A exposición "Lacas Namban. Pegadas de Xapón" en España mostra o deslumbramiento do reino español pola cultura xaponesa na etapa coñecida como periodo Namban (1543-1639). Organizada no Museo de Artes Decorativas en colaboración coa Fundación Xapón, no percorrido da exposición poderase contemplar por primeira vez un considerable número de obras de laca Namban celosamente gardadas en España.
Amosando publicacións coa etiqueta Artes Aplicadas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Artes Aplicadas b>. Amosar todas as publicacións
14 de xuño de 2013
24 de mar. de 2013
Clase maxistral de Franklin Pereira
Cunha brillante clase sobre a historia das artes do coiro, Franklin Pereira --presentado polo mestre da EMAO Pepe Pereira-- clausurou o venres, no salón de actos da EMAO, a mostra 100x100 coiro, que durante mes e medio exhibiuse na nosa sala de exposicións, o Espazo EMAO.
Franklin fixo un didáctico percorrido, na primeira parte, polas orixes desta artesanía en oriente e occidente, facendo especial fincapé no legado andalusí na península ibérica.
Na segunda poidemos apreciar o seu fondo coñecemento e investigación sobre o uso artesano e artístico do coiro no mundo dos nosos días; un uso que coñece moi ben de primeira man, ao ter viaxado a diversos países de Europa, América e Asia, na percura tanto das orixes como da contemporaneidade desta arte milenaria.
17 de xul. de 2012
II Premio Europeo das Artes Aplicadas
O World Craft Council-BF organiza, ata o 9 de setembro, a exposición das
pezas seleccionadas do Premio Europeo das Artes Aplicadas,
correspondentes a 86 autores procedentes de 19 países europeos. Entre as obras seleccionadas polo xurado atópanse as de xoiería contemporánea dos españois Gemma Draper e Ramon Puig Cuyàs.
Premio_wcc_bf.pdf (331,8 KB).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





