Amosando publicacións coa etiqueta Matrícula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matrícula. Amosar todas as publicacións

7 de set. de 2021

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO E SORTEO PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO CURSO 2021-22

Para acceder por primeira vez á EMAO (curso Básico -tardes- ou Iniciación -mañás-) no caso de existiren máis solicitudes cá prazas, é imprescindible superar as probas de acceso que pola presente se convocan. Só no caso das especialidades de Pintura e Debuxo artístico, o acceso realizarase por sorteo entre as persoas preinscritas.

Consultar no Blog EMAOENLIÑA a convocatoria completa de probas de acceso e sorteo, calendario e horario:

AQUÍ

9 de xul. de 2020

Curso 2020-21: Ábrese o prazo para solicitudes de novo ingreso na EMAO

ÁBRESE A CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS CURSO 2020-21

O comezo do curso 2020-21 quedou condicionado pola interrupción das actividades docentes en marzo como consecuencia da crise provocada pola pandemia COVID-19. Esta circunstancia motivou a decisión de que todo o alumnado matriculado no curso que quedou incompleto, poidan repetir o mesmo curso no que estaban inscritos e, consecuentemente, provocou unha redución das prazas vacantes para o alumnado de novo ingreso.
As prazas de novo ingreso que se ofertan para este curso son as máximas que admite a relación entre alumnos xa matriculados e capacidade máxima de cada aula/taller no escenario da nova normalidade.

Unha vez rematado o prazo de confirmación de matrícula para o alumnado que xa estaba matriculado no curso 2019-20  --que repetirá curso-, a Escola Municipal de Artes e Oficios publica as prazas que quedan vacantes nas especialidades e niveis que se imparten neste Centro e abre o prazo para a preinscrición de alumnado de novo ingreso na EMAO para o curso 2020-21.

As prazas de novo ingreso que se ofertan están en dúas categorías *:
  1. Prazas para alumnado de novo ingreso nos cursos Básico (tardes) e de Iniciación (mañás): destinadas a persoas sen coñecementos previos que queren iniciarse nalgunha das especialidades que oferta no curso 2020-21 a EMAO.
  2. Prazas para alumnado de novo ingreso para os niveis superiores ás que se pode acceder mediante convalidación de estudos ou coñecementos previos dos solicitantes: destinadas a persoas que poden acreditar coñecementos específicos na especialidade na que se queren matricular, que serán valorados pola EMAO mediante valoración do currículum e, se é o caso, mediante unha proba específica de coñecementos. Este accceso pode ser aos niveis Medio, Superior e Avanzado.  O acceso ao nivel Avanzado está destinado a persoas con altos coñecementos na especialidade, que desexe desenvolver durante un ano un proxecto no taller correspondente da EMAO baixo a titoría do mestre/a
(*) Importante consultar a oferta de prazas de 1. e de 2. e os horarios das distintas especialidades e niveis

Prazo: do 9 de xullo ao 4 de setembro para a admisión de solicitudes de pre-inscrición para alumnado  de novo ingreso e do de convalidación para acceso a cursos superiores. Só se pode realizar por internet.
  1. As solicitudes de novo ingreso nos cursos Básico (tardes) e de Iniciación (mañás) realízase só online cubrindo este formulario 
  2. O novo ingreso por convalidación para niveis Medio, Superior e Avanzado (horario tardes) e de Perfeccionamento (horario mañás) será exclusivamente por correo electrónico, seguindo as indicacións do apartado 3 da Convocatoria xeral do curso 2020-21 [número máximo de prazas ofertadas aquí]
O inicio do curso adiántase en 15 días e dará comezo o día 14 de setembro, a diferencia de anos anteriores que comezaba a principios do mes de outubro.

