Amosando publicacións coa etiqueta Artesanía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Artesanía. Amosar todas as publicacións

27 de nov. de 2019

O Mercado da Arte 2019


Aqui tedes o programa desta VI edición do Mercado da Arte que vai ter lugar o vindeiro domingo, 1 de decembro, no Mercado do Calvario (Vigo), esta ano adicado a Emilia Guimeráns, prestixiosa ceramista, membro da Academia Internacional de Cerámica. Antiga alumna da especialidade de cerámica artística que imparte Miguel Vázquez na nosa Escola. Hoxe dirixe a Escola Municipal de Cerámica de Nigrán. 
Neste Mercado participan de forma moi activa alumnos e exalumnos da nosa Escola.

30 de xuño de 2019

Convocatoria do curso 2019-2020 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo



Convocatoria xeral do curso 2019-2020
Información completa e horarios

Preinscrición 
A preinscrición, nas prazas ofertadas poderá facerse, nos prazos sinalados:
  • Por internet: na web-EMAO [opción recomendada] http://emmavigo.org/emaoadmin/preinscricion/
  • Presencial: na oficina administrativa da EMAO entregando cuberto o Impreso de pre-inscrición subministrado nela. Tamén cubrindo dende o ordenador e imprimindo o "Formulario de Pre-inscrición", un PDF editable que deberá entregarse presencialmente por duplicado, unha vez impreso polo solicitante, na Oficina Administrativa (cubrilo, sen entregalo, ou envialo por email, non é válido como inscrición)
O listado de pre-inscritos exporase no tabolerio oficial de anuncios da EMAO (en adiante o Taboleiro) e na web-EMAO. Darase un prazo de un día, parapresentar reclamacións ao listado.
Rematado ese prazo -no caso de que existan máis solicitudes ca prazas ofertadas realizaranse probas de acceso para asignar as prazas agás nas especialidades de Pintura e Debuxo, nas que se asignarán por sorteo entreos solicitantes cuxa solicitude sexa válida, conforme ao procedemento quese establece nas presentes normas.
Unha vez finalizado o prazo de pre-inscrición exporase no Taboleiro e na web-EMAO a relación definitiva de admitidos, clasificados por especialidades e cursos.

Prazos  
Ata a 6 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet)
Ata ao 31 de xullo e de 2 a 6 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso(presencial e internet)
28 de xuño: Listado de alumnado apto no curso 2018-2019
11 de setembro:
  • Publicación listados solicitantes novo ingreso.
  • Listados provisionais de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2019-2020.
16 de setembro: sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico ) ás 12 h. da mañá na Biblioteca da EMAO.
16-20 setembro: Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente  se indiquen nos primeiros día de setembro.
23 de setembro:
  • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso
  • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2019-2020.
A presenza neste listado significa que asúa matrícula foi dada de alta para este curso.

24-27 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso. De 10,00 a 13,00 e 16,00 a 20,00 horas.
30 de setembro : Horario de mañá de 08,00 ata as 14,00 horas.
1 de outubro:
Comezo do curso
 
A matriculación na EMAO implica a aceptación plena dos programas, horarios e Normativa que rexen a actividade da Escola

Matrícula
As persoas finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte.
A non formalización da matrícula en prazo, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s quecorresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de acceso (se é o caso). 

Horarios de administración e información 
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5.
Horario: de 10 oh. a 14 h., laborables de luns a venres (agosto, pechado).
 

Información 
✔Correo electrónico: emao@vigo.org
✔Tfno.: 986228088
Toda a información sobre a preinscrición, matricula, prazos, horarios, sorteo y probas de acceso, prazas de novo ingreso que se ofertan, cursos extraordinarios de Moda e confección e de Deseño e Encaixe de palillos: preme aquí

8 de maio de 2019

Tanned Women: Honoring Women in Leathercraft


Xa tedes na nosa hemeroteca do fondo moderno o número de maio e xuño da revista norteamericana "Leather Crafters & Saddlers Journal". Neste número publícase un artigo do noso mestre de artesanía do coiro, Pepe Pereira, baixo o título de Tanned Women: honoring Women in leathercraft, que trata sobre la exposición "Curtidas" da que el foi comisario recentemente,  onde se facía unha merecida homenaxe ás mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística.
Parabéns a Pepe, que coa publicación do seu artigo nunha revista que é referencia mundial desta especialidade, ainda pon máis de relevo a importancia do traballo que se está facendo nesta Escola desde hai uns anos. 
Para exemplo serven as exposicións organizadas pola especialidade de Artesanía do Coiro, na nosa sala de exposicións Espazo EMAO, que son pioneiras non só en Galicia senón tamén a nivel nacional, pola calidade das pezas expostas, a variedade e prestixio dos artesáns participantes e a diversidade das técnicas mostradas. 

