02/05/2017

Xornadas dos Oficios do Coiro en Allariz do 3 ao 7 de Maio de 2017



Mañá, 3 de maio comezan as Xornadas dos Oficios do Coiro que se celebrarán en Allariz ata o venres, 7 de maio. A estrutura das xornadas é semellante a das catro edicións anteriores, con catro obradoiros centrais dirixidos por expertos e que se desenvolverán na sala de exposicións "A Fábrica". Estes serán: Modelado en húmido, a cargo de Michael Nadeau (Madrid); Recuperando restos, por José Bernardo Sappia (Méjico); Intervención colectiva, a cargo de Nelson Callejas (Pontevedra), e "Cuir Bouilli", que dirixirá José Villar (Silleda).

Ningún comentario:

Publicar un comentario