Biblioteca da EMAO
O blog da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
9 de xuño de 2021
22 de feb. de 2021
A EMAO Retoma a súa Actividade Presencial
Ao abeiro do disposto no artigo segundo 4.2. da Orde da Consellería de Sanidade de 15 de febreiro de 2021 (DOG 15/02/2021) como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, as clases presenciais na EMAO comezan hoxe luns, 22 de febreiro.
Lémbrovos que a Biblioteca tamén retomou os seus servizos presenciais, polo momento cun aforo reducido ao trinta por cento da capacidade máxima permitida.27 de xan. de 2021
Peche Temporal da EMAO pola Crise Epidemiolóxica Derivada do COVID-19 [BIBLIOTECA]
O/a mestre/a da especialidade na que está matriculado/a, porase en contanto con vostede para indicarlle as actividades que, durante este tempo, se proporán de xeito non presencial mediante o uso dos medios e ferramentas online e de comunicación do que dispoña.
A reanudación das clases presenciais seralle comunicada por este mesmo medio.
29 de set. de 2020
NORMAS NO INICIO DO CURSO 2020-21 PARA A PREVENCIÓN COVID-19 NA EMAO. ALUMNADO E VISITANTES
Por Resolución de 29/09/2020 do Concelleiro delegado de Educación, aprobáronse as seguintes Normas para a prevención COVID-19 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Pero lembramos que a máis importante norma a cumprir é a de estarmos informados, sermos prudentes e ter responsabilidade individual.
NORMAS NO INICIO DO CURSO 2020-21 PARA A PREVENCIÓN COVID-19 NA EMAO. ALUMNADO E VISITANTES
0. Carácter destas normas
0.1. Estas normas son de obrigado cumprimento por todo o alumnado e visitantes.
A
eventual negativa a cumprilas ou o seu incumprimento inxustificado
conlevará ao inmediato abandono do edificio e, se é o caso, a apertura
dun expediente disciplinario á persoa infractora que poderá rematar na
baixa definitiva na matrícula, ao abeiro do artigo 3.4.2. das normas do
Plan de Estudos Vixente (PEEMAO15)
0.2. Estas normas teñen
carácter provisional e poderán ser anuladas, modificadas ou adaptadas en
función das circunstancias de evolución da pandemia COVID-19 ou doutras
circunstancias que fagan conveniente a súa revisión.
1. Non asistencia con síntomas
Calquera
persoa que presente síntomas compatibles coa COVID-19 non deberá
asistir á EMAO, e deberá seguir as indicacións que lle dean os servizos
de Saúde.
2. Prevención xeral básica
- Lavado frecuente de mans con auga e xabón ou desinfección con solución hidroalcohólica
- Manter a distancia interpersoal de alomenos 1,5 m
- Uso obrigatorio de máscara homologada e en bo estado de uso
- Non compartir no posible obxectos e, en caso de telo que facer, desinfectar antes e despois
- En grupo, usar espazos exteriores ou interiores ventilados
3. Polo edificio da Escola. Entradas, saídas, estancia
- Uso da porta de entrada e saída do edificio correspondente á aula da especialidade que se curso (Avda. García Barbón ou r/ Pontevedra). Na entrada da rúa Pontevedra establécese o sentido de circulación: subida polas escaleiras metálicas, baixada polas escaleiras de madeira.
- Ao entrar na Escola é obrigatoria a desinfección de mans con solución hidroalcohólica
- O uso de máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nos edificios
- Máxima puntualidade na entrada e saída. Nunca antes do profesor/a. Evítense esperas
- Os descansos de clase, faranse, por vía da norma, fóra do edificio, evitando no posible permanecer no interior.
- Evite, na medida do posible, a permanencia nas zonas comúns. Nestas zonas debe manter co resto dos ocupantes a separación recomendada de 1,5 m
- A circulación por escaleiras, corredores e espazos comúns faráse o máis posible achegándose á dereita no sentido da marcha e respectando sempre a distancia interpersoal de 1,5 m
- O tránsito entre o edificio principal e o Anexo polo interior da Biblioteca prohíbese agás para o persoal expresamente autorizado.
- Minimizarase a utilización dos ascensores, primando os traxectos de subida e a circulación polas escaleiras. A ocupación máxima do ascensor é de 1 persoa por viaxe.
- Minimizarase o contacto con elementos de uso común como pasamáns, barandas, bancos, manillas, portas e outros similares.
- Elimínanse os listados de sinaturas de asistencia ás clases por parte do alumnado. A asistencia será rexistrada polo profesor/a da especialidade no parte correspondente, no que anotará diariamente as persoas asistentes e a súa hora de entrada e saída.
4. Normas específicas de cada aula taller
- Cada aula/taller establece normas específicas de prevención COVID-19 que indicará o profesor/a. Son de obrigado cumprimento. O seu incumprimento poderá comportar a expulsión inmediata da aula/taller e, trala correspondente apertura dun expediente disciplinario, se é o caso, a baixa na matrícula.
