Amosando publicacións coa etiqueta Deseño b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deseño b>. Amosar todas as publicacións
16 de feb. de 2020
9 de feb. de 2020
27 de nov. de 2019
"É Encaixe, A Exposición" no Espazo EMAO
Lémbrovos que podedes visitar non Espazo EMAO a mostra "É Encaixe. A Exposición", cos traballos de maior calidade realizados durante a última
década no Obradoiro de Deseño e Encaixe de Palillos da Escola Municipal
de Artes e Oficios de Vigo.
DATAS: Do 22 de novembro de 2019 ao 10 de xaneiro
de 2020 en horario de 19:00 a 21:00 de luns a venres non festivos.
LUGAR: No
Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía
de Castro.
25 de nov. de 2019
18 de nov. de 2019
Na EMAO: É Encaixe, a exposición
É
Encaixe. A Exposición
A
exposición que presentamos amosa os traballos de maior calidade
realizados durante a última década no Obradoiro de Deseño e
Encaixe de Palillos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Esta mostra pretende transmitir as posibilidades e a realidade desta
artesanía partindo da base, pero indo máis alá, das técnicas,
materiais, usos e estética tradicional, facéndoa dialogar e
implicarse nunha lingoaxe contemporánea e vinculándoa ao mundo da
creatividade.
Quere
servir tamén para promover a reflexión sobre a capacidade das
mulleres de saírense dos patróns tradicionais femininos
que se asocian a esta artesanía (moda, decoración, fogar...) e
adoptar, con notable excelencia técnica e creatividade, propostas e
discursos contemporáneos.
Móstranse
obras artesás e artísticas realizadas por alumnas egresadas da EMAO
na última década coa certificación de estudos de Deseño e encaixe
de Palillos da EMAO. Son traballos realizados como resultado material
dos proxectos de fin de estudos (curso Avanzado) executados baixo a
dirección de Marian Núñez --mestra desta disciplina na EMAO-.
Utilízanse distintos materiais, técnicas, formas, funcionalidades
e estéticas tradicionais e contemporáneas.
Título: É encaixe. A Expo
Produción:
Mestra e alumnas da especialidade e equipo de montaxe da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello
de Vigo
Lugar:
Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e
Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa
Pontevedra e Rosalía de Castro.
Comisaria:
Marian Núñez, mestra de formación da especialidade de Deseño e
encaixe de palillos da EMAO
Cartaz:
Marian Núñez
Asistencia
a montaxe e rotulación:
Rafael Romero
Axudante de montaxe: Eduardo
Sánchez
Datas:
do 22 de novembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020
Horario:
de 19:00 a 21:00 de luns a venres non festivos
Sobre
o tempo e o tecer (a propósito dunha exposición)
Marian Núñez, comisaria da Exposición e mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos na EMAO
Marian Núñez, comisaria da Exposición e mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos na EMAO
1.
O tempo
Pode que o tempo non teña un directo valor de cambio, coma os cartos,
pero quen posúe tempo, posúe a chave da creatividade: só o tempo
fai fluir as ideas. O diñeiro seméllanos estar por riba de tódalas
cousas, pero é o tempo a nosa alfaia mais prezada. O tempo, amigo e
enemigo. Como inimigo disfrázase para enmascararnos a rutina cotiá;
como amigo é o noso vehículo a mundos imaxinarios –e sen
imaxinación non hai creatividade-.
A
nosa Escola cultiva ese tempo, transfórmase nun lugar no que é
posible aprender con excelencia técnica, pero sobre todo, traballar
pacientemente a imaxinación: esa cualidade que abre as portas á
creatividade e deixa entrar a luz do pensamento diverxente.
¿Que
é senon o desenvolvemento da creatividade senon un camiñar no
tempo?.
2.
Metáforas: o tecido
envolve a vida
O
tecido é como a alma das mulleres que loitan por non estaren
enleadas nunha urdime patriarcal.
O
fío faise ferramenta de creatividade e do desenvolvemento persoal. O
tecido é o resultado dun movemento das mans que transforman a
materia ao longo dun tempo. É ese tecido/encaixe, unha canle
elegante entre homes e mulleres de libre pensamento, de mulleres e
homes sen prexuízos.
A
paciencia, ese tempo sen culpabilidade, permítenos, enfrontadas ao
oficio, desenvolver un proxecto que transcenda á mera utilidade, ao
mero artificio, aos saberes preconcebidos. O encaixe: tempo,
paciencia, técnica, conciencia, proxecto, convértese nunha linguaxe
de loita fronte os canones dominantes, de loita por cuestionar o
establecido, de construción dunha crenza e dunha vontade de cambio.
