Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

24 de set. de 2015

Acción Vírica Uno: Cine sobre Cerámica na EMAO



Aquí tedes o film "Acción Vírica Uno" que foi rodada na nosa Escola no ano 2005, no obradoiro de cerámica artística, baixo os auspicios do mestre da especialidade, Miguel Vázquez, na que participaron os alumnos.

Sinopsis:
Un grupo de estudantes de cerámica organizan unha procesión, coa que tratan de representar as relacións entre a cerámica e a vida diaria. A acción comeza nunha galletera - Falo, xeradora dun fluído, o barro; en cuxo tránsito busca alcanzar o horno-utero. Trátase noutras palabras dunha aproximación da linguaxe da vida e a cerámica: A fecundación como acción vírica.
Festivais nos que participou:
Mostra de cine sobre cerámica, 2005 Argentona (Barcelona)
5TH International Film Festival on clay and glass, 2006 Montpellier
Clay Art Film festival , Ceramic Beinnale, 2009 Korea
Premios conseguidos:
Finalista en 5TH International Film Festival on clay and glass, 2006 Montpellier
Finalista en 1ª Mostra Internacional de Cine Cerámico MICICE, 2011 Castellón

Director: Miguel Vázquez Pérez
Productor: Miguel Vázquez Pérez – Jesús Pérez Seone
Intérpretes: Alumnos de cerámica de la EMAO - Vigo
Guión: Miguel Vázquez Pérez
Director de fotografía: Jesús Pérez Seone – José Jato Darriba
Montaxe: Jesús Pérez Seone – José Jato Darriba
Música: Luis Pena Morandeira
Son: Luis Pena Morandeira
Dirección Artística: José Fernández Pérez

20 de feb. de 2014

Taller de Máscaras de Látex Impartido por Alberto Hortas


A Agrupación Cinematográfica Galega  infórmanos da organización  dun taller de Máscaras de Látex, impartido por Alberto Hortas que podería ser interesante para os nosos alumnos. Dirixido entre outros a escultores/ás, artistas, maquilladores/ás, escenógrafos... os alumnos aprenderán a deseñar un personaxe para modelalo en arxilas gris desenvolvendo técnicas en modelado, con moldes de escaiola exadura e reproducindo as máscara en látex para moldes e escuma poliuretano flexible. Ademais poderán saber técnicas para pintar este material con pinturas especiais que se agarren a este material e cuns acabados verosímiles.  
Período de inscrición do 11 de febreiro ao 23 de marzo, ambos os dous inclusive.
Máis información sobre o taller aquí .


29 de maio de 2013

II Festival Primavera do Cine en Vigo


 Dende o 29 de maio ata o 2 de xuño teremos posibilidade de contemplar, en tres salas diferentes (auditorio municipal, salón de actos do Marco e sala Vigovello), longametraxes, curtametraxes (de xénero documental e de ficción) e videoclips, suxeitos a un premio do público. Este ano, haberá como novidade unha sección de cine infantil, para destacar a potencialidade das películas como ferramenta educativa e de formación. Este é un festival de cine galego, deseñado como un encontro entre os creadores, as produtoras e o seu público. Tamén supón unha vía alternativa de exhibición nun momento en que o sector, o mesmo que outras actividades profesionais, pasa por unha situación delicada. Por iso, preténdese que o festival sirva para abrir un debate sobre a produción, distribución e exhibición en Galicia.

4 de mar. de 2013

Videoforum sobre "Clara Campoamor" da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos


"Clara Campoamor. La mujer olvidada" da directora Laura Mañá exhibese o martes, 5 de marzo ás 18.00h no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e dentro do programa de actividades da Concellería de Igualdade de Vigo. Na Biblioteca Pública Central. Calle Joaquín Yáñez, 6 - 2º piso (Casco Viejo), 36202 Vigo.

17 de set. de 2012

Cuso de CineArte "A Pantalla como Lenzo" organizado polo MACUF


O Museo de Arte Contempóranea Gas Natural Fenosa organiza o CURSO DE CINEARTE "A PANTALLA COMO LENZO" Impartido por: Javier G. Trigales
Sábados do 6 de outubro de 2012 ao 26 de xaneiro de 2013, de 11.00 a 14.00 horas, 36 horas presenciais en 12 sesións de 3.00 horas. O curso fará un percorrido xeral e heterodoxo polas relacións entre cine e arte, desde o seu nacemento ata os nosos días. Rastrexaremos as conexións que establece coa pintura, a música ou a fotografía, estudaremos as vangardas e coñeceremos aos artistas que se converteron en cineastas. Descubriremos as obras audiovisuais que enchen as salas de exposicións e museos de todo o mundo.

