Amosando publicacións coa etiqueta Galicia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia b>. Amosar todas as publicacións
3 de mar. de 2020
11 de feb. de 2020
Debate "É Necesaria unha Universidade Privada en Galicia?"
Esta tarde na nosa hemeroteca ás 19:30 o Ateneo Atlántico
organiza un debate sobre sobre a necesidade dunha universidade privada
en Galicia e para iso vai recibir ao Reitor da Uvigo Manuel Joaquín Reigosa Roger. O
acto será presentado por Luís Otero.
Entrada libre ata completar aforo
2 de maio de 2019
23 de xan. de 2019
16 de maio de 2018
Día das Letras Galegas 2018
O Día das Letras Galegas 2018 está adicado a María Victoriz Moreno, esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas.
É a cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e
María Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración.
Programación Letras Galegas 2018 da Xunta de Galicia. Formato PDF. 4 MB
9 de maio de 2018
Imaxes da 1ª Xornada de Prehistoria de Galicia
Onte tivemos na nosa hemeroteca a primeira conferencia das Xornadas de Prehistoria de Galicia organizadas por Marea de Vigo. "Os primeiros poboadores de Galicia" polo arqueólogo Eduardo Méndez Quintas.
4 de maio de 2018
Xornadas de Prehistoria de Galicia os Días 8 e 10 de Maio na Hemeroteca

Aquí tedes o cartel das Xornadas de Prehistoria de Galicia. Un roteiro e dúas conferencias
a cargo de especialistas na materia para achegarnos ás orixes e á
riqueza arqueolóxica da nosa contorna. Organiza Marea de Vigo. As conferencias serán os días 8 e 10 de maio na nosa hemeroteca.
- 8 de maio ás 20:00 "Os primeiros poboadores de Galicia" polo arqueólogo Eduardo Méndez Quintas.
- 10 de maio ás 20:00 "Os monumentos megalíticos de Galicia" polo historiador Xosé Lois Vilar.
18 de maio de 2017
Día Internacional dos Museos 2017
Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia propoñen unha completa e diversa programación de actividades para convidar a todos os galegos e as galegas a celebrar o Día Internacional dos Museos, o 18 de maio, que este ano se presenta baixo o lema Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos.
A programación conmemorativa do Día dos Museos pódese consultar para cada un dos centros na Axenda de Cultura https://www.cultura.gal/gl/axenda. Tamén se ofrece información específica das principais actividades no enlace https://www.cultura.gal/gl/ciclo/2010.
As actividades serán gratuítas para os asistentes.
12 de maio de 2017
XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”
O Concello de FENE convoca a XXI edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2017. Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Premios Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes das 23.59 horas do vindeiro 30 de maio de 2017 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7x42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados. Os Curuxa do Humor 2017 establecen novamente dúas categorías, unha para maiores de 25 anos (Curuxa) e outra para menores desa idade (Curuxa Nova).
Máis información e en www.fenecidadan.net
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/16/2017_0000001264.pdf
2 de maio de 2017
Xornadas dos Oficios do Coiro en Allariz do 3 ao 7 de Maio de 2017
Mañá, 3 de maio comezan as Xornadas dos Oficios do Coiro que se celebrarán en Allariz ata o venres, 7 de maio. A estrutura das xornadas é semellante a das catro edicións anteriores, con catro obradoiros centrais dirixidos por expertos e que se desenvolverán na sala de exposicións "A Fábrica". Estes serán: Modelado en húmido, a cargo de Michael Nadeau (Madrid); Recuperando restos, por José Bernardo Sappia (Méjico); Intervención colectiva, a cargo de Nelson Callejas (Pontevedra), e "Cuir Bouilli", que dirixirá José Villar (Silleda).
10 de abr. de 2017
XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas
Dende 1981, cada Semana Santa, celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia. Este evento acadou dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos "Encaixes de Camariñas", non só no enxoval doméstico, así como a súa inclusión definitiva no sector da moda. A vigesimoséptima edición da Mostra de Camariñas contará con máis de cincuenta stands divididos en artesanía, encaixe e turismo e contará coa presenza de 17 países. A principal novidade será a presenza por primeira vez de Xapón, o que supón a participación da diseñadora nipona, Noriko Hashizume, no desfile de modelos.
A presente edición da "Mostra do Encaixe" celebrarase en Camariñas do 12 ao 16 de abril de 2017.
1 de mar. de 2017
Convocado o X Premio Internacional Compostela ao Mellor Albúm Ilustrado
O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o X Premio Internacional Compostela dotado con 9.000 euros ao mellor álbum ilustrado
O prazo de recepción de traballos remata o 12 de maio e o fallo do xurado coñecerase a última quincena de xuño.
Ao X Premio Internacional Compostela poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).
Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).
17 de feb. de 2017
Convocados os Curuxa do Humor 2017
O Boletín Oficial da Provincia publica as bases dos premios Curuxa do Humor 2017 convocados polo Concello de Fene para galardoar as mellores obras de humor gráfico do Estado. Cunha dotación total de 5.000 euros, os Curuxa do Humor contan de novo con dous apartados, os Curuxa para maiores de 25 anos e os Curuxa-Nova para autores e autoras menores desa idade. En calquera caso os traballos deben presentarse no rexistro municipal antes das 23.59 h. do día 30 de maio.
15 de feb. de 2017
Convocatoria Concurso Carteis para "Festa da Istoria" de Ribadavia
A obra deberá incluír o seguinte texto:
FESTA DA ISTORIA
RIBADAVIA
25 e 26 DE AGOSTO DE 2017
Declarada de Interese Turístico Nacional
www.festadaistoria.com
- Premio: 500€ o cartel gañador e dous accésits de 100€ c/u
- Data límite de entrega: 11 de maio de 2017
- Fallo do Xurado: 22 de maio de 2017
13 de xan. de 2017
XXII Mostra ArtXove, Pontedeume 8 a 23 de Abril de 2017
O Concello de Pontedeume convoca a XXII Mostra ArtXove, destinada ó espallamento e potenciación das artes plásticas de acordo a unhas bases. Poderán participar nesta mostra tódolos artistas da Comunidade Autónoma de Galicia, naturais ou residentes. A idade dos participantes estará comprendida entre 18 e 35 anos. Poderase concorrer nas modalidades de escultura, pintura e fotografía.
As obras e documentación para a elaboración do catálogo deberán ser enviadas antes do Luns, 20 de febreiro de 2017. Para máis información chamar ao teléfono da Biblioteca Municipal de Pontedeume: 981432598
Basesxove2016.Pdf
22 de xuño de 2016
V Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia en Agolada (Pontevedra)
O Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, Corazón de Artesanía, organízase no conxunto histórico-artístico de Os Pendellos,
en Agolada (Pontevedra), durante o primeiro fin de semana (8, 9 e 10) do mes de
xullo.
Corazón de Artesanía constitúe un escaparate dos oficios artesanales tradicionais que se desenvolven en Galicia, entre os que se atopan xoiaría, orfebrería, alfarería, elaboración de instrumentos musicais, textil, madeira, cestería, marroquinería, tecería ou elaboración de redes ou zocos.
Corazón de Artesanía constitúe un escaparate dos oficios artesanales tradicionais que se desenvolven en Galicia, entre os que se atopan xoiaría, orfebrería, alfarería, elaboración de instrumentos musicais, textil, madeira, cestería, marroquinería, tecería ou elaboración de redes ou zocos.
4 de xuño de 2016
III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas "Xestión de Documentos Singulares" 3 de Xuño de 2016
![]() |
| Rosa Lamas, Mª José Rucio, Ana Cabanes e Mª del Pilar Martínez |
Onte, 3 de xuño de 2016 tivo lugar en Ribadavia (Ourense) no Museo Etnolóxico, organizada pola Biblioteca do Museo, a III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas, este ano co título: "Xestión de documentos singulares".
