Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres. Amosar todas as publicacións

18 de nov. de 2019

A Festa da Palabra Silenciada: 30 Anos de Feminismo


Mañá martes, 19 de novembro ás 19:30, o Ateneo Atlántico continua coa homenaxe a María Xosé Queizán polo seu aniversario. Esta vez resaltando o seu traballo impagable ao frente da revista a Festa da palabra silenciada, un luxo para o feminismo galego.

24 de mar. de 2019

Entrega do VII Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas


Mañá luns 25 de marzo ás 17 horas na nosa biblioteca da tera lugar a entrega do VII Premio Microrrelatos Mulleres Progresistas que contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco.
O Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas realízase coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

11 de feb. de 2019

A Exposición "Curtidas" no Faro de Vigo



Hoxe, Faro de Vigo, publica un artigo "Un arte en cueros" sobre a exposición "Curtidas" que se pode visitar na nosa sala de exposicións Espazo Emao. Nesta exposición faise un recoñecemento público a todas aquelas mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística; unha paixón por unha actividade case sempre compartida coas responsabilidades das súas vidas como nais, traballadoras, mulleres.
A Escola Municipal de Artes e Oficios, cunha longa tradición nas ensinanzas artesáns en Coiro, achega ao público con esta mostra as posibilidades, a estética e a funcionalidade do traballo neste material. 
Parabéns ao seu comisario polo seu excelente traballo.

Exposición:
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019. Inauguración o 25 de xaneiro ás 19:00 horas
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables

Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO

24 de xan. de 2019

Montaxe da Exposición "Curtidas" no Espazo Emao



Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).  
Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019. Inauguración o 25 de xaneiro ás 19:00 horas  
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables 
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO  
Cartaz: Marian Núñez, mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO 
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo  
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

21 de xan. de 2019

No Espazo EMAO: Exposición "Curtidas"

Curtidas
Especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Inauguración o 25 de xaneiro de 2019 ás 19.00h

A Escola Municipal de Artes e Oficios, cunha longa tradición nas ensinanzas artesáns en Coiro, achega ao público con esta mostra as posibilidades, a estética e a funcionalidade do traballo neste material. Dáse así a coñecer a actividade do obradoiro de Artesanía en Coiro, como vén facendo dende 2013 ao programar cada dous anos unha exposición con tal motivo. [(1)(2)(3)]
[Etiqueta "Coiro" no Blog]

Con Curtidas queremos facer un recoñecemento público a todas aquelas mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística; unha paixón por unha actividade case sempre compartida coas responsabilidades das súas vidas como nais, traballadoras, mulleres. A historia da nosa Escola serve, neste senso, de mostra: dende finais dos anos corenta a especialidade de Repuxado en Coiro, que pertencía á ponla de Enseñanzas para la Mujer, foi impartida por tres mulleres: Andrea Castro, Mercedes Pérez e Virginia García, que co seu traballo docente sementaron o que hoxe é a artesanía do coiro na nosa contorna.

A Exposición organízase en tres seccións:

Mulleres Curtidas
Achégase ao traballo de artesás dos diferentes oficios: marroquinería, albardería, zapatería ou corioplastia. Da Península Ibérica acollemos unha representación das figuras máis senlleiras do panorama actual, incluíndo a Carmen Bernier, falecida en 2017, muller que representa a idea esencial desta exposición. De Estados Unidos (cedidas pola Tandy Leather Museum and Gallery) presentamos traballos de Christine Stanley e Kathy Flanagan, artesás que podemos considerar como grandes influencias no traballo do coiro a nivel internacional.

30-30
A partir das medidas 30-30 que non se podían sobrepasar polos laterais, un grupo de alumnas que remataron a especialidade nos últimos dez anos recibiron de nós un encargo especial: “fai o que ti queiras en Coiro, que represente o teu xeito de traballar o material”. Queriamos transmitir así ao público unha idea sinxela: estas pezas son froito da formación que recibiron na nosa Escola.

Queremos con isto homenaxear aos centos de mulleres que dende os anos corenta do pasado século pasaron pola nosa Escola; nelas, sen dúbida, a nosa Escola deixou a súa impronta.

EMparrAO
Trátase dun xogo cunha proposta. Empregando as ferramentas sociais do s. XXI (Facebook, Instagram, Whatsapp) fixemos chegar a moitos currunchos do mundo do Coiro un patrón, o do estoxo -a primeira peza que fan os alumnos da EMAO cando empezan a especialidade-. A mensaxe levaba dúas condicións para a elaboración da peza: non se podía modificar o patrón e debía realizarse en coiro de procedencia animal, puidendo cada participante aplicar libremente as técnicas construtivas e decorativas que quixera. A resposta de ducias de artesáns e artesás co envío das súas pezas adaptadas á nosa proposta, permite agora ao visitante da exposición facerse unha idea da infinidade de posibilidades que posúe o Coiro como soporte e como medio de expresión artístico e artesanal.

