Amosando publicacións coa etiqueta Editoriais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Editoriais b>. Amosar todas as publicacións
4 de nov. de 2019
28 de out. de 2019
Presentación do libro "Castelao. Construtor da Nación" de Miguel Anxo Seixas
Martes 29 de outubro ás 20:00 na nosa hemeroteca, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I
de Miguel Anxo Seixas. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada,
presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial
Galaxia.
Miguel Anxo Seoane Seixas é un historiador galego que
naceu en Arzúa en 1960. Licenciouse en Historia da Arte Moderna e
Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela entre 1979 e
1984. Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago”
(1990), “Ánxel Casal” (1995), “Castelao pintor” (2006, Galaxia) e “Quen
fora pedra” (2017). Ademais participou en numerosas obras colectivas
como “Celso Emilio Ferreiro” (1989), “Para ler a Castelao I e II” (2000,
Galaxia) e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación” (2016).
“Castelao. Construtor da nación” é o primeiro dos tres volumes que
abordan, dunha maneira definitiva, a vida e a obra do autor rianxeiro.
24 de abr. de 2014
Presentación do Libro "O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte"
Este venres presentación do libro:
O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte
de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos
O acto, que contará coa participación de Pablo Carrera, Pilar Barreiro,
Manuel Bragado e os autores, terá lugar o venres, 25 de abril, ás 20:00 h.,
na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios,
García Barbón, 5 de Vigo.
Os autores prepararon unha exposición das pezas máis curiosas deste gabinete
que se poderá visitar, durante o luns, 28 e o martes, 29 de abril,
nas dependencias da EMAO.

23 de xan. de 2014
VII Premio Internacional Compostela ao Mellor Álbum Ilustrado
O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO
O prazo de recepción de traballos acaba o 7 de marzo e o fallo do xurado coñecerase a primeira quincena de abril
O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora convocan o VII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 7 de marzo e o fallo do xurado darase a coñecer durante a primeira quincena de abril, no marco do Mes del Libro e das actividades da XIV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

3 de dec. de 2013
Exposición "Luis Seoane, Editor: Nova. Bos Aires, 1942-1947
A Fundación Luís Seoane (A Coruña) acolle a exposición "Luís Seoane, editor: Nova. Bos Aires 1942-1947", que aborda a posta en marcha e a historia de Nova, a primeira empresa editorial que fundou Luís Seoane (Bos Aires, 1 de xuño de 1910- A Coruña, 5 de abril de 1979) durante o seu exilio en Arxentina e a relación desta coa obra do artista.
Comisariada por Antonia Pérez Rodríguez, profesora da Universidade da Coruña (UDC), a mostra céntrase na historia de Nova, a primeira editorial posta en marcha por Seoane, xunto co seu colaborador Arturo Cuadrado, en 1942.
7 de xan. de 2011
"A VIDA NOCTURNA DAS ÁRBORES"
A colección de Arte de Factoría K presenta a obra "La vida nocturna de los árboles", na que Acumugan e o seu equipo de impresores, obsequian aos lectores cun traballo de calidade impecable.
Neste 2011, Ano Internacional dos Bosques, "La vida nocturna de los árboles" galardoado co Premio Novos Horizontes na Feira Internacional do Libro de Boloña (2008), proponnos un achegamento á mitoloxia e máis á natureza.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)