- Non está permitido entrar na Aula sen a presenza do profesor/a
- Por vía da regra, sempre que sexa posible utilizarase o mesmo lugar na aula.
- Deixarase nas clases o mínimo material posible. O que non sexa imprescindible deixar na EMAO o deberán levar a casa.
- Non está permitido comer nin beber nas aulas nin lugares comúns dentro do edificio da Escola.
- Ademais das operacións xerais de limpeza e desinfección dos elementos usados na aula que indique o profesor/a para cada caso, co uso do mobiliario, utillaxe, ferramenta e maquinaria de uso común deberá haber unha desinfección previa e posterior de mans.
- As aulas/talleres ventilaranse 10 minutos dentro de cada hora de clase.
- Non se usarán os colgadoiros das clases (cada persoa farase cargo da súa roupa nun lugar que nin interfira nin poida ser tocado por outras).
5. Biblioteca
- O uso da Biblioteca pública García Barbón/EMAO, sen prexuízo do cumprimento tamén do aquí contido, rexerase polas súas propias normas e as dictadas polos organismos xerais para este tipo de equipamentos.
Horario:
- Luns de 16:30 a 20:30
- Martes a xoves de 9:00-12:30 e de 16:30-20:30
- Venres de 9:00-12:30 e de 16:30-19:30
- Aforo máximo en sala de lectura 15 persoas
- Aforo máximo en sala Hemeroteca: 25 persoas
- A distancia interpersoal entre usuarios e entre estes e o persoal da biblioteca será canto menos de 1,5 metros.
- Uso obrigatorio da máscara en todo momento.
- Antes e despois de manipular libros, prensa, publicacións periódicas, ordenadores e outros recursos deberanse lavar ou desinfectar as mans.
- Auriculares de audición para os ordenadores: os usuarios/as utilizarán preferentemente os seus propios. Cando por circunstancias especiais deben prestarse os da biblioteca, o persoal previa desinfección das mans cubriraos con film transparente, que se desbotará o cambiará para o seguinte uso polo público.
- Outros obxectos físicos da biblioteca que se intercambien cos usuarios: procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidralcohólicos ou desinfectantes con carácter previo o posterior ao seu uso.
- Seguindo as recomendacións da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria e a Biblioteca Nacional de España redúcese o período de corentena para libros devoltos tras préstamo, a 7 días.
6. Actividades culturais externas
- Por vía da regra as actividades culturais externas realizadas na Hemeroteca restrínxense só aos venres laborables en horario de 18:30 a 21:00. O aforo máximo da Hemeroteca é de 25 persoas (contando público e intervintes).
- Anúlanse as actividades externas no Salón de Actos
- O Espazo EMAO (Sala de exposicións) continuará aberto ao público nos horarios que se establezan para cada exposición, cun aforo máximo simultáneo de 20 persoas. Uso obrigatorio de máscaras e respecto á distancia interpersoal de 1,5 m.
7. Presencia de síntomas durante a estancia na Escola
- Se presenta durante a estancia na Escola síntomas asociados á enfermidade COVID-19 (febre, tos, falta de aire ou dificultade para respirar) comuníqueo de inmediato ao profesor/a e/ou chame ao 986228088 (conserxería da EMAO) e siga as súas instrucións.
15 de set. de 2020
Por un erro informático, anulado o sorteo de asignación de prazas vacantes da EMAO celebrado o 14/09/2020
ANULACIÓN DO SORTEO PRAZAS VACANTES NA EMAO PARA O CURSO 2020-21 POR ERRO INFORMÁTICO E CONVOCATORIA DE NOVO SORTEO.
Damos conta e reproducimos o Decreto de data 15/09/2020 polo que se anula o sorteo -e as listas de admitidos provisionais derivadas del- celebrado o día 14/09/2020 ao detectarse un erro informático que afecta á aleatoriedade do proceso e á igoaldade de todas as persoas pre-inscritas.
O novo sorteo celebrarase o 18/09/2020 ás 11:00 horas na sala de Hemeroteca da Escola. Pedimos disculpas polas molestias e inconvenientes causados por causas alleas á nosa vontade, pero consideramos insoslaiable realizar a repetición do proceso para non danar os intereses da maior parte dos preinscritos.
_____________________________
"O concelleiro delegado de Educación en Decreto de data 02/06/2020 acordou, entre outras cuestións, a modificación da convocatoria do curso 2020-21 no sentido de substituír as probas previstas inicialmente para o acceso aos cursos de iniciación e básicos por un sorteo a celebrar o día 14/09/2020.
O sorteo por un sistema aleatorio informático, de carácter público, celebrouse o día 14/09/2020 ás 12:00 horas na sala da Hemeroteca da EMAO, coa presencia da mesa citada na convocatoria, dun técnico da empresa consultora de informática e dunha persoa que solicitara asistir presencialmente ao mesmo.