O
encaixe que nós concebimos, o que aprendemos e practicamos,
transfórmase nun relato silente dun cambio na arte téxtil; un
cambio que sexa quen de acadar a concordia co pasado, de unir
racional e creativamente tradición e futuro.
3. “É encaixe”
3. “É encaixe”
A
exposición amosa con humildade pero con firmeza e confianza, a nosa
proposta de que as mans que tecen estes fíos --que se ancoran nos
saberes pasados para traspasalos coa forza da heterodoxia, do
coñecemento e da creatividade-, abran novas canles de comunicación
e unha nova visión da arte téxtil galega.
É
Encaixe, é unha
proposta de ruptura cos prexuízos, tan presentes no mundo da nosa
artesanía, que establecen como dogma que unhas belas mans de muller
só poden reproducir o establecido.
¡Pasen
e vexan!
Marian Núñez, comisaria da exposición, é mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) dende hai quince anos. Artista plástico. Estudou Encaixe en Puy-en-Velay (Francia) e Deseño Gráfico Publicitario e Industrial. Traballou durante catro anos en publicidade en Francia, Holanda, Bélxica e Portugal, ata que un día decidíu regresar a Vigo e adicarse á súa outra gran paixón: o encaixe de palillos.
Marian Núñez, comisaria da exposición, é mestra da especialidade de Deseño e encaixe de Palillos da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) dende hai quince anos. Artista plástico. Estudou Encaixe en Puy-en-Velay (Francia) e Deseño Gráfico Publicitario e Industrial. Traballou durante catro anos en publicidade en Francia, Holanda, Bélxica e Portugal, ata que un día decidíu regresar a Vigo e adicarse á súa outra gran paixón: o encaixe de palillos.
Foi
incluída en The San Miguel Rich List 2018, o único ranking mundial
de mulleres e homes que destacan polas súas experiencias vitais e
non polas súas posesións.
26 de out. de 2018
Dana Rodríguez Justo, 1º Premio no Certame de Creadores Novos, Xuventude Crea 2018, na Especialidade de Deseño de Xoias. Parabéns!!!
Temos que felicitar a nosa antiga alumna de ourivaría, Dana Rodríguez Justo, polo éxito obtido no Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2018, primeiro premio na especialidade de deseño de xoias.
Dana, estudou Belas Artes, e foi alumna da nosa Escola ata o curso pasado, forma parte dos grupos formados na especialidade de ourivaría por Sandra de Jesús.
Dana, estudou Belas Artes, e foi alumna da nosa Escola ata o curso pasado, forma parte dos grupos formados na especialidade de ourivaría por Sandra de Jesús.
As pezas gañadoras forman a colección "Atómico" Estas teñen unha gran complexidade técnica polo tipo de peches e polas estruturas de fío. Ademais cada fío leva moitos puntos de unión pois todas esas esferas están soldadas unha a unha. Tamén resulta complexo o prodemento de engaste da pedra debido á estrutura que rodea toda a montura. Unha dificultade que Dana resolveu con gran destreza. Parabéns, Dana!!!
Dende o día 23 de outubro unha exposición na Fundación Eugenio Granell mostra o traballo dos finalistas de deseño de xoias do programa Xuventude Crea.
15 de mar. de 2016
Concurso do Cartel das Festas de San Xoán 2016
É obxecto do presente concurso a selección do cartel que anunciará as festas de San Xoán 2016, organizadas pola Comisión de Festas de San Xoán, e que se celebrarán no municipio de Carballo entre o 22 e o 26 de xuño de 2016.
A Comisión de Festas faralle chegar as Bases as asociacións culturais de Carballo, institutos e colexios de Carballo e Comarca así coma outras institucións culturais relacionadas co deseño, a pintura e a fotografía de Galicia.
Os traballos deberán presentarse na Concellaría de Cultura do Concello de Carballo, persoalmente ou por correo certificado, entre o 14 de marzo e o 16 de abril de 2016.
Os interesados e interesadas en consultar as bases do concurso ao completo poden facelo aquí Bases do Concurso do cartel das Festas de San Xoán 2016
Os interesados e interesadas en consultar as bases do concurso ao completo poden facelo aquí Bases do Concurso do cartel das Festas de San Xoán 2016
2 de feb. de 2016
Concurso de deseño do Cartel do Programa Xuventude Crea 2016
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2016, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa. Máis información en: http://goo.gl/HNdrrk
PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.
TEMA
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2016” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o día 29 de febreiro de 2016 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2016
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela
O prazo de admisión das obras estará aberto ata o día 29 de febreiro de 2016 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2016
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela
1 de out. de 2015
Os Deseños de Josef M. Olbrich na Biblioteca da Emao
Joseph Maria Olbrich (1867-1908) foi un arquitecto e diseñador industrial
nacido en Opava, Imperio austrohúngaro (actual República Checa).
Constituíu o movemento inconformista vienés, xunto con Josef Hoffmann
(1870-1956). O movemento Art Nouveau -como se lle chamou en Francia-
estableceu un tránsito entre a arquitectura ecléctica de finais do
século XIX coa arquitectura moderna, das primeiras décadas do século XX.
En Austria chamóuselle Jugendstil, tamén coñecido como Secezion
(Secesión) e congregou a un grupo e arquitectos, pintores, escultores e
outros artistas vieneses. Entre os arquitectos máis importantes deste
movemento están Josef Hoffmann, Otto Wagner e o seu alumno Joseph Maria
Olbrich. O edificio máis emblemático desa corrente é precisamente a sé
do movemento, deseñada por Olbrich. En 1899 Olbrich foi invitado polo
Gran Duque de Hesse para establecer unha Colonia de Artistas en
Darmstadt en Alemania. Esta colonia aspiraba a combinar a arte, a arquitectura e a produción
artística.Von Hessen invitou a sete artistas, incluíndo a Hans
Christiansen, Joseph Maria Olbrich e Peter Behrens a formar unha
comunidade na que puidesen traballar, vivir e ensinar. A maioría das
casas, aínda que con deseños individuais, foron construídas por Olbrich.
Na nosa biblioteca conservamos un cartafol con algúns dos seus deseños, publicado en Leipzig en 1904.
14 de out. de 2014
Últimos Días para o Concurso de Ideas para o Deseño dunha Nomenclatura e Imaxe para os Viños Escumosos da Denominación de Orixe Rías Baixas
A Diputación de Pontevedra e a denominación Rías Baixas convocan un
concurso de ideas para deseñar unha nomenclatura e unha imaxe que
identifique aos viños escumosos cara a súa promoción e
comercialización. Este proceso ábrese ao público en xeral e cada
candidato deberá presentar unha única proposta versátil con capacidade
de adaptarse en diferentes formatos e espazos e que deberá convivir con
outros logos e marcas da propia denominación.
Un único premio de 5.000 euros é o maior gancho deste concurso. Os interesados dispoñen ata o día 16 deste mes para presentar as súas propostas no rexistro xeneral da Diputación. Un xurado formado por técnicos da Diputación e da Universidade de Vigo resolverá o concurso.
A convocatoria xorde da necesidade de dispoñer dunha nomenclatura que simbolice a orixe, os matices e o carácter de Rías Baixas cara á comercialización dos viños escumosos.
Un único premio de 5.000 euros é o maior gancho deste concurso. Os interesados dispoñen ata o día 16 deste mes para presentar as súas propostas no rexistro xeneral da Diputación. Un xurado formado por técnicos da Diputación e da Universidade de Vigo resolverá o concurso.
A convocatoria xorde da necesidade de dispoñer dunha nomenclatura que simbolice a orixe, os matices e o carácter de Rías Baixas cara á comercialización dos viños escumosos.
Bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra , páx. 6 a 10.
7 de xul. de 2014
Fausto Isorna "O Ceo das Ilusións e Outras Colaxes" na Fundación Laxeiro
Fausto Isorna
O ceo das ilusións e outras colaxes
Fundación Laxeiro
27 de xuño – 28 de setembro
O ilustrador e deseñador gráfico Fausto Isorna, presenta por primeira
vez en Vigo, unha escolma dos seus colaxes na Fundación Laxeiro.
17 de mar. de 2014
3ª Edición do Premio de Deseño de Tipografía “Paco Bascuñán”
O premio de tipografía Paco Bascuñán ten dous obxectivos principais:
fomentar a tipografía e o deseño de tipos entre as novas xeracións e
servir de homenaxe á figura de Paco Bascuñán (1954-2009), diseñador e
tipógrafo, polo seu decidido apoio aos diseñadores novos.
A participación é gratuita. Non poderán presentarse máis de dous traballos por autor. Poderán concursar todos aqueles mozos menores de 25 anos (cumpridos antes de xullo de 2014) con nacionalidade española e residentes en territorio español.
A notificación do ganador farase pública durante os días de celebración do 6º Congreso Internacional de Tipografía en Valencia.
A participación é gratuita. Non poderán presentarse máis de dous traballos por autor. Poderán concursar todos aqueles mozos menores de 25 anos (cumpridos antes de xullo de 2014) con nacionalidade española e residentes en territorio español.
