Amosando publicacións coa etiqueta Debuxos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Debuxos. Amosar todas as publicacións

11 de feb. de 2016

54º Concurso Internacional de Debuxo da Fundación Ynglada-Guillot, Barcelona


A Fundación Ynglada-Guillot abre unha nova edición do Concurso Internacional de Debuxo, ao que poderán concorrer artistas españois e estranxeiros. Para participar no concurso débese presentar unha ou dúas obras en branco e negro realizadas a lapis, carboncillo, estilográfica, tinta chinesa ou corrente.

17 de dec. de 2015

Os mestres da Emao "no candeeiro"

Foto M. Moralejo

Hoxe, o noso mestre da especialidade de Debuxo, Federico Fernández, está na prensa. O motivo é a publicación de Balea, editado por Kalandraka; trátase dunha obra especial tanto polo seu formato como polo seu contido. O outro autor de Balea é o ilustrador, German González.
Déixovos aquí a ligazón ao artigo en La Voz de Galicia.
Parabéns a Federico e Germán polo seu traballo!

Tamén vos deixamos un enlace coa reportaxe en directo que o pasado día 14-12-2015 se fixo na sala de exposicións "Espazo Emao" para o programa da CRTVG "O que pasa aquí". A primeira conexión é no minuto 01:09; máis tarde, no minuto 07:00, vai a entrevista con Paula Mariño, mestra de pintura e coordinadora da exposición, e no minuto 20:00 conexión coa aula de talla e escultura en madeira e entrevista con Rosa Garcia Martinez, mestra desta especialidade e tamén coordinadora da exposición "Proxectos 2015"
Parabéns as dúas polo voso traballo de difusión da exposición e da Escola.

9 de abr. de 2015

Carteis Gañadores do Concurso da Pedaliña 2015

Parabéns a todos os alumnos participantes do Concurso de Carteis Anunciadores de Pedaliña 2015, convocado pola Asociación "A Golpe de Pedal".  Estes son os traballos elexidos por unanimidade polo xurado. Acta do Xurado

1ª Premio:

"Rodando" de Douglas Omar Franco


Accésits:

"Te vienes a andar en bici" de Susana Álvarez Gómez



"Aparca a moto" Creación Colectiva do Grupo 
de Perfeccionamento 1B de Debuxo

23 de mar. de 2015

Inauguración da Exposición "Álbum da Sagrada Biblia. 230 Gravados de Gustave Doré" na Casa das Artes


Este venres inaugúrase na Casa das Artes de Vigo, a exposición de gravado de Gustavo Doré. Daisy Villalobos envíanos esta apunta sobre a exposición:

A unha idade na que a maioría dos artistas son apenas discípulos, Gustave Doré publicaba a súa primeira ilustración. Con 15 anos este xenial artista iniciaba unha andadura da que aínda hoxe resoan con forza os seus pasos. Doré é un creador admirado e admirable. Excepcional. Un mestre. Un clásico.

Un artista polifacético, na súa esencia romántico, que mergullou a súa man en moitos dos ríos da arte ao compás do curso vital da súa época. Porque Doré foi un home do seu tempo. Pero será como ilustrador onde o seu talento alcanzará a máxima expresión, o esplendor.

Unha das súas obras máis valiosas son os gravados que ilustran A Santa Biblia , cos que emprenderá unha singradura de temática relixiosa. Ilustrada por primeira vez en 1866.

A Santa Biblia componse de dous tomos que suman 230 gravados, cunha enorme carga dramática, ao bordo ata da teatralidad. Estes gravados, que gozan dun gran dominio do espazo e a luz, móstrannos as escenas bíblicas, non sen certa crudeza visual, desde o seu máis íntimo imaxinario persoal. Cunha técnica que alcanzou a máis alta perfección formal no debuxo e nos contrastes ... Esta exposición recolle a colección completa dos gravados dunha segunda edición, publicada en 1881 polo selo milanés Frateli Treves Editori, e supervisada personalmente polo propio mestre francés á idade de 49 anos.
Folleto Exposición Gravado. Pdf

20 de xan. de 2015

Perspectivas da Hemeroteca


O último trimestre do pasado ano 2014, os alumnos de debuxo do curso de iniciación estiveron traballando a perspectiva, algúns deles viñeron á hemeroteca e tomaron estes fantásticos apuntes. Parabéns!!!

22 de dec. de 2014

Felices Festas!

autor Federico Fernández

Lembrades a felicitación dos pasados Nadais, os ratos celebrando as festas? Esta é a proposta do noso profesor de debuxo Federico Fernández para este ano. A min encántame... Con ela a Escola de Artes e Oficios de Vigo deséxavos a todos Felices Festas!!! Vémonos en xaneiro.

