Amosando publicacións coa etiqueta Festivais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festivais. Amosar todas as publicacións

25 de nov. de 2019

Imaxes das Actividades na Hemeroteca do Venres 22 de Novembro

Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no primeiro concerto do Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no ensaio previo á súa actuación

Presentación do Poemario "Lobo Come Lobo" de Rafael López Vilas 


22 de nov. de 2019

Comeza o Super Bock Under Fest 2019 con Gruff Rhys na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios



2ª edición do  Super Bock Under Fest un evento musical con numerosas actuacións repartidas por distintos espazos da cidade. O programa de hoxe contempla dez concertos en nove lugares. Comeza na nosa biblioteca coa actuación de Gruff Rhys a partir das 18.00 horas. O músico galés, líder do grupo Super Furry Animals, chega a Vigo co seu novo álbum Pang!

9 de mar. de 2016

XXXIII Edición do Festival de Música Antiga de Sevilla



O Festival de Música Antiga de Sevilla, FeMÀS, que celebra a súa XXXIII edición, foi galardonado por GEMA (a Asociación de Grupos españois de Música Antiga) en 2015 co Premio Nacional ao mellor festival de Música Antiga pola súa programación e actividades paralelas.
Un ano máis se poderá gozar de ExpofeMÀS, a mostra de instrumentos do Festival de Música Antiga de Sevilla organizada por GLAE (Gremio de Luthiers e Arqueros de España) en colaboración con ICAS, que do 11 ao 13 de marzo de 2016 celebrará a súa sexta edición no Espazo Turina. 
ExpoFeMÀS é un encontro internacional de violeros, constructores de traversos e flautas, de instrumentos de tecla como clavicordios ou espinetas... En definitiva, de todos os instrumentos sensibles de aparecer na interpretación do repertorio musical chamado historicista: claves de Rafael Marijuan; viola de gamba de Pablo Fernández Romeu; Guitarras históricas de Joan Pellisa; tiorba e laúd de Jean Louis Marie; viola de gamba de Antonio Suárez Padilla; viola de gamba e guitarra barroca de Fernando Muñoz Aladro; viola d'amore de Ander Arroitajáuregui; flautas de Pedro Martín Lucas; viola de gamba, arcos e cordo de Robert Louis Baille; arcos barrocos de Michel Proulx; violín barroco de Anna Andreu; arcos de violín e viola de gamba de Gerard Díaz; viola d'amore de Massimo Mura; obóes históricos de Guillermo Beltrán; viola de gamba e violone de Francisco Luengo e trompa mariña e viola de gamba de Fernando Sánchez Contra.
Podedes completar esta información na web do FeMÀS www.femas.es

2 de mar. de 2015

O XXXII Festival de Música Antiga de Sevilla, FeMÀS 2015



Nova edición do FeMÀS, Festival de Música Antiga de Sevilla, e como parte importante do mesmo terá lugar nuevamente ExpoFeMÀS, a exposición de instrumentos antigos. 
Estarán convocados á mesma constructores de instrumentos antigos e barrocos de corda pulsada, corda frotada, vento, tecla e percusión. A mostra poderase visitar entre o 26 e 28 de Marzo de 2015 na Sala Joaquín Turina, situado en Rúa Laraña nº 4, en pleno centro da cidade de Sevilla. 
O Festival de Música Antiga de Sevilla, FeMÀS, que celebra a súa XXXII edición, é hoxe en día unha referencia no mundo da interpretación histórica musical. Este ano FeMÀS concentrará o seu interese na evolución da polifonía que servirá como liña argumental no desenvolvemento dos concertos. 
Entre as figúras asistentes ao festival destaca The Tallis Scholars ou A Grande Chapelle. Así mesmo coincidindo coa ExpoFeMÀS poderemos asistir a unha renovada versión "á antiga" do amor Brujo a cargo do Euskal Barrokensemble coa cantaora Rocío Marquez e baixo a dirección de Enrike Solinís, a aclamada formación A Risonanza interpretará As sonatas do rosario de Biber e Hispalensis Armonioso, agrupación de intérpretes da talla de Juan Carlos Rivera, Alejandro Casal, Rami Alqhai ou Lina Tur Bonet, ofrecerá un variado programa de música española. 
Dentro de ExpoFeMÀS celebraranse actividades paralelas como conferencias ou mesas redondas. Este ano contaremos co luthier e experto Carlo Chiesa para falarnos de "Amati e as orixes do violín", co violero Javier Martínez que presentará as súas investigacións sobre Violería na nosa península baixo o título "Innovación e reiteración na violería ibérica" ou o músico e constructor de traverso Thijs Van Baarsel que disertará sobre as "Copias, mitos e moda en Música Antiga". 
Nos documentos anexos poderá atopar detalles da convocatoria e o formulario de inscripción de ExpoFeMÀS, así como o programa de concertos e actividades. Pode completar a información na web do GLAE (Gremio de Luthiers e Arqueros de España) ou a través do correo expofemas@glae.org