#handmadenothomemade (coiro: cor e volume)
"Coiro... aínda que non o pareza"
 "100 x 100 Coiro"






2 de maio de 2019

Xornadas dos Oficios do Coiro en Allariz, do 3 ao 5 de Maio 2019


Entre os días 3 e 5 de maio desenvolveranse en Allariz unha nova edición das Xornadas dos Oficios do Coiro.
O 3 de maio, ás 20’30h na sala “A Paneira” inaugúrase a exposición “Cada un ve o que sabe” de Juan García Olmedo (Córdoba), unha colección de pezas tridimensionais realizadas coa técnica de “cuir bouilli” (coiro cocido) e terminadas coa utilización de texturas, cor e epigrafías características da súa obra. Esta exposición estará aberta ata o día 25 de maio.


7 de abr. de 2019

"Así se Crea a Artesanía" Artigo sobre a Celebración na EMAO da Xornada de Portas Abertas

Foto publicada no Xornal Atlántico   
Onte o xornal vigués Atlántico Diario facíase eco da xornada de portas abertas que tivemos o venres día 5 de abril  na Escola con motivo  da conmemoración dos Días Europeos da Artesanía.
Na foto vemos ao luthier, Xaime Rivas, durante a demostración dos diferentes procesos que forman parte da construción artesanal dunha zanfona.

21 de mar. de 2019

Días Europeos da Artesanía 2019


Volve a gran festa dos oficios artesáns: os Días Europeos da Artesanía, que se celebran en España por sétimo ano consecutivo. Do 1 ao 7 de abril, o público de todas as idades terá a oportunidade de achegarse á esfera da creación artesanal mediante centos de actividades gratuítas.
Todos os artistas e institucións que desexen compartir os seus procesos creativos co público están convidados a propoñer as súas actividades mediante a web www.diasdelaartesania.es 

21 de feb. de 2019

Presentación do Centro de Formación Artesanal Maragato na Hemeroteca



Mañá, venres 22 ás 18:00 h na nosa hemeroteca terá lugar a presentación do Centro de Formación Artesanal Maragato de Santa Colomba de Somoza (León). Neste centro impartirase formación en marroquinería, calzado artesán e cerámica artística.

11 de feb. de 2019

A Exposición "Curtidas" no Faro de Vigo



Hoxe, Faro de Vigo, publica un artigo "Un arte en cueros" sobre a exposición "Curtidas" que se pode visitar na nosa sala de exposicións Espazo Emao. Nesta exposición faise un recoñecemento público a todas aquelas mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística; unha paixón por unha actividade case sempre compartida coas responsabilidades das súas vidas como nais, traballadoras, mulleres.
A Escola Municipal de Artes e Oficios, cunha longa tradición nas ensinanzas artesáns en Coiro, achega ao público con esta mostra as posibilidades, a estética e a funcionalidade do traballo neste material. 
Parabéns ao seu comisario polo seu excelente traballo.

Exposición:
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019. Inauguración o 25 de xaneiro ás 19:00 horas
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables

Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO

24 de xan. de 2019

Montaxe da Exposición "Curtidas" no Espazo Emao



Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).  
Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019. Inauguración o 25 de xaneiro ás 19:00 horas  
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables 
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO  
Cartaz: Marian Núñez, mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO 
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo  
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

21 de xan. de 2019

No Espazo EMAO: Exposición "Curtidas"

Curtidas
Especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Inauguración o 25 de xaneiro de 2019 ás 19.00h

A Escola Municipal de Artes e Oficios, cunha longa tradición nas ensinanzas artesáns en Coiro, achega ao público con esta mostra as posibilidades, a estética e a funcionalidade do traballo neste material. Dáse así a coñecer a actividade do obradoiro de Artesanía en Coiro, como vén facendo dende 2013 ao programar cada dous anos unha exposición con tal motivo. [(1)(2)(3)]
[Etiqueta "Coiro" no Blog]

