Amosando publicacións coa etiqueta Hemeroteca b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Hemeroteca b>. Amosar todas as publicacións
26 de feb. de 2020
16 de dec. de 2019
Asociación Cultural de Vigo: Unha Imprescindible Achega á Cultura da Nosa Cidade dos 60 e 70
Mañá martes 17 de decembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios e co título "Asociación Cultural de Vigo, unha Imprescindible achega á cultura da nosa cidade dos 60 e 70", o Ateneo Atlántico organiza un acto de lembranza e homenaxe á Asociación Cultural de Vigo.
O acto consistirá nunha conversa entre dous persoeiros que no seu momento foron presidentes da Asociación: Camilo Nogueira e Xosé Luís Franco Grande. Actuará como presentador e moderador Ricardo Gurriarán, investigador especializado en asociacionismo en Galicia.
12 de dec. de 2019
Conferencia de José Ramón Cabanelas " O Impacto Socioeconómico da Primeira Guerra Mundial en Vigo"
Esta tarde ás 19:30, na nosa hemeroteca teremos a conferencia "O impacto socioeconómico da Primeira Guerra Mundial en Vigo" polo historiador e membro do Instituto de Estudios Vigueses, José Ramón Cabanelas.
10 de dec. de 2019
Presentación do libro "María Vinyals. A Muller do Porvir" de Diego Piay Augusto
Diego Piay Augusto presentará mañá, 11 de decembro ás 20:00 h, na nosa biblioteca a obra, “María Vinyals. A muller do porvir”,
un ensaio publicado por Alvarellos Editora, en colaboración coa
Deputación Provincial de Pontevedra. Nela fai un percorrido pola
historia vital e familiar da coñecida como a “marquesa vermella” ao
abrigo do Castelo de Soutomaior.
3 de dec. de 2019
25 de nov. de 2019
Presentación da Edición Facsimilar de "A Baía de Vigo" na Hemeroteca
![]() |
| Foto publicada na Voz de Galicia |
Mañá martes, 26 de novembro ás 19:30, a Sociedade Julio Verne presentan a edición facsimilar do capítulo "A Baía de Vigo" de «20.000 leguas de viaxe submarina» que cumple 150 años.
A edición facsimilar ocupa dez páxinas e contén tres espectaculares ilustracións, realizadas por Alphonse de Neuville, un dos máis grandes debuxantes da súa época. O primeiro gravado é un mapa con todo o percorrido do Nautilus
polos mares do mundo, incluíndo por suposto a escala en Vigo. No
segundo, vemos os galeóns da prata en chamas na ría viguesa, en plena
batalla de Rande en 1702. O terceiro gravado móstranos aos mergulladores
do capitán Nemo rescatando os tesouros mergullados.
Imaxes das Actividades na Hemeroteca do Venres 22 de Novembro
22 de nov. de 2019
Comeza o Super Bock Under Fest 2019 con Gruff Rhys na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios
2ª edición do Super Bock Under Fest un evento musical con numerosas actuacións repartidas por distintos espazos da cidade.
O programa de hoxe contempla dez concertos en nove lugares. Comeza na nosa biblioteca coa actuación de Gruff Rhys a partir das 18.00 horas. O músico galés, líder do grupo Super Furry Animals, chega a Vigo co seu novo álbum Pang!
21 de nov. de 2019
Mesa Redonda "Literatura e Cidade: O Caso de Vigo"
Esta tarde ás 19:30 na nosa hemeroteca, Mesa Redonda baixo o título de, «Literatura e cidade: o caso de Vigo». Intervirán, Beto Luaces (escritor) e Manuel Esteban (escritor). Moderará, Ramón Nicolás (escritor, crítico literario e tradutor)
20 de nov. de 2019
Presentación da Programación de Concertos da Temporada 2019-2020 da Orquestra Vigo 430
![]() | ||
| Foto da Voz de Galicia |
O Ateneo Atlántico organiza esta tarde, ás 20:00 na nosa hemeroteca, a presentación da programación de concertos da nova temporada 2019-2020 da Orquestra Vigo 430 e do seu programa EscoitAntes.
Os relatores son Javier Escobar Vidal, catedrático de viola
no Conservatorio Superior de Música de Vigo e director artístico da
orquestra viguesa, e Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e
mestre en educación musical, que prepara e imparte as sesións do taller
EscoitAntes.
Trátase dunha iniciativa da Orquestra
Vigo 430 en colaboración coa Universidade de Vigo consistente nunha
sesión de escoita activa para preparar ao público antes de cada un dos
concertos da orquestra e así axudar a unha mellor comprensión e goce dos
mesmos.