12 de xul. de 2012

Concurso Internacional de Cine sobre Artesanía para Estudantes



Organizado polo WCC, World Crafts Council. O obxectivo do concurso é dar a coñecer a artesanía entre os estudantes e crear un arquivo de películas sobre artesanía. Os curtos deberán durar entre 8 e 10 minutos, poderán estar en calquera idioma pero sempre subtitulados en inglés e deberán tratar sobre un dos seguintes temas:
  Artesanía : unha loita para supervivencia.
  Artesanía : a maxia de creación.
  Artesanía : un indicador de cultura. Máis información

5 de xuño de 2012

OS TROFEOS DO FESTIVAL PRIMAVERA DE CINE DE VIGO 2012 SON UN DESEÑO DOS ALUMNOS DE CERÁMICA ARTÍSTICA DA EMAO


Entre as datas 30 de Maio e 2 de Xuño do 2012, celebrouse en Vigo a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo. Os galardóns son unhas figuras deseñadas polos alumnos de cerámica artística da nosa Escola de Artes e Oficios.

De Yolanda Mosquera Lorenzo é o galardon do "Premio Mellor Longametraxe"




De Antonio Pazos Bazán é o deseño do galardón "Premio Mellor Curtametraxe"




De Ruth Pelegrín Fernández é o deseño do galardón o "Premio Mellor Videoclip"



15 de abr. de 2012

1ª EDICIÓN DO FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO


Entre as datas 30 de Maio e 2 de Xuño do 2012, celebrarase en Vigo a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo. Onde poderan participar todas as galegas e galegos cineastas e creadores audiovisuais que envíen as súas obras ao noso apartado de correos, e por suposto sexan seleccionadas para a competencia. Tamén optarán a concurso as obras de extranxeiros feitas na nosa terra.
Para coñecernos e para coñecervos sumaremos ao espazo cultural da nosa cidade a gran celebración dun festival de cine completiño; Longametraxes, Curtametraxes e Videoclips serán as categorías en competencia, e o xénero é libre (documentais, animacións, videoarte, ficcións…) sempre que cumprimenten as bases e nos envíen a ficha de inscripción e requerimentos antes do 25 de abril do presente ano ao noso apartado de correos.

19 de mar. de 2012

V XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE CERÁMICA EN NIGRÁN


Este martes, 20 de Marzo do 2012, proxectarase: La Alfarería de Nijar y Alfar Mudejar s. XXI, as 19:00 h, no Centro Antena do Concello de Nigrán, dando así continuidade as "V Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica"

"LA ALFARERÍA DE NIJAR"

Director : Matthew Weir
Ano : 2009
Duración : 49 minutos
Un documental sobre a cerámica de galena (chumbo ) que se realiza en Nijar. Os irmáns Gongora cóntannos as características desta alfarería, a súa tecnica , a evolución e a historia.

ALFAR MÚDEJAR S. XXI
Dirigida : Fernando Malo
Ano : 2009
Duración : 25 minutos
Alfar Mudéjar século XXI mostra a modo didáctico as diferentes fases da arcilla, as técnicas utilizadas e os procesos de restauración. O proxecto é un paseo pola historia da cerámica na arquitectura mudéjar.

20 de feb. de 2012

ENGURRAS, PREMIO GOYA 2012 A MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN


Engurras, dirixida por Ignacio Ferreras e producida pola empresa coruñesa Perro Verde Films, é a adaptación do cómic homónimo do premio nacional Paco Roca. Rosanna Cecchini, Paco Roca, Ignacio Ferreras e o produtor Anxo da Cruz (A Coruña, 1963) son os artífices desta entrañable historia sobre o alzhéimer e a vellez, que obtivo onte dous premios Goya, premio ao Mellor Guión Adaptado e á Mellor Pelicula de Animación.

12 de abr. de 2011

VIDEOFORUM DA REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS


"PRECIOUS" de Le Daniels, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Pública Central, 2º andar).
Videofórums 2011
Martes, 12 de abril ás 18.00h