serigrafía artística da EMAO
Especialidades participantes: Serigrafía artística, Debuxo artístico, Pintura, Artesanía en Coiro, Deseño e encaixe de palillos, Ourivaría, CAIM Gaita e Zanfona, Moda e confección, Cerámica artística, Talla e escultura en madeira. Cartaz: Jacobo Fernández, mestre de Pintura da EMAO Produción e montaxe: Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Coordinación: Rafael Ojea, técnico do Concello de Vigo Axudante de montaxe: Alberto Couñago Colabora: Banco de alimentos de Vigo 

DESCARGA O CATÁLOGO EN PDF (14,2 Mb) 

1 de xul. de 2018

Imaxes da Inauguración da Exposición "Que Ninguén Marche con Lareca" no Espazo EMAO

O alumnado de Escultura e Talla en madeira
O alumnado de Cerámica Artística
O alumnado de Serigrafía Artística
O alumnado de Serigrafía Artística
O alumnado de Ourivaría
O alumnado de Encaixe de Palillos
O alumnado de pintura
O alumnado de Moda e Confección
O alumnado de Artesanía do Coiro

24 de xuño de 2018

E... que ninguén marche con Lareca!

Fames artium magister
Arte, cultura, oficios, comida, fame... o cociña da Escola de Artes e Oficios prendeu os fogóns dos obradoiros para encher de viandas a noso Espazo EMAO. Ao redor da mesa, alumnado e profesorado prepararon potas e tixolas, e cos ingredientes do seu oficio: interdisciplinariedade, cooperación, creatividade e excelencia técnica, obraron un bo menú. Un menú fabricado de excesos e faltas, de enchentas e baleiros, de propostas nutricias e da fame, esa ausencia.
Aquí poderedes degustar polbo de otomán, refugallos de arxila rescatados dun colector, glutamato monosódico recén serigrafiado, farturas de madeira tallada, comida-lixo a bolígrafo, rotring e acuarela, e contemplar a cuchipanda de Cotán, imaxinar bodegóns comestibles de gaitas e zanfonas, usar cubertos de prata, latón e cobre nuns aquelados pratos de coiro de poldro galego e a maxia de transformar Mc en Wc encaixando fíos de algodón e lá.
Proxecto 2018
Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, prevese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto --proposto anualmente no claustro do profesorado- que partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
Sobre a idea xeradora contida na frase Que ninguén marche con Lareca agromaron neste curso os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de productos creativos desenvolvidos coa participación do alumnado a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida polo grupo.

... E se acudides o día da inauguración da exposición, poderedes colaborar cos vosos productos --estes si ben comestibles- na Operación kilo, no posto que a tal efecto montará no vestíbulo de entrada do Espazo EMAO o Banco de Alimentos de Vigo.

Comisariado: Pepe Pereira e Alba Pardo, mestres de Artesanía en Coiro e de Serigrafía artística da EMAO
Especialidades participantes: Serigrafía artística, Debuxo artístico, Pintura, Artesanía en Coiro, Deseño e encaixe de palillos, Ourivaría, CAIM Gaita e Zanfona, Moda e confección, Cerámica artística, Talla e escultura en madeira.
Cartaz: Jacobo Fernández, mestre de Pintura da EMAO
Produción e montaxe: Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Coordinación: Rafael Ojea, técnico do Concello de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago
Colabora: Banco de alimentos de Vigo