30 de set. de 2014

Proxección do Documental "A Historia de Tomi Ungerer" en Libros para Soñar


Libros para Soñar (Triunfo nº 1, Vigo) acollerá este venres 3 de outubro, a partir das 18:30 horas, a proxección do documental “A historia de Tomi Ungerer”, escrito e dirixido por Brad Bernstein. CANAL+ Xtra emitiuno na súa programación e agora, con motivo do inicio da nova tempada de actividades de Libros para Soñar, preséntase nun acto dirixido a público adulto, especialmente profesionais vencellados á ilustración, ao deseño e á docencia artística.

O documental resume en 94 minutos as 40 horas de entrevista que Bernstein mantivo con Ungerer, que repasa a súa vida, as súas cinco décadas de traxectoria profesional e as súas múltiples facetas creativas, dende a literatura infantil e xuvenil ata os seus traballos máis subversivos de temática política, anti-bélica ou erótica, pasando polas súas incursións na publicidade ou na escultura. As súas palabras e ilustracións animadas combínanse con intervencións doutros debuxantes coetáneos, como Maurice Sendak ou Jules Feiffer. 

Por outra banda, os álbums ilustrados de Tomi Ungerer para público infantil centrarán a sesión de contacontos para público infantil a partir de 4 anos que se celebrará o vindeiro venres 10 de outubro, ás 18:30 horas. Ademais de repasar a súa obra máis coñecida, “Os tres bandidos”, o repertorio completarase con “Adelaida”, “Críctor” e “Onde está o meu zapato?”, recuperados recentemente por Kalandraka.

Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931), que xa foi galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 1998 e co Premio Europeo de Cultura en 1999, vén de recibir en Francia a Orde Nacional do Mérito.

10 de xuño de 2014

"A Idea" A Caza dun Deseño


Iniciación ó debuxo de obxectos por Jorge Pérez Conde, do mércores 25 ao venres 27 de xuño de 16:30 a 18:30 h. 
Podedes contactar neste correo tinglao.obradoiro@gmail.com

6 de xuño de 2014

Alumnos da EMAO Debuxan na Rúa co «Dibumatón»

Foto da Voz de Vigo
Hoxe estamos na prensa, concretamente en "La Voz de Vigo" o motivo é as probas que Federico Fernández e os seus alumnos fan na rúa "bosquexos de retratos cunha aparello baseado no principio da cámara escura"
Os alumnos de Debuxo da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) sorprenden estes días a quen pasa pola contorna do seu edificio. Un estraño dispositivo, denominado polos alumnos e o seu profesor como dibumatón, invita aos transeúntes a ser retratados aínda que dunha forma pouco habitual. O exercicio enmárcase nos preparativos da exposición que será inaugurada o 20 de xuño na escola.

23 de maio de 2014

Os Novos Produtos, Primeiros Ensaios


Onte, o mestre de debuxo Federico e algúns dos seus alumnos, chamaron a nosa atención coas probas do seu "novo produto" un enxeño que recrea as antigas cámaras escuras... un instrumento óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa sobre a zona interior da súa superficie. Constituíu un dos dispositivos ancestrales que conduciron ao desenvolvemento da fotografía.

24 de abr. de 2014

Exposición "Más Vale Ciento Volando" na Casa da Mocidade de Moaña


Hoxe xoves, 24 de abril, inauguran exposición Celeste Pena Cortegoso, Yellice Rodriguez Ces y Macarena González, antiga profesora de serigrafía e alumnas da nosa Escola respectivamente.
Lugar
Casa da Mocidade de Moaña, C/ María Martín, s/n (Urb. O Rosal).
Horario 

Luns de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 21:00, de martes a venres de 16:00 a 21:00 h.

6 de feb. de 2014

A Hemeroteca Baixo a Mirada dos Alumnos de Debuxo


No primeiro trimestre deste curso, os alumnos de iniciación traballaron a perspectiva como tema principal da complementaria específica para Debuxo. O resultado deste traballo son as perspectivas realizadas do natural aplicando o aprendido.

5 de feb. de 2014

"Destripas" Exposición de Serigrafía e Debuxo en Cangas


Hoxe, 5 de febreiro de 2014, inaugúrase a mostra Destripas, que se pode visitar ata o 5 de marzo, no Lombok, the old english bar, en Cangas. Expoñen dúas persoas relacionadas coa nosa escola, Celeste Pena Cortegoso, que fora mestra de serigrafía, e Macarena González Muñoz, alumna de serigrafía e encadernación. Animarvos a visitala!!!