As pezas resultantes penduran coma acios dunha vide sementada e cultivada por Andrea, Mercedes e Virginia, como as Dora Milaje do Coiro na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Exposición:
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019. Inauguración o 25 de xaneiro ás 19:00 horas
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Cartaz: Marian Núñez, mestra de Deseño e encaixe de palillos da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

Colabora: Tandy Leather Museum and Gallery

26 de nov. de 2018

Conferencia de Remei Sipi: As Mulleres Africanas en Europa



Martes, 27 de Novembro, as 19:30h, na Biblioteca da EMAO o Ateneo Atlántico organiza á conferencia "As mulleres africanas en Europa".
A conferencia pretende ofrecer unha visión comprensiva da situación da muller africana emigrante en Europa, con particular atención á experiencia das mulleres da antigua colonia española de Guinea Ecuatorial.

Orixinaria de Guinea, máis residente en España dende os seus estudios universitarios, Remei Sipi Mayo leva desenrolado unha intensa labor no noso pais polas causas das mulleres africanas. Conferenciante, directora de teatro, membro de moi diversas redes e plataformas a prol da muller, das minorías étnicas e dos emigrantes, foi tamén directora da revista E'Waiso ata o ano 2008, editora especializada en textos africanos e é tamén autora por sí mesma. O seu libro máis recente é "Mujeres africanas: Más allá del tópico de la jovialidad" (Wanafrica Ed. 2018)

Remei Sipi gusta de explícarnos a situación humana con fluidez e sencillez. A súa palabra convértese nunha narración, lírica, suave, coma un conto.
 
Presentará o acto o profesor de Filosofía, Luis Escudero.


26 de abr. de 2018

Imaxes da Entrega do VI Premio Microrrelatos Mulleres Progresistas


Onte tivo lugar na nosa hemeroteca o acto de entrega do VI Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" coa presenza da Presidenta da Asociación Mulleres Progresistas, da concelleira de Igualdade, dona Uxía Blanco, a deputada provincial de Igualdade, dona Isaura Abelairas, e a presidenta da Deputación, dona Carmela Silva.

Actuación musical: María Torres e Jorge Bombero
1º Premio "Metamorfose" de Emma Pedreira Lombardía
2º Premio "A fiestra con memoria" de Pilar Vilaboy Freire
3º Premio "Seo materno" de Ana Padín Calviño
Finalista "A leoa" de Patricia Eugenia Gallego Pérez

 


25 de abr. de 2018

26 de xan. de 2016

In Memoriam da Científica Aida Fernández Ríos, Antiga Alumna de Artes e Oficios


Moitas cousas e todas boas dixéronse de Aida Fernández, a bióloga e académica viguesa, desde o seu falecemento o pasado 22 de decembro. Muller, científica, pioneira... Foi a primeira muller directora do Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Vigo e promocionou ata o grado máis alto no CSIC, o de Profesora de Investigación. 
Traballaba na determinación do aumento do dióxido de carbono de orixe antropoxénica (causado pola acción do home) e no aumento da acidez na auga do mar, principalmente no Océano Atlántico. Publicou máis de 100 traballos de investigación, 92 deles en revistas do SCI (Scientific Citation Index), con máis de 3.000 citas, e é revisora de diversas publicacións científicas. Participou en máis de 50 conferencias internacionais. 
Foi presidenta do comité español do International Geosphere-Biosphere Programme sobre cambio global entre 2005 e 2011. O pasado mes de xuño foi nomeada membro da Real Academia Galega de Ciencias. Fernández Ríos converteuse na terceira muller en ingresar nesta institución.
Pouco máis podemos engadir nós a esta brillantísima traxectoria, truncada nun desgraciado atropelo que mantén aínda consternados a familia e amigos. Só destacar que Aida foi unha muller moi traballadora que consiguio todo a base de esforzo, compaxinando traballo e estudos. 
Aida tamén foi alumna de Artes e Oficios, a foto corresponde á ficha de matricula do curso 1968-1969, matriculouse en debuxo de figura e adorno, sabemos que gardaba moi bos recordos da nosa escola, que ata obtivo un premio en métalico a final de curso. Sempre dixo que os coñecementos obtidos fóronlle útiles no seu traballo. Nós, non podemos senón sentirnos orgullosos de que alumnos como Aida, un día formasen parte desta centenaria institución e de que algunhas das ensinanzas que aquí recibiu, fósenlle de axuda no seu desenvolvemento persoal e profesional.
Hoxe é Elisa, unha das súas sobriñas a que está connosco.

