Joseph Maria Olbrich (1867-1908) foi un arquitecto e diseñador industrial
nacido en Opava, Imperio austrohúngaro (actual República Checa).
Constituíu o movemento inconformista vienés, xunto con Josef Hoffmann
(1870-1956). O movemento Art Nouveau -como se lle chamou en Francia-
estableceu un tránsito entre a arquitectura ecléctica de finais do
século XIX coa arquitectura moderna, das primeiras décadas do século XX.
En Austria chamóuselle Jugendstil, tamén coñecido como Secezion
(Secesión) e congregou a un grupo e arquitectos, pintores, escultores e
outros artistas vieneses. Entre os arquitectos máis importantes deste
movemento están Josef Hoffmann, Otto Wagner e o seu alumno Joseph Maria
Olbrich. O edificio máis emblemático desa corrente é precisamente a sé
do movemento, deseñada por Olbrich. En 1899 Olbrich foi invitado polo
Gran Duque de Hesse para establecer unha Colonia de Artistas en
Darmstadt en Alemania. Esta colonia aspiraba a combinar a arte, a arquitectura e a produción
artística.Von Hessen invitou a sete artistas, incluíndo a Hans
Christiansen, Joseph Maria Olbrich e Peter Behrens a formar unha
comunidade na que puidesen traballar, vivir e ensinar. A maioría das
casas, aínda que con deseños individuais, foron construídas por Olbrich.
Na nosa biblioteca conservamos un cartafol con algúns dos seus deseños, publicado en Leipzig en 1904.
Ningún comentario:
Publicar un comentario