A notificación do ganador farase pública durante os días de celebración do 6º Congreso Internacional de Tipografía en Valencia.
ArtFad 14: Premios de Arte e Artesanía Contemporánea
A A-FAD convoca os premios de arte e artesanía contemporánea, co obxectivo de estimular a investigación, a creación e a excelencia no campo dos oficios de arte. Os premios ARTFAD forman parte do evento FADfest, organizado polo FAD, Fomento das Artes e o Deseño.
O FADfest é a gran cita anual dos sectores do deseño e a creatividade en Barcelona. Ademais de concentrar os premios máis prestixiosos de España en deseño gráfico, deseño industrial, arquitectura, arte, artesanía e moda, reúne os mellores proxectos do ano nunha exposición e organiza un completo programa de debates e accións ao redor da arte, a cultura e o deseño.
A convocatoria dos premios ARTFAD 2014 é de ámbito nacional e
internacional, e vai dirixida a artistas visuales e artesanos
profesionais de calquera disciplina, así como a estudantes.
3 de feb. de 2014
A Plataforma Nómada Convoca o 2º Concurso de Novos Deseñadores
O obxectivo do concurso de deseño de moda é potenciar a arte e a creación. A plataforma Nómada arte e cultura quere comprometerse cos mozos
creadores e promocionar as súas obras, ofrecéndolles unha plataforma
para impulsar a súa integración no sector. Para iso, e cada fin de
semana, as obras de cada un dos concursantes expoñeranse no local, para
que os asistentes poidan gozar das súas obras. Neste mes de marzo,
poderemos ver as obras dos diseñadores: Amaya F. Branco, Abel Ortiz
Costa, Gerardo & José Trinidad e de Tamara Valverde. Máis información
Data: 31 de marzo
Hora: 18:00 horas
Lugar: Island Club Vigo
Enderezo: praza da estrela s/n Vigo.
Hora: 18:00 horas
Lugar: Island Club Vigo
Enderezo: praza da estrela s/n Vigo.
27 de nov. de 2013
Concurso "Rompe As Regras": Customiza un Novo Modelo de Coche
Os concesionarios Arrojo, Vepersa e Apersa propoñen un concurso destinado aos apaixonados do deseño. O reto consiste en customizar o modelo de Audi A3 Sedan, podedes enviar as vosas propostas ata o 8 de decembro de 2013.
Os deseños elixidos utilizaranse para vinilar tres A3 Sedan. Os coches customizados serán exhibidos nos concesionarios Arrojo, Vepersa e Apersa durante o periodo comprendido entre decembro de 2013 e xaneiro de 2014, así como noutros lugares craves da xeografía galega.
Os deseños elixidos utilizaranse para vinilar tres A3 Sedan. Os coches customizados serán exhibidos nos concesionarios Arrojo, Vepersa e Apersa durante o periodo comprendido entre decembro de 2013 e xaneiro de 2014, así como noutros lugares craves da xeografía galega.
9 de out. de 2013
Numéro, Deseño dun Libro Pop-Up
O último libro pop-up da diseñadora gráfica francesa Marion Bataille
invítanos a penetrar no mundo dos números en tres dimensións.
6 de maio de 2013
Master en Medios de Impresión Gráfica, Ilustración e Acuñación Artística
MASTER EN MEDIOS DE IMPRESIÓN GRÁFICA,
ILUSTRACIÓN E ACUÑACIÓN ARTÍSTICA.
UCLM/FNMT - RCM.
IV Edición.
BECAS Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da
Moeda
Preinscrición:
do 17 de xuño ao 30 de agosto , 2013
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - RCM en colaboración coa Universidade de Castilla A Mancha, imparte nas súas instalacións de Madrid, un Máster en Medios de Impresión Gráfica, Ilustración e Acuñación Artística dirixido a Licenciados e Graduados en Belas Artes cunha duración de dous anos lectivos. O prazo de preinscrición abrirase o próximo mes de xuño e seleccionaranse un máximo de 8 alumnos para cada unha das súas especialidades (Gravado e Deseño Gráfico).
Os alumnos seleccionados serán bolseiros pola FNMT-CRM nun 90% do custo do Máster, así mesmo e dependendo do aprovechamiento, poderanse outorgar ata un máximo de 3 becas para realizar prácticas na FNMT. Máis información en www.uclm.es e en www.fnmt.es
Os alumnos seleccionados serán bolseiros pola FNMT-CRM nun 90% do custo do Máster, así mesmo e dependendo do aprovechamiento, poderanse outorgar ata un máximo de 3 becas para realizar prácticas na FNMT. Máis información en www.uclm.es e en www.fnmt.es
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