Académica Numeraria da Real Academia Galega de Ciencias

18 de set. de 2014

Programación Casa das Mulleres-Centro Documentación Feminista Setembro a Decembro


A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova programación para o Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres que se realizarán durante o período de setembro a decembro de 2014.
Algunhas das actividades que acollerán estes servizos son: presentacións e faladoiros de libros, Relatorios, Club de lectura, Mesas Redondas, Exposicións, Obradoiros, Club da Risa, Aula de Internet... Pódese consultar o arquivo adxunto para obter máis información: calendarios e horarios, contidos, formadoras, inscricións, enderezos...
 

21 de abr. de 2014

Entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas"


A entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" será o mércores 23 de abril ás 17:30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). É un acto aberto ao público e no que se contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Isaura Abelaira Rodríguez.

O xurado do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" decidiu outorgar os seguintes premios:

- 1º Premio: "DESAFIO", de María Jesús Fariña Busto.
- 2º Premio: "Dsineb", de Carolina Sertal Souto.
- 3º Premio: "Pantalla partida", de Andrea Núñez-Torrón Stock.

Asemade, designou como finalistas os seguintes microrrelatos:

- "A nena", de María Vilariño Suárez.
- "A avoa e a tormenta", de Silvia Rivas Alejandro
- "Remendos", de Estela Suárez Recouso
- "Ad libitum", de María González Blanco
- "O canto das sereas galegas", de Carolina Sertal Souto
- "Consecuencias", de María Villar Andrade

4 de mar. de 2014

Mesa Redonda "Novas Creadoras, Novos Valores na Arte" na Casa das Mulleres


Mesa redonda "Novas creadoras, novos valores na Arte" que terá lugar este xoves, 6 de marzo ás 19:00h na Casa das Mulleres. Esta actividade pretende visibilizar e difundir a realidade das mulleres artistas, mulleres que representan os nosos valores na arte e analizar a súa situación cunha mirada de xénero.
Presenta: Isaura Abelairas, concelleira de Igualdade
Relatoras:
Mar Caldas, profesora de Belas Artes da Universidade de Vigo
Paula Cabaleiro, comisaria independente, xestora cultural e artista multidisciplinar. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo
Andrea Costas, artista plástica e mestra na escola viguesa de deseño Aula D
María Arias, artista, deseñadora e investigadora. Graduada en Belas Artes e máster en arte contemporáneo na Universidade de Vigo.
Lugar: Casa das Mulleres (Rúa Romil, 20). Entrada libre. Aforo limitado

5 de feb. de 2014

Festival Miradas de Mulleres 2014 en Galicia


Por vez primeira o festival Miradas de Mulleres, que promove a nivel estatal o colectivo Mujeres en las Artes Visuales, desenvolverá en Galicia parte do seu programa. Paula Cabaleiro é a responsable de coordinar o desembarco da iniciativa, que chega ao noso país con nada menos de 28 sedes entre galerías, museos e institucións. No programa alternan exposicións individuais e colectivas, proxeccións, coloquios ou xornadas. Aínda que as actividades arrincan xa o 6 de febreiro coa exposición Xénero e artes visuais en UVigo, na Sala X de Pontevedra, o acto inaugural desenvolverase o vindeiro 8 de marzo na sede da Deputación de Lugo
O Festival Miradas de Mulleres é unha iniciativa de MAV, Mulleres nas Artes Visuales, unha asociación interprofesional e de ámbito estatal sen ánimo lucrativo formada por 400 profesionais no sector das artes plásticas en España.

O propósito principal do Festival Miradas de Mulleres, creado en 2012 pola artista Mareta Espiñenta, é o de difundir o papel da muller dentro de todos os ámbitos profesionais das artes visuales, desde a creación artística ao comisariado, a crítica, a investigación e a xestión.

Con este obxectivo, o Festival invita a museos, galerías, centros de arte, museos e universidades a sumarse con mostras e actividades de mulleres artistas durante o mes de marzo, co obxecto de aglutinar o maior número de exposicións protagonizadas por mulleres e ocupar a axenda expositiva deste mes, a escala nacional e, desde este ano, internacional.

26 de set. de 2013

Programa de actividades desde setembro a decembro na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos Feministas



O programa de actividades desde setembro a decembro oferta un numeroso e diverso grupo de actividades dentro da programación que acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Casa das Mulleres para o último cuatrimestre de 2013. No arquivo adxunto pódese obter información precisa desta numerosa e diversa programación: club de lectura, presentacións e faladoiros de libros, ciclos de charlas, exposicións, club de emprego, club da risa, relatorios, obradoiros, aula aberta de informática...