Amosando publicacións coa etiqueta Festas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festas b>. Amosar todas as publicacións
1 de xul. de 2018
1 de xan. de 2016
26 de xuño de 2015
Festa Fin de Curso 2014-2015 na EMAO
O curso chega ao seu fin, onte foi un día para as despedidas, números alumnos/as reuníronse no patio de gaitas para celebrar o remate do curso e a chegada do verán e as vacacións.
Lembrádevos que o curso non acaba ata o martes 30 de xuño, este día pola tarde, ás 19:00 h, terá lugar o acto de entrega de diplomas para o alumnado das distintas especialidades (Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística ; Perfeccionamento II no resto das especialidades) que remata os seus estudos no curso 2014-2015. Como de costume, cada profesor chamará ao alumnado que lle corresponde, e entregará o diploma o alcalde un a un, segundo o listado de cada especialidade.
22 de dec. de 2014
Felices Festas!
29 de xuño de 2014
Imaxes da Festa Fin de Curso da Emao
Este venres pasado tivemos a festa fin de curso 2013-2014 no patio de gaitas, numerosos alumnos acompañados dos seus mestres conversaron amigablemente mentras disfrutaban dunhas viandas moi apetitosas como podedes comprobar nestas imaxes...
Recórdovos que mañá é a entrega de diplomas para o alumnado das distintas especialidades (Nivel
II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística;
Perfeccionamento II no resto das especialidades) que remata os seus
estudos no curso 2013-2014.
27 de xuño de 2014
27 de mar. de 2014
Esta Fin de Semana Vigo Celebra a súa Festa da Reconquista 2014
A Festa da Reconquista da Vila de Vigo,contará
este ano cun día máis de celebración, tres xornadas de actos, deste venres, 28
de marzo, ao domingo, 30 de marzo, que incluirá as tradicionais
representacións, postos no Casco Vello, concertos e animación de rúa.
4 de mar. de 2014
Quecendo Motores!!!
Hoxe, martes de entroido, algúns obradoiros, preparan o seus disfraces temáticos (O Greco, Degas, o Pop Art, os artistas de caballete, o século XVII ...) Esta tarde haberá unha xuntanza no aula de pintura a partir das 18:30. Animarvos!!!
28 de feb. de 2014
Entroido 2014 en Vigo
Os actos do Entroido 2014 comezan, hoxe venres 28, con murgas
e charangas polo centro da cidade e os tradicionais "merdeiros" polo
barrio histórico, a partir das 19:00 h; ás 19:30 h, a Escola Municipal
de Teatro realizará na praza da Constitución o espectáculo manipulación.
Ás 20:00 h, terá lugar a "Entronización do Meco" na Porta do Sol, para
continuar ás 20:30 h co pregón, a cargo de Vigópolis. O Entroido 2014, que terá lugar do 28 de febreiro ao 5 de marzo, en distintos espazos da cidade. Máis información
28 de xuño de 2013
As Imaxes da Festa de Fin de Curso 2012-2013 na EMAO
Aquí tedes as fotos da festa de fin de curso esperamos que vos gusten, grazas a todos por vir. Desexámosvos un feliz verán a todos.
26 de xuño de 2013
Festa Fin de Curso 2012-2013 na EMAO
Xoves 27 de xuño, a partir das 18:00 horas, FESTAAA!!! Será no patio de gaitas, traede cousas de comer e beber para compartir, teremos un D.J. moi especial, pasarémolo moi ben, esperámosvos a todos.
21 de xuño de 2013
A Noite de San Xoán
Na noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa, especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de San Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar.
A noite de San Xoán é unha das festas máis importantes en Galicia. O ritual co que máis se identifica a noite de San Xoán son as fogueiras que se prenden na tarde-noite do día 23, tamén chamadas cacharelas, cachadas, cachelas ou lumeiradas. Durante os días previos, os mozos e veciños van amoreando diverso material nalgún lugar aberto e de paso público (prazas, encrucilladas ou, actualmente, praias) ata que, no comezo da noite, préndese lume entre a expectación de tódolos veciños. Nas horas seguintes, comen sardiñas á brasa e beben viño, cantando e bailando ó redor da fogueira e, cando esta está practicamente consumida, terminan saltando sobre as últimas lapas.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, as mozas recóllenas para poñelas nun caldeiro con auga. Alí teñen que quedar ó orballo da noite e pola mañán tódos os membros da casa, en especial os nenos, lávanse con esta auga milagreira.