Como resultado do sorteo levantouse acta e emitíronse as listas de admisión e agarda nas especialidades nas que existía vacante, que foron publicadas, nese mesmo día, no taboleiro de anuncios da Escola e no apartado [EMAO-Curso 2020-21] da Web municipal.
O día 15/09/2020 detectáronse os seguintes erros, que deben considerarse críticos para as garantías de aleatoriedade e igoaldade do sorteo celebrado:
A) O día 15/09/2020 recíbese informe por correo electrónico da empresa informática consultora da EMAO para a realización do sorteo no que se indica a detección dun erro informático grave na celebración e na emisión das listas que afecta criticamente á necesaria aleatroriedade e igoaldade de tódolos participantes. O citado informe indica:
B) Detéctase así mesmo que se realizou por erro o sorteo para asignar as prazas vacantes dos “Cursos extraordinarios” A e B de Moda e Confección. Segundo a convocatoria, a estes cursos --de un só ano de duración e nos que se esixen coñecementos previos- non se accede por sorteo, senon mediante presentación e valoración de currículum e, se é o caso, proba de acceso. En consecuencia as listas publicadas para o acceso a estes cursos extraordinarios non poden considerarse válidas, debendo depender as listas definitivas da finalización do proceso de valoración das persoas candidatas.
Á vista dos erros detectados, que non son subsanables dadas as características do proceso de sorteo informático realizado, que se materializaron nun resultado discriminatorio para a maior parte das persoas solicitantes ao non poder optar á admisicón coa segunda opción elixida na solicitude,
PROPONSE ao concelleiro delegado de Educación, adoptar a seguinte resolución.
Tomar coñecemento dos erros críticos informados e detectados na realización do sorteo para asignación de vacantes na EMAO para o curso 2020-21, celebrado ás 12:00 horas do día 14/09/2020 na sala da Hemeroteca da EMAO que implicaron que non todas as solicitudes entrasen no sistema aleatorio, producindo un efecto discriminatorio.
En consecuencia, para garantir os intereses de tódalas persoas preinscritas, anular o sorteo celebrado e deixar sen efecto as listas de admitidos e de agarda resultantes do sorteo fallido que foron publicadas o 14/09/2020, así como, se é o caso, a confirmación de matrícula eu en base ás mesmas poidera terse producido.
Celebrar novo sorteo o día 18 de setembro de 2020, ás 11:00 horas, na sala da Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. Terá carácter público -previa cita- e as mesmas normas publicadas para o do día 14 de setembro que se anula.
No novo Sorteo non entrarán as persoas pre-inscritas nos cursos extraordinarios de “Moda e confección”, ao terse previsto na convocatoria o seu acceso por valoración de currículum e, se é o caso, proba de acceso.
Aumentar o prazo de confirmación de matrícula ata o día 22 de setembro.
Notificar ao conxunto das persoas interesadas a presente resolución.
RO/
En Vigo, na data da sinatura dixital
O técnico responsable de Educación de Adultos. Asdo.- Rafael Ojea Pérez
DECRETO
De conformidade co informe-proposta do Técnico responsable de Educación de Adultos de data 15/09/2020 que antecede,
RESOLVO
Tomar coñecemento dos erros críticos informados e detectados na realización do sorteo para asignación de vacantes na EMAO para o curso 2020-21, celebrado ás 12:00 horas do día 14/09/2020 na sala da Hemeroteca da EMAO que implicaron que non todas as solicitudes entrasen no sistema aleatorio, producindo un efecto discriminatorio.
En consecuencia, para garantir os intereses de tódalas persoas preinscritas, anular o sorteo celebrado e deixar sen efecto as listas de admitidos e de agarda resultantes do sorteo fallido que foron publicadas o 14/09/2020, así como, se é o caso, a confirmación de matrícula eu en base ás mesmas poidera terse producido.
Celebrar novo sorteo o día 18 de setembro de 2020, ás 11:00 horas, na sala da Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. Terá carácter público -previa cita- e as mesmas normas publicadas para o do día 14 de setembro que se anula.
No novo Sorteo non entrarán as persoas pre-inscritas nos cursos extraordinarios de “Moda e confección”, ao terse previsto na convocatoria o seu acceso por valoración de currículum e, se é o caso, proba de acceso.
Aumentar o prazo de confirmación de matrícula ata o día 22 de setembro.
Notificar ao conxunto das persoas interesadas a presente resolución.
RO/
Na data da sinatura dixital
O Concelleiro-Delegado de Educación. Asdo.- Gorka Gómez Díaz
Inicio das clases da EMAO o 1 de outubro
A EMAO INFORMA:
Coa finalidade de garantir da mellor maneira as condicións de seguridade e hixiene para o profesorado e alumnado da Escola, a data de inicio das clases do curso 2020-21 cámbiase para o día 1 de outubro. Seguirase o horario publicado para todas as especialidades.
O inicio das clases de Encadernación e Moda e confección adíase ata novo aviso.
O que se lle comunica aos efectos oportunos.