Amosando publicacións coa etiqueta Creatividad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creatividad. Amosar todas as publicacións

18 de xan. de 2019

2019: O Centenario da Bauhaus


Este curso a exposición temática que va a preparar o alumnado das diferentes especialidades versará sobre a Bauhaus, a escola de artes e deseño alemá, que este ano festexa o primeiro centenario. 
Na biblioteca podedes encontrar bibliografía sobre esta Escola que en poucos anos converteuse en todo un referente internacional da arquitectura, a arte e o deseño.

La pedagogía de la Bauhaus / Rainer Wick; versión de Belén Bas Álvarez.-- Madrid : Alianza Editorial, D.L.2007. ISBN 978-84-206-7156-7

Cursos de la Bauhaus / Wassily Kandinsky.-- Madrid: Alianza Editorial, 2007. ISBN 978-84-206-7011-9

Bauhaus / edición, Jeannine Fiedler, Peter Feierabend ; textos, Ute Ackermann ... [et al.].--
Potsdam : h.f. ullmann, cop. 2006. ISBN 978-3-8331-4347-2

Bauhaus : 1919-1933 / Magdalena Droste.-- Hong Kong, Köln, Madrid, etc. : Taschen, cop.2006. ISBN 978-3-8228-5000-8

Ademais de bibliografía sobre algúns dos seus máis destacados representantes: Wassily Kandinsky, Paul Klee, Ludwig Mies van der Rohe...

Catálogo Web da Exposición "Proxectos 2018"


Xa temos o catálogo web da exposición Proxectos 2018. Nesta exposición, producida integramente pola EMAO, presentáronse algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que cursaron o nivel avanzado no ano académico 2017-2018.
Parabéns a todos os participantes!!!

20 de out. de 2018

Imaxes da Inauguración de Exposición "Proxectos 2018"


Lémbrovos que nesta ocasión e debido a problemas de espazo, habilitouse tamén unha zona de exposición no hall de entrada da Escola. Alí están expostas as obras da especialidade de pintura. Anímovos a visitala!

17 de out. de 2018

Exposición "Proxectos de Fin de Estudos EMAO 2018" no Espazo EMAO

Cartel de Federico Fernández


Exposición na EMAO
“PROXECTOS DE FIN DE ESTUDOS EMAO 2018"
Inauguración o 19 de outubro ás 19:00


Dentro do Plan de Estudos da Escola de Artes e Oficios de Vigo inclúese, para o alumnado que remata os seus estudos nas distintas especialidades, a opción de cursar un Nivel Avanzado. Neste nivel educativo desenvolve, durante un ano, un proxecto de carácter persoal no que plasma as aprendizaxes e competenciastécnicas e artísticas do seu paso pola especialidade cursada na Escola.

Este proxecto individual -seleccionado previamente polo seu mestre/a, e dirixido por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime presencial en taller- pode ter un carácter investigador, creador, de emprendemento empresarial ou laboral, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais...

Na presente exposición, producida integramente pola EMAO, presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que cursaron o nivel avanzado no ano académico 2017-2018. Un ano no que materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os productos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos. En todos eles plásmanse materialmente os obxectivos de excelencia técnica e creatividade que figuran como base do proxecto formativo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

FICHA DA EXPOSICIÓN
Proxectos de fin de estudos 2018

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 19 de outubro ao 5 de decembro de 2018 (agosto pechado). Inauguración 19 de outubro ás 19:00 horas
Horarios: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Comisariado: Federico Fernández e Emma Pintos, mestres de Debuxo artístico e de Moda da EMAO
Especialidades participantes: Serigrafía artística, Debuxo artístico, Pintura, Artesanía en Coiro, Moda e confección, Cerámica artística, Talla e escultura en madeira.
Cartel: Federico Fernández mestre de debuxo da EMAO
Produción e montaxe: Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

10 de nov. de 2015

Primeiras Imaxes da Montaxe da Nova Exposición no Espazo Emao

 

Este venres, 13 de novembro, inauguración no Espazo Emao da exposición Proxectos 2015. Nesta exposición, producida integramente pola EMAO, se presentan algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2013-2014 e que, ao longo do curso seguinte, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Este proxecto individual -seleccionado previamente polo seu mestre/a, e supervisado por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime de titoría- pode ter un carácter investigador, creador, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais...