12 de dec. de 2013

Alumnos de Debuxo Practicando a Perspectiva na Hemeroteca


Os alumnos de Debuxo Iniciación levan uns días facendo visitas a nosa biblioteca, facendo debuxos de perspectivas,  línea de horizonte, puntos de fuga... debuxos da Escola. Tedes máis información no blog Debuxo da Emao

3 de xuño de 2013

Xapón a Nova Exposición no Punto Xove


Raquel de Vicente López
Titulo da Obra: “Xapón”
Datas: do 3 ao 21 de xuño

"Xapón" é unha mostra de retratos a lápis de carbón e témpera de clara tendencia hiperrealista, onde a autora rende tributo a Xapón (país do sol nacente) tras o terremoto e tsunami de 2011 que azoutou a rexión de Thoku. Os nove retratos que compoñen esta mostra reflicten unha maneira de vivir, unha maneira de sentir e unha maneira de loitar. 

10 de abr. de 2013

Concurso do Cartel das Festas de San Xoán 2013 do Concello de Carballo



É obxecto do presente concurso a selección do cartel que anunciará as festas de San Xoán 2013, organizadas pola Comisión de Festas de San Xoán 2013, e que se celebrarán no municipio de Carballo entre o 20 e o 25 de xuño. Os interesados e interesadas en consultar as bases do concurso ao completo poden facelo nun documento en pdf nesta mesma convocatoria. O prazo de presentación das obras está aberto ata o 8 de maio de 2013.
Bases do concurso do cartel das Festas de San Xoán 2013

19 de dec. de 2012

Premio Penagos de Debuxo 2012


Carlos Cruz-Díez (Caracas, 1923), un dos máximos representantes da arte óptica, foi galardoado  co Premio Penagos de Debuxo da Fundación Mapfre, outorgado á traxectoria dun artista que na súa carreira dedique unha especial atención ao debuxo.
O Premio Penagos de Debuxo creouse en 1982 en memoria do debuxante Rafael de Penagos (Madrid, 1889-1954), considerado como o máis importante representante do movemento de renovación que se produciu no campo da ilustración gráfica española durante os anos 20 e 30.

11 de maio de 2012

"DE TRIPAS CORAZÓN" EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DO DEBUXANTE "DAVIDA" NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO



EXPOSICIÓN DO ARTISTA E DEBUXANTE DAVIDA
NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO
DENDE O 2 ATA O 30 DE MAIO

David Amoedo Losada (Davida) Vigo, 1984. Dende 2003 adícase á ilustración, o comic e o deseño gráfico, con un estilo cartoon influenciado polo humor costumista, o gore e a Serie B dos 80s e 90s. É membro fundador e coordinador do Colectivo Fuck Comics e o fanzine homónimo. Colaborador dos Fanzines Despregable, La Patrulla Caspa, XDécimo, DreamMaker e Sinónimos de Lucro, a revista Xogo Descuberto e a editorial DH Ediciones. Humorista Grafico na revista Retranca e no Portal Web Novaxove.com pertencente ó grupo NovaGalicia Banco. Participante en antoloxías “Monstruos Clásicos”, “Clásicos y Zombies” , “Su Universo a Través” (DH Ed. 2010) e Ilusionaría (Dibbuks 2011). Coordinador do Fancine web LaCarab.Net e a editora Voz en Off. Monográficos Publicados: Tiras Cíclicas (2009), Juan Cosa (2012).
Webs:
http://carab.net

3 de maio de 2012

ABIGAIL LAZKOZ EXPÓN NA GALERÍA BACELOS DE VIGO

INAUGURACIÓN / Abigail Lazkoz / xoves 3 de Maio de 20 a 23 h.

A Galerí­a Bacelos inaugura unha exposición cos últimos traballos de Abigail Lazkoz (Bilbao 1972), a partir do 3 de Maio e ata o 1 de xullo, en Vigo.
A exposición leva por título A noite común, concepto que serve para evocar, entre outras cousas, o expresionismo sombrí­ou que caracteriza a obra da artista vasca. Lazkoz nesta ocasión presenta debuxos en branco e negro, combinados nalgúns casos con delicados elementos tridimensionales, nos que se albiscan pequenos mundos onde nada parece existir sen o seu contrario. Lazkoz proponnos unha serie inacabable de contrapuntos, de curtocircuítos en sesión continua. A súa obra é unha reflexión constante ao redor das posibilidades expresivas do debuxo, onde a imaxinación rompe, case de xeito improvisado, toda narración consciente.