Con Curtidas queremos facer un recoñecemento público a todas aquelas mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística; unha paixón por unha actividade case sempre compartida coas responsabilidades das súas vidas como nais, traballadoras, mulleres. A historia da nosa Escola serve, neste senso, de mostra: dende finais dos anos corenta a especialidade de Repuxado en Coiro, que pertencía á ponla de Enseñanzas para la Mujer, foi impartida por tres mulleres: Andrea Castro, Mercedes Pérez e Virginia García, que co seu traballo docente sementaron o que hoxe é a artesanía do coiro na nosa contorna.

A Exposición organízase en tres seccións:

Mulleres Curtidas
Achégase ao traballo de artesás dos diferentes oficios: marroquinería, albardería, zapatería ou corioplastia. Da Península Ibérica acollemos unha representación das figuras máis senlleiras do panorama actual, incluíndo a Carmen Bernier, falecida en 2017, muller que representa a idea esencial desta exposición. De Estados Unidos (cedidas pola Tandy Leather Museum and Gallery) presentamos traballos de Christine Stanley e Kathy Flanagan, artesás que podemos considerar como grandes influencias no traballo do coiro a nivel internacional.

30-30
A partir das medidas 30-30 que non se podían sobrepasar polos laterais, un grupo de alumnas que remataron a especialidade nos últimos dez anos recibiron de nós un encargo especial: “fai o que ti queiras en Coiro, que represente o teu xeito de traballar o material”. Queriamos transmitir así ao público unha idea sinxela: estas pezas son froito da formación que recibiron na nosa Escola.

Queremos con isto homenaxear aos centos de mulleres que dende os anos corenta do pasado século pasaron pola nosa Escola; nelas, sen dúbida, a nosa Escola deixou a súa impronta.

EMparrAO
Trátase dun xogo cunha proposta. Empregando as ferramentas sociais do s. XXI (Facebook, Instagram, Whatsapp) fixemos chegar a moitos currunchos do mundo do Coiro un patrón, o do estoxo -a primeira peza que fan os alumnos da EMAO cando empezan a especialidade-. A mensaxe levaba dúas condicións para a elaboración da peza: non se podía modificar o patrón e debía realizarse en coiro de procedencia animal, puidendo cada participante aplicar libremente as técnicas construtivas e decorativas que quixera. A resposta de ducias de artesáns e artesás co envío das súas pezas adaptadas á nosa proposta, permite agora ao visitante da exposición facerse unha idea da infinidade de posibilidades que posúe o Coiro como soporte e como medio de expresión artístico e artesanal.

As pezas resultantes penduran coma acios dunha vide sementada e cultivada por Andrea, Mercedes e Virginia, como as Dora Milaje do Coiro na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Exposición:
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019. Inauguración o 25 de xaneiro ás 19:00 horas
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Cartaz: Marian Núñez, mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

Colabora: Tandy Leather Museum and Gallery

25 de xuño de 2018

Convocatoria do Curso 2018-2019 na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO). Convocatoria Xeral e Convocatoria dos Cursos Extraordinarios de Artesanía en Coiro e Ourivaría

Convocatoria xeral do curso 2018-19
Información completa e horarios 

A preinscrición para as especialidades con prazas ofertadas poderá facerse:
◦ Por internet [opción recomendada]: preme aquí
◦ Presencial: na oficina administrativa da EMAO, entregando a tal efecto o impreso de pre-inscrición que se subministra na mesma

ESPECIALIDADES E PRAZAS DE NOVO INGRESO QUE SE OFERTAN PARA O CURSO 2018-19
Horario de mañá:
Construcción artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM Gaita. Nivel Iniciación: 6
Construcción artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM Zanfona. Nivel Iniciación: 8
Horario de tarde:
Pintura. Nivel Básico: 20
Debuxo artístico. Nivel Básico: 20 
Talla e escultura en madeira.  Nivel Básico: 15
Ourivaría. Nivel Básico: 15
Ourivaría: Curso extraordinario (*): 15
Artesanía en coiro. Nivel Básico: 18
Artesanía en coiro. Curso extraordinario (*): 15
Deseño e encaixe de palillos. Nivel Básico: 15
Moda e Confección: NON se convocan prazas no curso 2018-19
Construcción artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM Gaita. Nivel Básico:8
Construcción artesanal de Instrumentos Musicais-CAIM Zanfona. Nivel Básico: 8
CAIM Luthería antiga. NON se convocan prazas no curso 2018-19
Cerámica artística. Nivel Básico: 14
Serigrafía artística. Nivel Básico: 15
Encadernación: NON se convocan prazas no curso 2018-19
(*) ver aquí as características e condicións de admisión nos cursos extraordinarios de Ourivaría e de Artesanía en coiro