O acto de presentación dos concertos 2019-2020 compleméntase
cunha intervención musical a cargo de dous músicos da orquestra: Laura
García no violín e Metin Atasoy na Guitarra. Interpretarán a Sonata concertata en tres movementos para violín e guitarra de Niccolo Paganini.
18 de nov. de 2019
A Festa da Palabra Silenciada: 30 Anos de Feminismo
Mañá martes, 19 de novembro ás 19:30, o Ateneo Atlántico continua coa homenaxe a María Xosé Queizán polo
seu aniversario. Esta vez resaltando o seu traballo impagable ao
frente da revista a Festa da palabra silenciada, un luxo para o
feminismo galego.
4 de nov. de 2019
28 de out. de 2019
Presentación do libro "Castelao. Construtor da Nación" de Miguel Anxo Seixas
Martes 29 de outubro ás 20:00 na nosa hemeroteca, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I
de Miguel Anxo Seixas. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada,
presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial
Galaxia.
Miguel Anxo Seoane Seixas é un historiador galego que
naceu en Arzúa en 1960. Licenciouse en Historia da Arte Moderna e
Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela entre 1979 e
1984. Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago”
(1990), “Ánxel Casal” (1995), “Castelao pintor” (2006, Galaxia) e “Quen
fora pedra” (2017). Ademais participou en numerosas obras colectivas
como “Celso Emilio Ferreiro” (1989), “Para ler a Castelao I e II” (2000,
Galaxia) e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación” (2016).
“Castelao. Construtor da nación” é o primeiro dos tres volumes que
abordan, dunha maneira definitiva, a vida e a obra do autor rianxeiro.
22 de out. de 2019
Coloquio sobre Xosé Guillermo "Pintor de Voos" na Biblioteca da EMAO
Mañá ás 19:30, coloquio sobre o pintor e antigo alumno da nosa Escola Xosé Guillermo (1947-2009).
O artista, nacido en Carballo pero vigués de adopción deixou na nosa
cidade numerosas mostras da súa obra como as instalacións permanentes “ Hypocampus 97”, na facultade de Ciencias do
Mar, ou “Mar e Arte 06”, no CEIP Ría de Vigo. Coleccións públicas, como
a do museo municipal de Castrelos, e privadas, como a de Afundación,
inclúen creacións súas como as esculturas das “ Xoubas” ou a pintura “ Asteleiros” (1976). Tamén é autor do logotipo de Edicións Xerais.
En 1994 o artista plástico creou a Fundición Nautilus,
unha asociación cultural que aínda segue en marcha e desde a que tentou
contribuír á divulgación da arte fundindo distintas vertentes
creativas.
18 de out. de 2019
10 de out. de 2019
4 de xul. de 2019
Conferencia "A Escola de Artes e Oficios e a súa Influenza en Vigo e a súa Comarca" por Dolores Elena Durán
![]() |
| Faro de Vigo. 4-7-2019 |
Hoxe, 4 de xullo ás 19:30 na nosa hemeroteca temos a conferencia "A Escola de
Artes e Oficios e a súa influenza en Vigo e a súa comarca" a cargo da
doutora en Ciencias da Educación Dolores Elena Durán Rodríguez.
Nesta farase un percorrido polas orixes históricas da EMAO de Vigo. A influenza que esta tivo no desenvolvemento industrial, comercial, educativo e cultural da cidade. A importancia da Escola como elemento de promoción social e laboral. O alumnado destacado que pasou polas súas aulas. A Escola como xeradora de mobilidade entre Vigo e a comarca.
Nesta farase un percorrido polas orixes históricas da EMAO de Vigo. A influenza que esta tivo no desenvolvemento industrial, comercial, educativo e cultural da cidade. A importancia da Escola como elemento de promoción social e laboral. O alumnado destacado que pasou polas súas aulas. A Escola como xeradora de mobilidade entre Vigo e a comarca.
1 de xul. de 2019
Conferencia "A Escola de Artes e Oficios e a súa Influenza en Vigo e a súa Comarca" por Dolores Elena Durán
Este xoves, 4 de xullo ás 19:30, na hemeroteca teremos a conferencia "A Escola de Artes e Oficios e a súa influenza en Vigo e a súa comarca" a cargo da doutora en Ciencias da Educación Dolores Elena Durán Rodríguez. Nesta conferencia farase un percorrido polas orixes históricas da EMAO de Vigo. A influenza que esta tivo no desenvolvemento industrial, comercial, educativo e cultural da cidade. A importancia da Escola como elemento de promoción social e laboral. O alumnado destacado que pasou polas súas aulas. A Escola como xeradora de mobilidade entre Vigo e a comarca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