22 de xuño de 2020

AVISO IMPORTANTE: Curso 2020-21: Ábrese o prazo para confirmar a matrícula [ADMINISTRACIÓN]

Dende hoxe e ata o vindeiro 2 de xullo ábrese o prazo de confirmación de matrícula para o alumnado actualmente matriculado en tódalas especialidades e niveis da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
A convocatoria completa pódese consultar aquí (aconséllase a súa lectura atenta)

A ter en conta:

  • Repetición de curso: repiten o curso todo o alumnado de todos os niveis e especialidades, pero é necesaria...
  • Confirmación obrigatoria: para estar matriculado no curso 2020-21 é obrigatoria a confirmación expresa de matrícula dende este formulario. Esta confirmación conleva a matrícula automática no curso 2020-21 na mesma especialidade e nivel que se cursaba en 2019-20. A non realización deste trámite significará a baixa automática como alumno/a da Escola.
  • Confirmación online: Só se admite a confirmación online, non presencial nin por correo electrónico.
  • Prazo de confirmación: ata o 2 de xullo de 2020.
  • Excedencias: consulten o apartado 1.4.3. da Convocatoria xeral.
  • Prazas vacantes e alumnado de novo acceso: Despois da confirmación publicarase un listado de prazas vacantes e abrirase un período de preinscrición para alumnado de novo ingreso tando nos niveis básicos e de iniciación como, por convalidación, nos de perfeccionamento, medios e superiores.
  • Inicio de curso: diántase o inicio do curso ao 14 de setembro.
IMPORTANTE: Para acceder á confirmación o sistema pedirá introducir dous datos por seguridade:
  • DNI
  • Data de nacemento
Estes datos TEÑEN QUE COINCIDIR exactamente cos subministrados cando se fixo a matrícula e constan na nosa base de datos. En caso contrario NON permitirá o acceso. Se non lle permite o acceso, verifique, mediante correo electrónico a emao@vigo.org eses datos, para, se é o caso, modificarlos ós na base de datos.

8 de xan. de 2020

Convocatoria Xaneiro 2020 Especialidades de Pintura, Debuxo, Serigrafía, Ourivaría e Moda


CURSO 2019-2020
XANEIRO 2020
CONVOCATORIA ESPECIALIDADES DE PINTURA, DEBUXO ARTÍSTICO, SERIGRAFÍA ARTÍSTICA, OURIVARÍA E MODA E CONFECCIÓN
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

0. NORMATIVA XERAL DE APLICACIÓN
A presente convocatoria realízase ao abeiro da Normativa do Plan de Estudos 2015 (PEEMAO2015), aprobada pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo na súa sesión de 16/04/2015, que pode consultarse aquí, e posteriores modificacións aprobadas na sesión da Xunta Reitora de data 10/12/2015 e na sesión da Xunta de Goberno Local de data 29/04/2016. Así mesmo, é de aplicación o contido na Convocatoria Xeral do curso 2019-20 publicada na web municipal.
As normas alí contidas son de directa aplicación á presente convocatoria.

A. MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO NAS ESPECIALIDADES DE DEBUXO ARTÍSTICO E PINTURA
As persoas para novo acceso admitidas nestas especialidades figuran na lista de Admisións conforme ao resultado do Sorteo realizado no mes de setembro de 2019 que está publicada na páxina web municipal.
As persoas seleccionadas deberán obrigatoriamente para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte. O prazo para a formalización será do día 8 ao 13 de xaneiro de 2020.
A non formalización da matrícula en prazo, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de acceso (se é o caso).
A formalización da matrícula implica a plena aceptación polo alumno/a do Plan de Estudos 2015 (PEMAO2015), aprobado pola Xunta Reitora do Organismo Autónomo EMAO de 16/04/2015), e as modificacións correspondentes aprobadas pola Xunta Reitora e a Xunta de Goberno Local e demais normas de funcionamento vixentes.

B. INICIO DO CURSO DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CURSOS ANTERIORES DAS ESPECIALIDADES DE PINTURA, DEBUXO ARTÍSTICO, OURIVARÍA, MODA E CONFECCIÓN E SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
As clases das especialidades de referencia iniciaranse a partir do día 13 de xaneiro de 2020 no día e hora indicado no horario oficial da Especialidade recollido na Convocatoria Xeral do curso 2019-20.

