1 de out. de 2015

Os Deseños de Josef M. Olbrich na Biblioteca da Emao


Joseph Maria Olbrich (1867-1908) foi un arquitecto e diseñador industrial nacido en Opava, Imperio austrohúngaro (actual República Checa). Constituíu o movemento inconformista vienés, xunto con Josef Hoffmann (1870-1956). O movemento Art Nouveau -como se lle chamou en Francia- estableceu un tránsito entre a arquitectura ecléctica de finais do século XIX coa arquitectura moderna, das primeiras décadas do século XX. En Austria chamóuselle Jugendstil, tamén coñecido como Secezion (Secesión) e congregou a un grupo e arquitectos, pintores, escultores e outros artistas vieneses. Entre os arquitectos máis importantes deste movemento están Josef Hoffmann, Otto Wagner e o seu alumno Joseph Maria Olbrich. O edificio máis emblemático desa corrente é precisamente a sé do movemento, deseñada por Olbrich. En 1899 Olbrich foi invitado polo Gran Duque de Hesse para establecer unha Colonia de Artistas en Darmstadt en Alemania. Esta colonia aspiraba a combinar a arte, a arquitectura e a produción artística.Von Hessen invitou a sete artistas, incluíndo a Hans Christiansen, Joseph Maria Olbrich e Peter Behrens a formar unha comunidade na que puidesen traballar, vivir e ensinar. A maioría das casas, aínda que con deseños individuais, foron construídas por Olbrich.
Na nosa biblioteca conservamos un cartafol con algúns dos seus deseños, publicado en Leipzig en 1904. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario