Amosando publicacións coa etiqueta Concertos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concertos. Amosar todas as publicacións

25 de nov. de 2019

Imaxes das Actividades na Hemeroteca do Venres 22 de Novembro

Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no primeiro concerto do Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no ensaio previo á súa actuación

Presentación do Poemario "Lobo Come Lobo" de Rafael López Vilas 


22 de nov. de 2019

Comeza o Super Bock Under Fest 2019 con Gruff Rhys na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios



2ª edición do  Super Bock Under Fest un evento musical con numerosas actuacións repartidas por distintos espazos da cidade. O programa de hoxe contempla dez concertos en nove lugares. Comeza na nosa biblioteca coa actuación de Gruff Rhys a partir das 18.00 horas. O músico galés, líder do grupo Super Furry Animals, chega a Vigo co seu novo álbum Pang!

21 de out. de 2013

O Cuarteto Bretón no Auditorio NovacaixaGalicia


Mañá martes, 22 de outubro ás 20.15,  
no Auditorio Novacaixagalicia de Vigo
 interpretando o seguinte programa:
Guridi: Cuarteto nº 2 na m
Beethoven: Cuarteto op. 59 nº 2 Razumowski

8 de xuño de 2013

Concerto da arpista Alba Barreiro na Hemeroteca da EMAO

Este pasado xoves tivo lugar un extraordinario concerto de arpa clásica a cargo de Alba Barreiro. Coa nosa hemeroteca completamente chea, iniciouse, trala presentación por parte do director da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad),  cunha delicadísima e emocionante peza de Ton-That Tiêt, maxistralmente interpretada. ¡Que gusto escoitar esta música entre os vellos anaqueis da nosa Biblioteca!: a calidez nas notas afúndese cos tons do mobiliario e das gastadas encadernacións de libros e revistas históricas, conformando un escenario único no que disfrutar da boa música. Unha música criada, ademais, dentro dos mesmos muros da nosa Escola, na aula de arpa céltica, baixo o maxisterio de Rodrigo Romaní.





5 de xuño de 2013

Concerto de Arpa Clásica da arpista Alba Barreiro na Biblioteca da EMAO

 
Mañá, 6 de xuño ás 20:30 h, na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios, teremos o pracer de escoitar a unha novísima e espectacular arpista galega: Alba Barreiro. Antiga alumna da E-TRAD e excompoñente da orquestra folk Sondeseu. Interpretará obras de Ton-That Tiêt, P.I. Tchaikovsky, J.S. Bach e M.Tournier

31 de out. de 2012

Concerto no Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia


Próximo martes 6 de novembro no Auditorio Centro Cultural Novacaixagalicia, concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Vigo: Quinteto de Corda e Piano, Cuarteto Niemen e Alina Pociute.
Entrada por Marqués de Valladares, ás 20.15

26 de out. de 2012

Encontro de Corais, Outono do 2012

Encontro de Corais, outono 2012, organizado pola Coral Polifónica URECA, no auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo (entrada pola rúa Marqués de Valadares), mañá, sábado 27 de outubro do 2012, as 18 h. (Entrada gratuita ata completar o aforo).

11 de xuño de 2012

CONCERTO DO DEPARTAMENTO DE MÚSICA ANTIGA DO "CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA DE PONTEVEDRA" NO AUDITORIO DA EMAO


O vindeiro venres 15 de xuño, ás 20,30 horas, terá lugar no Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, un concerto a cargo do Departamento de Música Antiga do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.
Esta actuación forma parte das actividades de colaboración que desde hai anos mantén ese Centro de ensino coa EMAO, especialmente co obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM-Luthería antiga).
Unha estupenda oportunidade para escoitar, en directo, música dos séculos XVI, XVII e XVIII, interpretada cos seus instrumentos orixinais: viola de gamba, teorba, guitarra barroca, frauta de bico…
A entrada é libre ata completar o aforo


8 de xuño de 2012

A ASOCIACIÓN XISTRA REUNE EN VIGO GAITEIROS DE TODA EUROPA

Os gaiteiros na hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo

Gaiteiros da Bretaña, Suabia (Alemaña), Rumanía, Cerdeña, Languedoc, Baleares e Croacia participan entre hoxe xoves 7 e o domingo 10 de xuño no evento "Galicia nas Terras da Gaita", coa que a Asociación Gaiteiros da Xistra conmemora 30 anos de existencia da entidade. As xornadas desenvolveranse en colexios, conservatorios, escolas de música e asociacións, pero un dos puntos fortes será o festival que se celebrará o sábado en Vigo, onde participarán os grupos internacionais convidados. Programa

Butnaru Aurelian, gaiteiro rumano na visita hoxe á EMAO
Despois dunha recepción por parte da dirección da EMAO, en representación do Alcalde e da Presidenta do Organismo Autónomo, esta delegación internacional, visitou os obradoiros de CAIM (Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais) Gaita, Zanfona e Luthería antiga, e as aulas da e-Trad, no centenario edificio da nosa Escola. Aquí recibiron as explicacións dos mestres das dúas Escolas, e interesáronse vivamente polos procesos e métodos de aprendizaxe artesano e musical que se desenvolven nas nosas instalacións, quedando moi solprendidos polo nivel acadado.
No obradoiro de Gaita e Zanfona poidemos escoitar os sons antigos dun gaiteiro popular rumano que encheu de autenticidade e tradición os muros da EMAO. Na biblioteca, antes de despedirnos desta agradable visita, posou para nós coa vella gaita fabricada por el mesmo.
Máis información...

22 de maio de 2012

CONCERTOS DE MÚSICA CLÁSICA ORGANIZADOS POLA SOCIEDADE FILARMÓNICA VIGUESA


Hoxe, 22 de maio, ás 20.15, concerto en Novacaixagalicia, organizado pola Sociedad Filarmónica de Vigo, será a cargo do dúo Dinca-Socias, violín e guitarra, un duo pouco usual que ofrece o seguinte programa: 

Sarasate:……. Malagueña y Romanza Andaluza 
Joaquín Nin:...  Suite Española, Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza 
Falla:………..   Siete Canciones Populares Españolas 
Rodrigo:…….  Serenata al alba del día 
Ravel:……….   Pieza en forma de habanera 
Ibert:…………  Ent´acte 
Poulenc:……..  Mouvements perpetuels 
Piazzola:…….  Historia del tango