Estas imaxes son unha pequena mostra dos títulos que se incorporarán en breve á colección moderna da biblioteca de Artes e Oficios, como podedes observar temos libros para as diferentes especialidades que se cursan na Escola: debuxo, serigrafía, cerámica, artesanía en coiro, talla en madeira... Este ano destaca unha importante adquisición de libros e planos para luthería antiga, neste punto a biblioteca agradece a colaboración dos alumnos desta
especialidade que coas súas suxestións colaboraron ao enriquecimento
do noso fondo especializado nos oficios artísticos e tradicionais. Estas novas adquisicións que están pendentes do proceso técnico previo a súa incorporación ao catálogo, estarán en pouco tempo a disposición dos nosos usuarios. Esperamos que vos gusten.
Amosando publicacións coa etiqueta Oficios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oficios b>. Amosar todas as publicacións
10 de xan. de 2015
12 de set. de 2012
Résonance[s] · Salón europeo dos oficios artísticos
Do 9 ao 12 de novembro, en Parc Expo Wacken, de Estrasburgo (Francia). Organizado pola Fédération Regionale deas Metiers d'Art d'Alsace e Ateliers d'Art de France. Participarán ata 170 artesáns europeos da madeira, cerámica, xoiería, coiro, metal, téxtil, vidro, pedra...
www.salon-resonances.com
20 de abr. de 2012
PREMIOS ARTFAD 2012
A-FAD, (Artistes i Artesans do Fad - Fomento das Artes e do Deseño) convoca os premios internacionais de arte e artesanía contemporánea, co obxectivo de estimular a investigación, a creación e a excelencia no campo dos oficios de arte.
Cada autor pode presentar ata 5 obras de temática e técnica libre, e a partir da documentación recibida farase unha selección de 15 ou 20 traballos para formar parte dunha exposición na cal o xurado escollerá os gañadores e finalistas de cada categoría (Profesionais e Estudantes).
O material solicitado na bases enviarase ás oficinas do A-FAD. O prazo de inscrición finaliza o 6 de maio.
Bases completas e formulario na documentación adxunta.

25 de mar. de 2012
DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA, 30, 31 DE MARZO E 1 DE ABRIL
¡Descobre os segredos do sector artesán! Tes 3 días para entrar nun mundo fascinante de creación e saber facer e descubrir os bastidores da artesanía. Xornadas de portas abertas, demostracións de oficios, exposicións, etc. ¡Benvido ao mundo artesán! Máis información...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)