Coleccións e documentos singulares, especiais, distintivos, únicos son a chave do futuro das bibliotecas e en particular das especializadas e de investigación. A facilidade de acceso a obras a través dos catálogos colectivos e compartidos, está dando máis valor a documentos únicos e singulares, que até o de agora estaban invisibilizados e ocultos.
Pola mañá o tema a debate foi "Cómo se están a xestionar os documentos singulares nas bibliotecas?"
As conferenciantes foron Mª Pilar Martínez, Directora da Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC, Ana Cabanes, Xefa de Biblioteca e Documentación do Museo do Ferrocarril de Madrid e Mª José Rucio, Xefa de Servizo de Manuscritos e Incunables da Biblioteca Nacional de España.
Pola tarde o tema foi "coleccións e documentos singulares nas bibliotecas especializadas de Galicia: experiencias"
As poñentes foron Mª Isabel Almuiña da Biblioteca da Deputación de Ourense, Mª Pilar Vilaboy da Fundación Penzol, Ana Barbazán, bibliotecaria do Museo de Pontevedra e Milagros García da Biblioteca de Estudos Locais (A Coruña).
As poñentes foron Mª Isabel Almuiña da Biblioteca da Deputación de Ourense, Mª Pilar Vilaboy da Fundación Penzol, Ana Barbazán, bibliotecaria do Museo de Pontevedra e Milagros García da Biblioteca de Estudos Locais (A Coruña).
![]() |
| Mª Isabel Almuiña |
![]() |
| Mª Pilar Vilaboy |
![]() |
| Milagros García |
![]() |
| Ana Barbazán |
![]() |
| Mesa debate da tarde |
Desde aquí agradecer a Rosa Lamas, bibliotecaria do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que organiza e coordina maravillosamente estas Xornadas e a todas as bibliotecarias interviñentes por compartir con todos as súas experiencias e coñecementos. Grazas de novo!!!
24 de maio de 2016
Conferencia "Os Coros Galegos no Idearium das Irmandades da Fala. O Caso de Cántigas da Terra" na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios
![]() |
| Foto de Fernando Collazo |
O próximo xoves, 26 de Maio ás 19:30 h na nosa hemeroteca, o Colectivo Pertenza dentro do Ciclo “Arte e sociedade: o compromiso artístico” convídavos a esta 2ª conferencia baixo o título de "Os Coros Galegos no idearium das Irmandades da Fala. O caso de Cántigas da Terra"
A conferencia será desenvolvida polo musicólogo Ramón Rodríguez Palleiro coñecido artísticamente como "Moncho do Orzán” e presentada polo coñecido músico Alejo Amoedo, membro do Colectivo Pertenza.
27 de abr. de 2016
Xornadas dos Oficios do Coiro, do 4 ao 8 de Maio 2016
Aquí tedes o programa das Xornadas dos Oficios do Coiro de Allariz (Ourense) que van ter lugar entre os días 4 ao 8 de maio deste ano. Artesáns e artistas do coiro de Galicia e do resto do Estado
participarán nos obradoiros deseñados para poñer en valor os oficios de
transformación centrados, nesta edición, nas técnicas decorativas ou
artísticas.
7 de abr. de 2016
XX Edición do Premio Humor Gráfico "Curuxa do Humor 2016"
O Concello de FENE convoca a XX edición do premio de humor gráfico “Curuxa do Humor 2016”
Categorías:
- Na categoría Curuxa, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
- Na categoría Curuxa-Nova, calquera persoa de ata 25 anos residente no Estado español.
- Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.
Temática:
Nas dúas categorías, temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Nas dúas categorías, temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.
Características do debuxo:
- As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
- Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
- A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
- Non se admitirán fotocopias nin gravados.
Prazo: O prazo para presentar debuxos está aberto ata as 14:00 h do día 30 de maio de 2016.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