6 de abr. de 2013
Festa da Reconquista de Vigo, 6 e 7 de Abril de 2013
Durante dous días as rúas da cidade olívica trasladaranse ao s. XIX para rememorar un mercado tradicional con postos de venda de produtos típicos, demostración de oficios tradicionais da época, comidas rexionais e música tradicional a cargo dos gaiteros e tamborileros, enchendo as súas rúas de cor e esencia do pasado. Os postos instalaranse desde a Porta do Sol ata a rúa Teófilo Llorente.
O sábado 6 de Abril, comezarán os actos relativos á Festa da Reconquista con diversas actividades para todos os asistentes, na que os máis pequenos da casa tamén terán o seu espazo con animación infantil. A partir das 18.15 horas levarase a cabo a Representación da destitución do alcalde e da corporación, e toma da cidade polo exército francés. Ás 19.00 horas terá lugar unha demostración de Esgrima Antiga na Praza do Berbés, e ás 19.30 horas actuación de Vos Quinquilláns-Teatro, na Praza da Constitución. Ás 21.30 horas terá lugar o concerto de Terribles de Donas na Praza do Berbés e ás 23.00 horas pecharase o mercado.
O domingo día 7, os máis pequenos poderán gozar nuevamente con talleres infantís. A partir das 10.00 horas procederase á reapertura do mercado e ás 12.00 horas celebrarase unha demostración de Esgrima Antiga e ás 18.00 horas terá lugar a representación da Reconquista da Vila en Porta do Sol, sendo un dos actos máis destacados destes días porque a representación da batalla conmemora a retirada das tropas francesas tras dominar a cidade e celebra a nova Independencia Española. Ás 21.00 horas na Praza do Berbés celebrarase en concerto de Mel de Meiga. Durante todo o día terán lugar diferentes talleres e demostracións de oficios tradicionais da época.
O sábado 6 de Abril, comezarán os actos relativos á Festa da Reconquista con diversas actividades para todos os asistentes, na que os máis pequenos da casa tamén terán o seu espazo con animación infantil. A partir das 18.15 horas levarase a cabo a Representación da destitución do alcalde e da corporación, e toma da cidade polo exército francés. Ás 19.00 horas terá lugar unha demostración de Esgrima Antiga na Praza do Berbés, e ás 19.30 horas actuación de Vos Quinquilláns-Teatro, na Praza da Constitución. Ás 21.30 horas terá lugar o concerto de Terribles de Donas na Praza do Berbés e ás 23.00 horas pecharase o mercado.
O domingo día 7, os máis pequenos poderán gozar nuevamente con talleres infantís. A partir das 10.00 horas procederase á reapertura do mercado e ás 12.00 horas celebrarase unha demostración de Esgrima Antiga e ás 18.00 horas terá lugar a representación da Reconquista da Vila en Porta do Sol, sendo un dos actos máis destacados destes días porque a representación da batalla conmemora a retirada das tropas francesas tras dominar a cidade e celebra a nova Independencia Española. Ás 21.00 horas na Praza do Berbés celebrarase en concerto de Mel de Meiga. Durante todo o día terán lugar diferentes talleres e demostracións de oficios tradicionais da época.
1 de nov. de 2012
A Festa do Magosto
O Magosto ou castañada é unha festa tradicional nalgunhas zonas do norte da Península Ibérica como Galicia, Cataluña, Asturias, a provincia de León, Sanabria e Benavente e Os Vales na provincia de Zamora e As Hurdes na provincia de Cáceres. É tamén unha festa moi popular en Portugal.
Os elementos comúns desta festa son a celebración no mes de
novembro (ou finais de outubro) e o ter como elementos principais a
castaña e o lume. Adóitase celebrar esta festa nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os
Santos) e o 11 de novembro (San Martín)
onde non faltan as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos.
O
Magosto era o tempo que os
galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do
equinoccio, un
costume que nestes últimos anos se intenta recuperar. É
unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas
festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser
humano vai
adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade
relacionada co
culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando
ó sol,
deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e
ritual que reforza os vencellos
comunitarios do mundo rural galego. Con posterioridade foi asociada ós
santos e defuntos, por iso se festexa o
1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar
anual.
Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de
novembro,
festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.
Murguía consideraba a festa do magosto coma un
banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Está relacionado co O Samhain, unha festividade de orixe celta na que a
noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrábase o final da tempada
de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta»,
que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o
paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A festividade céltica do Samhain descríbese como unha comuñón cos
espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar
entre os vivos, dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cos seus
antepasados mortos. Para manter aos espíritos contentos e afastar aos
malos dos seus fogares, deixaban comida fóra, unha tradición que
evolucionou converténdose no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa
pedindo doces.
Pola
influencia da cultura romana primeiro e do cristianismo despois, o
Samain converteuse no día de Todos os Santos, de onde deriva o nome
inglés de Halloween. Polo Samhain era costume baleirar nabos
(posteriormente cabazas, debido a
unha tradición irlandesa) para porlles dentro veas. Varios séculos
despois, esta tradición ten continuidade no actual Halloween,
exportación dos
irlandeses a Estados Unidos no século XIX e principios do XX.
Rafael López Loureiro
foi o responsable de redescubrir esta tradición e
comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos.
Ademais, tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, ao redor
da zona na que están situadas as aldeas de fala galega, e en zonas de
Zamora e de León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións
galegas están moi arraigadas. Ademais, este estudioso analizou a
relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas
tradicións irmás das illas británicas. Hoxe en día empézase a celebrar o
halloween, Samhain ou Samaín (adaptación
ao galego da palabra gaélica) nalgunhas das cidades e pobos de Galicia,
como A Coruña, Ferrol, Cedeira, etc. Deixándose arrastrar pola
tradicional festa de halloween cun claro interese comercial no noso
país. Aínda que a celebración tradicional, o Magosto ou Magusto ten unha
gran forza desde moi antigo, herdeiro directo do Samónios ou Sámanos
propio da antiga Gallaecia (Galicia, Asturias, León e Norte de
Portugal). 29 de xuño de 2012
Fin de Curso na Emao
Hoxe, 29 de xuño, remata o curso 2011-2012 na Emao, estes últimos días veñen celebrandose algunhas festas nos distintos obradoiros e aulas donde os alumnos e os mestres comparten confidencias, anécdotas e fan plans para o próximo curso,
mentres se degustan as viandas que cada un achega. Fai un par de días
houbo celebración en serigrafía artística, onte reuníanse varias
especialidades no patio de cerámica.
Desde aquí desexámosvos un feliz verán a todos e esperámosvos
coas pilas recargadas para o próximo curso. Recordarvos tamén, que esta
tarde é a Entrega de Diplomas no Salón de Actos ás 18:30 h. aos
alumnos e alumnas que remataron neste curso o último nivel da
súa especialidade (Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e
Serigrafía artística; Perfeccionamento II no resto das especialidades).
Os diplomas individuais serán entregados polo Excmo. Alcalde da nosa cidade no transcurso do acto, xunto cunha serigrafía de agasallo para cada un, producida e seriada especialmente para este ocasión polos obradoiros da Escola.
Ademais dos que lles corresponde o diploma, están invitados a este acto todos os matriculados na EMAO neste curso 2011-2012.
1 de abr. de 2012
FESTA DA RECONQUISTA DA VILA DE VIGO 2012
O Casco Vello de Vigo foi escenario o sábado 31 de marzo e hoxe domingo 1 de abril, de dúas novas xornadas de actos populares de celebración da Reconquista da cidade. Os actos festexan a Reconquista de Vigo ás tropas francesas, culminada o 28 de marzo de 1809.
15 de xul. de 2011
NELSON VILLALOBOS LERÁ O PREGÓN DAS FESTAS DE BOUZAS
O noso mestre de serigrafía artística, o pintor cubano Nelson Villalobos, será o encargado de ler o pregón das Festas de Bouzas 2011, será esta noite ás 21,15 h, substitúe nesta labor ao Ministro de Fomento e Portavoz do Goberno, José Blanco. Villalobos é recoñecido como un dos mellores expoñentes da plástica cubana dos anos 80 e imparte ensinanza na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) dende hai dous anos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