Lugar: Espazo EMAO, edificio da Escola, entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro  
Datas: do 13 de novembro ao 31 de decembro de 201
Inauguración: 13 de novembro ás 19:00 horas  
Horario de apertura: de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas

24 de set. de 2015

Acción Vírica Uno: Cine sobre Cerámica na EMAO



Aquí tedes o film "Acción Vírica Uno" que foi rodada na nosa Escola no ano 2005, no obradoiro de cerámica artística, baixo os auspicios do mestre da especialidade, Miguel Vázquez, na que participaron os alumnos.

Sinopsis:
Un grupo de estudantes de cerámica organizan unha procesión, coa que tratan de representar as relacións entre a cerámica e a vida diaria. A acción comeza nunha galletera - Falo, xeradora dun fluído, o barro; en cuxo tránsito busca alcanzar o horno-utero. Trátase noutras palabras dunha aproximación da linguaxe da vida e a cerámica: A fecundación como acción vírica.
Festivais nos que participou:
Mostra de cine sobre cerámica, 2005 Argentona (Barcelona)
5TH International Film Festival on clay and glass, 2006 Montpellier
Clay Art Film festival , Ceramic Beinnale, 2009 Korea
Premios conseguidos:
Finalista en 5TH International Film Festival on clay and glass, 2006 Montpellier
Finalista en 1ª Mostra Internacional de Cine Cerámico MICICE, 2011 Castellón

Director: Miguel Vázquez Pérez
Productor: Miguel Vázquez Pérez – Jesús Pérez Seone
Intérpretes: Alumnos de cerámica de la EMAO - Vigo
Guión: Miguel Vázquez Pérez
Director de fotografía: Jesús Pérez Seone – José Jato Darriba
Montaxe: Jesús Pérez Seone – José Jato Darriba
Música: Luis Pena Morandeira
Son: Luis Pena Morandeira
Dirección Artística: José Fernández Pérez

8 de set. de 2015

Últimos Días para Visitar a Exposición "O Feo" no Espazo Emao



Recórdovos que ata o 26 de setembro pódese visitar no Espazo Emao a exposición "O Feo". Non vola perdades
Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto --proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres. 
Sobre a idea xeradora de “O Feo” agromaron os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de creacións desenvolvidas coa participación do alumnado dos talleres a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida por toda a clase. 
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

29 de xuño de 2015

Imaxes da Inauguración da Exposición "O Feo" no Espazo EMAO



O venres pasado, 26 de xuño, inagurouse a exposición "O Feo" no Espazo Emao coa asistencia de númeroso público, presentaron a exposición o director da EMAO, Rafael Ojea, as comisarias, Rosa García e Paula Mariño e a Presidenta da Xunta Reitora e Concelleira de Educación, Olga Alonso Súarez. 
Idea, producción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios. Profesorado e alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo, Talla e escultura en madeira, Serigrafía, Cerámica, Moda e confección, Luthería antiga, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía do Coiro.
As datas e horario para visitar a exposición son as seguintes:
Datas: 26 de xuño a 26 de setembro de 2015 (agosto pechada)
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas 
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)

25 de xuño de 2015

Imaxes da Montaxe da Exposición "O Feo" no Espazo Emao

Mañá, 26 de xuño ás 19:00,  inaugurase a exposición "O Feo" no Espazo Emao. Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto -proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
Sobre a idea xeradora de “O Feo” agromaron os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de creacións desenvolvidas coa participación do alumnado dos talleres a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida por toda a clase. 
Aqui tedes algunhas imaxes dos traballos da montaxe desta singular exposición...

24 de xuño de 2015

O Proxecto "Crebas, Ver Onde Outros Só Miran" no Programa Educathyssen

O pasado día 21 de xuño no Museo Thyssen presentáronse distintos proxectos educativos enmarcados dentro do programa Educathyssen, realizados por docentes que traballan en diversos centros educativos de toda España. Os alumnos/as de escultura e talla en madeira da EMAO estiveron representados polo relatorio que presentou a profesora da especialidade, Rosa Garcia, sobre un proxecto realizado na aula e titulado "Crebas: ver onde outros só miran". Un proxecto traballado desde a indagación e transversalidad de contidos.