CALENDARIO E PRAZOS:
Do 25 de xuño ao 7 de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (só internet).
Do 25 de xuño ao 31 de xullo e de 1 a de setembro: Preinscrición alumnado de novo ingreso (presencial e internet) 
30 de xuño: Listado de alumnado apto no curso 2017-2018.
14 de setembro: 
 • Publicación listados solicitantes novo ingreso.
 • Listados provisionais de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2018-2019. 
18 de setembro: sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura, Debuxo artístico) ás 12:00 h. da mañá na Biblioteca da EMAO. 
17-20 setembro: Celebración das probas de acceso, no/s día/s concretos que publicamente se indiquen nos primeiros día de setembro. 
21 de setembro:
 • Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso.
 • Listas definitivas de alumnado procedente de cursos anteriores, coa súa asignación ao nivel que lle corresponde no curso 2018-2019. A presenza neste listado significa que a súa matrícula foi dada de alta para este curso.
24-28 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso. 
1 de outubro: Comezo do curso 

CONVOCATORIA CURSOS EXTRAORDINARIOS PARA ARTESANÍA EN COIRO E OURIVARÍA
De xeito excepcional, no curso 2018-19 prográmase un curso intensivo de un ano de duración (350 horas) para as especialidades de Artesanía en Coiro e Ourivaría.
Duración: do 2 de outubro de 2018 ao 30 de xuño de 2019
Horario: martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas
Nº máximo de participantes: 15

Preinscrición: igoal que na convocatoria xeral: internet ou presencial.
IMPORTANTE: Antes de realizar a inscrición nos cursos extraordinarios, véxanse os requisitos de acceso e características destes.

16 de maio de 2018

V Edición do Mercado da Arte Adicada a Miguel Vázquez


Mañá 17 de maio, na Praza de Abastos do Calvario, terá lugar a V edición do Mercado da Arte, adicada nesta ocasión ao noso mestre de cerámica artística Miguel Vázquez. Neste evento xa é tradicional a participación de moitos alumnos e ex-alumnos da EMAO.

9 de maio de 2018

Resumo das Xornadas dos Oficios do Coiro de Allariz 2018


Rematou a VI edición das “Xornadas dos Oficios do Coiro” e Allariz volveu a ser a capital do Coiro, non só en Galicia ou en España, senón tamén en Europa. Podemos dicir que esta é a actividade, vinculada ao coiro, máis lonxeva e continua da nosa contorna, grazas especialmente ao traballo que dende o Museo do Coiro se ven realizando nestes anos.
Nestas “Xornadas” desenvólvense obradoiros, mercados, cursos e exposicións, e por suposto a convivencia durante uns días de moitos artesáns de diferentes puntos da península.
No profesional, esta edición foi moi especial, xa que por primeira vez as principais Escolas nas que se imparte formación vinculada directamente co coiro uníronse para amosar o traballo que se está a desenvolver nas nosas aulas.
As Escolas de Jérez de la Frontera, Córdoba, Madrid, Burgos, Igualada (Barcelona) e Vigo foron os puntos de partida desta mostra, como mestre de esta última foi un reto ilusionante e os alumnos traballaron duro para participar na exposición e mostrar o que facemos.
A exposición recolleu pezas artísticas, pezas de deseño, pezas tradicionais e abrangue pezas vencelladas aos diferentes oficios: marroquinería, guarnicionería, corioplastia... Sen dúbida vai dar que falar e fará que o nome de Allariz se faga se cabe máis coñecido, xa que o futuro dos artesáns do coiro da contorna vai pasar por “A Paneira”.
por Pepe Pereira
(Artesán do Coiro e Mestre de Formación en Artesanía en Coiro da EMAO)