C. PROBAS DE ACCESO ESPECIALIDADES DE OURIVARÍA E MODA E CONFECCIÓN
1. Conforme ás normas de acceso recollidas na Convocatoria xeral, publicáronse na páxina web municipal os listados de preinscritos/as nestas especialidades.
2. Para a selección e matrícula definitiva nestas especialidades, os/as preinscritos/as deberán realizar a correspondente proba de acceso, que terá lugar nas seguintes datas e horas:

  • Moda e Confección (acceso a curso Básico -tardes- e Iniciación -mañás):13 de xaneiro ás 16:00 h. Na Aula de Moda e Confección da EMAO
  • Ourivaría (acceso a curso Básico -tardes- e Iniciación -mañás): 14 de xaneiro ás 16:00 h. Na Aula de Ourivaría da EMAO
3. Contido das probas
As probas de acceso para as citadas especialidades terán dúas partes.
  • A primeira será un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade. A valoración do cuestionario será global de 0 a 10.
  • A segunda parte será un exercicio práctico co material específico de cada especialidade, no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase de 0 a 10.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
O/a aspirante presentarase no horario indicado co DNI e un bolígrafo.

D. MATRÍCULA E INICIO DO CURSO EN SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
No caso da especialidade de Serigrafía artística, o alumnado matriculado no curso 2018-19 (curso que non se realizou na súa totalidade por baixa da mestra titular) poderá repetir no mesmo nivel no que estaba matriculado. As clases comezarán a partir 13 de xaneiro de 2020, no día e hora que corresponda segundo os horarios oficiais para o curso 2019-20 xa publicados.

E. HORARIOS DE ADMINISTRACIÓN E INFORMACIÓN
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5.
Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres (agosto, pechado)
Información: páxina web-EMAO
Correo electrónico: emao[arroba]vigo.org
Tfno.: 986228088

26 de set. de 2018

132 Aniversario da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Arquivo da EMAO

Hoxe, hai 132 anos, inaugurábase en Vigo a Escola de Artes e Oficios, nacía na antiga rúa do Circo, nº 3, pero despois de 14 anos trasladaríase a este fermoso edificio doado por José García Barbón. Comezaba o século XX e tamén unha das etapas máis frutíferas da nosa escola, desempeñando un papel decisivo na formación da clase obreira e contribuíndo ao desenvolvemento de Vigo como cidade industrial.
Na foto tedes o documento firmado polo entonces secretario do centro Mariano González no que se anunciaba a apertura de matrícula para o curso 1900-1901.

21 de set. de 2016

Ábrese o Prazo de Confirmación de Matrícula na Escola Municipal de Arte e Oficios de Vigo (EMAO)



Xa están publicadas no taboleiro da Escola e tamén na páxina web as listas cos resultados das probas de acceso. As persoas incluídas nos listados do resultado do sorteo e das probas de acceso, deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade administrativa a seguinte documentación :

Datas e horario de matrícula:
  • 22 ao 29 de setembro (de 9:00 a 14;00 horas e de 16:00 a 20:00 horas)
  • 30 de setembro (de 9:00 a 14:00 horas)

De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na lista de espera.

Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2016-2017. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo o número de prazas ofertadas para cada especialidade.

14 de set. de 2016

Sorteo e Convocatoria das Probas de Acceso a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Curso 2016-2017


Acaba de celebrarse na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o sorteo para cubrir as prazas ofertadas nas especialidades de Debuxo e Pintura. Podedes consultar os resultados no taboleiro da Escola e na seguinte dirección: http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao17.php?lang=gal.
 

Os afortunad@s deben formalizar a matricula a partir do día 22 ata o 30 de setembro. 
Lembrádevos que hoxe comezan as probas de selección para as outras especialidades: 
 
Calendario e horarios:

Encadernación: día 14, ás 16.00 horas.
Talla escultórica en madeira: día 14, ás 16.00 horas.

Artesanía do coiro: día 15, ás 16.00 horas.
Ourivaría: día 15, ás 16.00 horas.

Deseño e encaixe de palillos: día 16, ás 16.00 horas.
CAIM (Gaita, Zanfona, Luthería antiga): día 16, ás 16.00 horas.

Cerámica: día 19, ás 16.00 horas.
Serigrafía: día 19, ás 16.00 horas.