Amosando publicacións coa etiqueta Galicia.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia.. Amosar todas as publicacións

2 de maio de 2019

Xornadas dos Oficios do Coiro en Allariz, do 3 ao 5 de Maio 2019


Entre os días 3 e 5 de maio desenvolveranse en Allariz unha nova edición das Xornadas dos Oficios do Coiro.
O 3 de maio, ás 20’30h na sala “A Paneira” inaugúrase a exposición “Cada un ve o que sabe” de Juan García Olmedo (Córdoba), unha colección de pezas tridimensionais realizadas coa técnica de “cuir bouilli” (coiro cocido) e terminadas coa utilización de texturas, cor e epigrafías características da súa obra. Esta exposición estará aberta ata o día 25 de maio.


20 de nov. de 2018

11 de maio de 2018

Imaxes da 2ª Xornada de Prehistoria de Galicia


Onte tivemos na hemeroteca unha conferencia sobre "Os monumentos megalíticos de Galicia" polo historiador Xosé Lois Vilar. Foi a segunda das Xornadas sobre a Prehistoria de Galicia organizadas por Marea de Vigo.


22 de maio de 2017

XIV Certamen de Artes Plásticas Deputación Provincial de Ourense



A Deputación provincial de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o XIV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos. Poderán participar todos/as os/as artistas con idades comprendidas entre os dezaoito (18) e os trinta (30) anos.
A convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calqueira outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.)
O prazo de presentación das obras estableceras e dende a convocatoria deste certamen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ate o día15 de xuño do 2017. As obras entregaranse ou serán enviadas ó Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa Progreso, 30 32003 Ourense). Máis información