12 de dec. de 2014

Fetival Européen Terralha Céramique


Ata o 15 de xaneiro pódese solicitar a participación no Festival Europeo de Cerámica Artística Terralha 2015, que se celebrará na localidade de St-Quentin-a-Poterie, no sur de Francia, durante os meses de xullo e agosto de 2015. Máis información

5 de feb. de 2014

Festival Miradas de Mulleres 2014 en Galicia


Por vez primeira o festival Miradas de Mulleres, que promove a nivel estatal o colectivo Mujeres en las Artes Visuales, desenvolverá en Galicia parte do seu programa. Paula Cabaleiro é a responsable de coordinar o desembarco da iniciativa, que chega ao noso país con nada menos de 28 sedes entre galerías, museos e institucións. No programa alternan exposicións individuais e colectivas, proxeccións, coloquios ou xornadas. Aínda que as actividades arrincan xa o 6 de febreiro coa exposición Xénero e artes visuais en UVigo, na Sala X de Pontevedra, o acto inaugural desenvolverase o vindeiro 8 de marzo na sede da Deputación de Lugo
O Festival Miradas de Mulleres é unha iniciativa de MAV, Mulleres nas Artes Visuales, unha asociación interprofesional e de ámbito estatal sen ánimo lucrativo formada por 400 profesionais no sector das artes plásticas en España.

O propósito principal do Festival Miradas de Mulleres, creado en 2012 pola artista Mareta Espiñenta, é o de difundir o papel da muller dentro de todos os ámbitos profesionais das artes visuales, desde a creación artística ao comisariado, a crítica, a investigación e a xestión.

Con este obxectivo, o Festival invita a museos, galerías, centros de arte, museos e universidades a sumarse con mostras e actividades de mulleres artistas durante o mes de marzo, co obxecto de aglutinar o maior número de exposicións protagonizadas por mulleres e ocupar a axenda expositiva deste mes, a escala nacional e, desde este ano, internacional.

16 de out. de 2013

Un Concerto na Biblioteca!


Hoxe saímos na prensa, aquí tedes a reseña do concerto de Steve Gunn que onte se fixo na hemeroteca organizado polo Festival Sinsal, está na Voz de Galicia, edición Vigo, 16 de outubro de 2013.

14 de out. de 2013

Steve Gunn : Sinsal Outono na Emao

Foto:  Olalla Lojo
 Mañá, 15 Oct 2013, na  biblioteca da EMAO de Vigo, 
Steve Gunn 
  6€
Guitarrista, compositor y cantautor asentado en Nueva York, Steve Gunn comienza a destacar como un intérprete de guitarra sobresaliente en proyectos entre los que despuntan los Violators de Kurt Vile o el dúo Gunn-Truscinsky. En solitario Steve Gunn es capaz de conjugar influencias tan diversas como la psicodelia o la Americana, siempre desde un prisma abierto y basado en la canción y en los ritmos hipnóticos de guitarra. Máis información

10 de out. de 2013

Steve Gunn Inaugura na Escola de Artes e Oficios o Festival Sinsal 11 Outono


15 Oct 2013
EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios - Vigo

6€ 
Cun concerto de Steve Gunn comezará o Festival Sinsal 11 Outono, que se repartirá entre Vigo e Santiago de Compostela. Guitarrista, compositor e cantautor asentado en Nova York, Steve Gunn comeza a destacar como un intérprete de guitarra sobresaliente en proxectos entre os que despuntan os Violators de Kurt Vile ou o dúo Gunn-Truscinsky. En solitario Steve Gunn é capaz de conxugar influencias tan diversas como a psicodelia ou a Americana, sempre desde un prisma aberto e baseado na canción e nos ritmos hipnóticos de guitarra. O seu último disco, Time Off, é unha auténtica lección magistral na que a súa voz suave, sen estridencias, baila en perfecto equilibrio cuns sones de guitarra que enchen as melodías como unha base perfecta que non fai desexar outros arreglos. Steve Gunn é a historia viva da guitarra en Norteamérica.

28 de xuño de 2013

Comeza o Festival de Jazz de Vigo: Imaxinasons'13


A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS’13, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (praza do Rei, 1) e a praza da Constitución. A dirección artística da presente edición corre a cargo do músico galego Nani García. Programación

29 de maio de 2013

II Festival Primavera do Cine en Vigo


 Dende o 29 de maio ata o 2 de xuño teremos posibilidade de contemplar, en tres salas diferentes (auditorio municipal, salón de actos do Marco e sala Vigovello), longametraxes, curtametraxes (de xénero documental e de ficción) e videoclips, suxeitos a un premio do público. Este ano, haberá como novidade unha sección de cine infantil, para destacar a potencialidade das películas como ferramenta educativa e de formación. Este é un festival de cine galego, deseñado como un encontro entre os creadores, as produtoras e o seu público. Tamén supón unha vía alternativa de exhibición nun momento en que o sector, o mesmo que outras actividades profesionais, pasa por unha situación delicada. Por iso, preténdese que o festival sirva para abrir un debate sobre a produción, distribución e exhibición en Galicia.

