Amosando publicacións coa etiqueta Arquivos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arquivos. Amosar todas as publicacións

8 de abr. de 2014

Doazón do Arquivo de Antón Pérez Prado a Fundación Penzol


Hoxe, a Fundación Penzol, presenta a doazón dos fondos arquivísticos de Antón Pérez Prado, insigne médico galeguista e unha das figuras máis sobranceiras do galeguismo en Buenos Aires na segunda metade do século XX. Legou o seu arquivo á Fundación Penzol. Esta mañá estades convidados e convidadas a compartir o acto  ás 12:00 na Casa Galega da Cultura e pola tarde continuarán os actos a partir das 19:30.

1 de feb. de 2012

ACTOS DOAZÓN ARQUIVO XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Á FUNDACIÓN PENZOL

 
A doazón consta de 111 carpetas que conteñen máis de 2500 documentos, folletos, recortes de prensa, manuscritos, orixinais mecanografados e coleccións temáticas agrupados en temas como prehistoria e arqueoloxía; literatura galega medieval, dos Anos Escuros e do Rexurdimento, romances impresos en Galicia e unha importante colección do cancioneiro popular; historia de Galicia e de Vigo; filatelia; temas vigueses; toponimia e lingüística; etnografía e folklore; documentación política da transición e da primeira etapa democrática; emigración, recortes de prensa e publicacións sobre Castelao e outros vários temas máis.

"ACTOS DOAZÓN ARQUIVO XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Á FUNDACIÓN PENZOL"

Día: 3 de febreiro de 2012.
Lugar: Casa Galega da Cultura. Fundación Penzol. Praza da Princesa, 2. Vigo
Horas: 12:00: Sinatura da doazón do arquivo de Xosé María Alvarez Blázquez 
              20:00: Conferencia a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo
                         "Os papeis Xosé Mª Álvarez Blázquez"