Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Vázquez b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Vázquez b>. Amosar todas as publicacións
20 de xan. de 2020
9 de xul. de 2019
Visita do Club de Lectura dos Mossos d'Esquadra á Escola de Artes e Oficios
Está claro que nestes últimos meses a nosa Escola está de moda. Desde
que o pasado mes de marzo publicásese a novela de Domingo Villar "O
último barco" son moitas as persoas que se achegaron á nosa Escola para
ver de preto os escenarios nos que se desenvolvía unha parte moi
importante da trama.
O venres pasado visitounos un grupo moi especial, o Club de Lectura dos
Mossos de Esquadra, formado por policías, xuíces e operadores xurídicos,
amantes da novela negra.
Aquí tedes algunhas fotos desta visita que resultou moi enriquecedora para todos.
![]() |
| Visita aos obradoiros de CAIM Zanfona e Gaita |
![]() |
| Con Xaime Rivas |
![]() |
| Con Carlos Corral |
![]() |
| Visita á aula de debuxo con Federico Fernández |
![]() |
| Ensaio de Beatriz Martínez e Rodrígo Romaní |
![]() |
| Visita con Rafael Ojea á exposición histórica
"A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo"
|
23 de maio de 2019
16 de maio de 2019
Raku Segundo Nigrán 2019
Este vindeiro luns, 20 de maio, comeza unha nova edición da Semana de Raku segundo Nigrán, este ano
cúmprense 30 anos. Esta actividade é froito da estreita colaboración da
Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e do Obradoiro de Cerámica
Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Participan
alumnos e ex alumnos de ambas escolas e poden asistir como público todas
as persoas interesadas nesta milenaria técnica.
17 de xan. de 2019
Miguel Vázquez no Museu do Càntir de Argentona: Transversalitats en Ceràmica Contemporània
Esta mañá o xornal local Atlántico publica a noticia da que nos faciamos
eco hai uns días, o noso profesor de cerámica artística, Miguel Vázquez, é uns dos seis españois de fóra de Cataluña que terá unha das
súas obras na exposición "Transversalitats en Ceràmica Contemporània" que se exhibe no Museu do Càntir de Argentona.
Esta exposición quere ser unha mostra do que será o futuro espazo de cerámica contemporánea do museo de Argentona, dando así resposta á falta dun equipamento dedicado á produción actual da arte cerámico no noso país, onde os museos monográficos están dedicados de forma exclusiva á cerámica histórica ou tradicional. Unha mostra na que participan sen dúbida dalgúns dos mellores autores do mundo no amplo panorama da cerámica contemporánea.
Sería bo lembrar que o noso mestre de cerámica, Miguel Vázquez, pertence
desde hai moitos anos á Academia Internacional de Cerámica na que están
tamén outros tres galegos: Elena Colmeiro, Xabier Toubes e Emilia Guimeráns.
Felicidades Miguel!!!
14 de xan. de 2019
"Transversalitats en Ceràmica Contemporània" Exposición Temática no Museu del Càntir de Argentona
![]() |
| Sen Título 2000 (53x80x36 cm). Arxila, óxidos metálicos e Plástico |
O pasado día 13 de xaneiro inaugurouse no Museu do Càntir de Argentona a exposición Transversalidades en Cerámica Contemporánea, comisariada por Joan Serra e Mia Llauder.
Esta exposición quere ser unha mostra do que será o futuro espazo de cerámica contemporánea do museo de Argentona, dando así resposta á falta dun equipamento dedicado á produción actual da arte cerámico
no noso país, onde os museos monográficos están dedicados de forma
exclusiva á cerámica histórica ou tradicional.
A orixe desta colección hai que buscalo nas exposicións feitas desde
1994 durante a feira de cerámica e as obras que foron doadas ao Museu do Càntir de Argentona
durante o congreso da Academia Internacional de Cerámica celebrado en Barcelona en 2016. A diversidade xeográfica é ampla, como o evidencia o
feito de que participan un total de 83 autores de todo o mundo. Entre eles está o noso
profesor de cerámica artística, Miguel Vázquez. Parabéns!!!
28 de maio de 2018
24 de maio de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









