27 de xul. de 2012

O Festival Son de Vigo


O Concello de Vigo presentaba o pasado martes a segunda edición do festival Son de Vigo, que contará con actuacións de dez grupos locais entre o 30 de xullo e o 3 de agosto. Do 30 de xullo ao 2 de agosto na Praza da Constitución actuarán: Aries, The Blows, Monica de Nut, The Soul Jacket, Kaixo Sama vs Elecesar, Bflecha, Camarada Nimioy e Inculpados. Os Resentidos e Sinistro Total darán peche a este cartel no Auditorio de Castrelos o 3 de agosto. A entrada será gratuíta, pero a actuación final en Catrelos terá un custo simbólico de dous ou tres euros.

19 de xul. de 2012

1ª edición do Festival de Música Internacional, PortAmérica


Nigrán acolle desde hoxe e ata o vindeiro 21 de xullo a primeira edición de PortAmérica, un evento que, alén da música, está centrado na innovación e na creatividade e que conta con nomes como Julieta Venegas, Love of Lesbian, Xoel López, Iván Ferreriro, Love of Lesbian, Corizonas, Combon Dinamo ou Zoé e Onda Vaga no seu cartel.

18 de xul. de 2012

Sinsal San Simón 2012


Tras o éxito da pasada edición, Sinsal San Simón ofrécenos outra vez a posibilidade de acudir a un dos festivais máis especiais do país. Nesta ocasión celebrarase durante dous días o 24 e o 25 de xullo.

4 de xul. de 2012

Festival de Videoarte Latino REGION 0 no MARCO de Vigo


A partir do martes 3 de xullo ata o 1 de setembro, o salón de actos do MARCO acolle o Festival de Videoarte Latino REGION 0. Unha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais na área da creación audiovisual, e que é resultado de múltiples enfoques conceptuais e procesuais dos seus creadores, dentro dunha ampla mostra na que teñen cabida diversas formas de expresión dentro da videoarte.

12 de xuño de 2012

PRESENTACIÓN DA 8ª EDICIÓN DO FESTIVAL DE JAZZ IMAXINA SONS EN VIGO


Hoxe martes 12 de xuño ás 12h o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira da Área de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron o programa da 8ª edición do festival de jazz Imaxina Sons. Na rolda de prensa participou o compositor e músico Nani García, director artístico do festival. A cidade de Vigo continuará este ano sendo unha referencia para o jazz europeo coa celebración do festival que, organizado desde o concello, desenvolve a súa oitava edición do 21 ao 30 de xuño.

11 de xuño de 2012

WEART FESTIVAL BARCELONA



Weart é un festival de arte independente que apoia e serve como plataforma de difusión para os artistas nas disciplinas de New Art Media, Street Art Grafiti, Vídeo Arte, Palabras, Fotografía, Ilustración e Artes plásticas. A intención de presentar este evento multidisciplinar é a de establecer un diálogo entre os distintos tipos de arte tanto en campos xa consolidados como en disciplinas emerxentes. Bases

15 de abr. de 2012

1ª EDICIÓN DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO


Entre as datas 30 de Maio e 2 de Xuño do 2012, celebrarase en Vigo a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo. Onde poderan participar todas as galegas e galegos cineastas e creadores audiovisuais que envíen as súas obras ao noso apartado de correos, e por suposto sexan seleccionadas para a competencia. Tamén optarán a concurso as obras de extranxeiros feitas na nosa terra.
Para coñecernos e para coñecervos sumaremos ao espazo cultural da nosa cidade a gran celebración dun festival de cine completiño; Longametraxes, Curtametraxes e Videoclips serán as categorías en competencia, e o xénero é libre (documentais, animacións, videoarte, ficcións…) sempre que cumprimenten as bases e nos envíen a ficha de inscripción e requerimentos antes do 25 de abril do presente ano ao noso apartado de correos.

12 de abr. de 2012

FESTIVAL SINSAL X, 14 E 15 DE ABRIL 2012


Chega Sinsal X inaugurando o CLUB SINSAL, un novo modelo de festival máis participativo, aberto ao público e a outras disciplinas alén da música. Nesta primeira edición do CLUB SINSAL no MARCO de Vigo contará co Espazo Súper8, grupos locais e proxección de Súper8 caseiros cedidos por veciños da cidade, o Espazo Laboratorio, revelado fotográfico e diferentes propostas entre a electrónica e a experimentación sonora, e, por suposto, o Salón Sinsal no auditorio con Phaedra e Montgolfier Brothers.
A estes espazos no MARCO poderase acceder co abono ou con entrada por concerto, pero haberá tamén outras propostas gratuítas, tal é o caso da Escola, música e son explicados para os nenos, o Escritorio, onde atoparemos literatura, conversa e ritmo, e as Performances e o Showroom dos alumnos de Belas Artes e de ESDEMGA. O domingo, como colofón, haberá sesión vermú con Blues Control & Laraaji & Arji.
Atentos aos horarios e prezos e a novas sorpresas. Os próximos días 14 e 15 de abril Sinsal tomará o MARCO para comezar a celebrar os seus 10 anos de música.

Datas: 
14 abril 2012 - 15 abril 2012
Horario: 
Sábado de 18.00 a 22.00 e Domingo as 13.00
Lugar: 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo