Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións

4 de feb. de 2020

Presentación do libro "Enteiramente Pintado" sobre o Legado de Berta Cáccamo


A pintora Berta Caccamo (Vigo, 1963-2018), profesora de Belas Artes e integrante do colectivo Atlántico, foi unha das figuras da pintura contemporanea galega. Neste acto, "Enteiramente Pintado" non só se fará a presentación do libro homónimo por Juan de Nieves, comisario da exposición que se fixo o ano pasado, se non que se fará tamén un percorrido vital da artista e unha homenaxe á súa memoria. 
Interviran o seu irmán, Xosé Cáccamo, que abordará a orixe do seu legado, e que nos leerá o seu sentido poema "Berta"; e o crítico de arte Carlos Bernárdez, que se ocupou de escribir sobre a obra da pintora desde un punto de vista analítico

10 de dec. de 2019

Presentación do libro "María Vinyals. A Muller do Porvir" de Diego Piay Augusto


Diego Piay Augusto presentará mañá, 11 de decembro ás 20:00 h, na nosa biblioteca a obra, “María Vinyals. A muller do porvir, un ensaio publicado por Alvarellos Editora, en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra. Nela fai un percorrido pola historia vital e familiar da coñecida como a “marquesa vermella” ao abrigo do Castelo de Soutomaior.

25 de nov. de 2019

Presentación da Edición Facsimilar de "A Baía de Vigo" na Hemeroteca

Foto publicada na Voz de Galicia

Mañá martes, 26 de novembro ás 19:30, a Sociedade Julio Verne presentan a edición facsimilar do capítulo "A Baía de Vigo" de «20.000 leguas de viaxe submarina» que cumple 150 años.
A edición facsimilar ocupa dez páxinas e contén tres espectaculares ilustracións, realizadas por Alphonse de Neuville, un dos máis grandes debuxantes da súa época. O primeiro gravado é un mapa con todo o percorrido do Nautilus polos mares do mundo, incluíndo por suposto a escala en Vigo. No segundo, vemos os galeóns da prata en chamas na ría viguesa, en plena batalla de Rande en 1702. O terceiro gravado móstranos aos mergulladores do capitán Nemo rescatando os tesouros mergullados.

Imaxes das Actividades na Hemeroteca do Venres 22 de Novembro

Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no primeiro concerto do Super Bock Under Fest 2019

Gruff Rhys no ensaio previo á súa actuación

Presentación do Poemario "Lobo Come Lobo" de Rafael López Vilas 


13 de nov. de 2019

Actividades na Hemeroteca do 14 ao 15 de novembro

A Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acolle, o 14 de novembro de 9:00 a 14:00 h. o Seminario dedicado ás figuras de Antonio Barreiro e Ramos e dos irmáns Maximino e Claudio García. Nel participan Leonardo Guedes Marrero e Alejandra Torres Torres da Universidade da República de Montevideo e Carmen Luna Sellés da Universidade de Vigo. A actividade é organizada polo grupo de investigación ELICÍN e o Programa de Doutoramento Interuniversitario Estudos Literarios. A entrada é gratuíta e non se necesita reserva. 





Tamén o 14 de novembro ás 19:30 temos a conferencia  "O quecemento global: técnicas de estudo e predición” por Gianluca Mariño ( UVI). O Panel Intergobernamental do Cambio Climático ( IPCC) das Nacións Unidas reúnese periodicamente co propósito de establecer como cambia o clima como consecuencia das enormes cantidades de CO2 coas que estamos a contaminar a atmosfera.
Uns dos temas clave é canto aumentará a temperatura ao longo do próximo século. A precisión destes cálculos depende da “sensibilidade climática”, é dicir, de canto aumentará a temperatura cando se duplique a concentración de CO2 atmosférico con respecto aos seus niveis preindustriales. Noutras palabras, de como de sensible é (e vai ser) o clima ao incremento de CO2 atmosférico.
Esta charla introducirá o concepto de sensibilidade climática e expoñerá uns exemplos nos que se mostra como se pode chegar a acoutar a sensibilidade climática a partir da información que nos proporciona o rexistro xeolóxico. 




O 15 de novembro ás 20:00 h presentación na EMAO do libro de Manuel Bragado «Vigo, puro milagre», unha escolma do milleiro de crónicas de Campo de Granada. Co prólogo de Ledicia Costas e epilogado por Pedro Feijoo.

28 de out. de 2019

Presentación do libro "Castelao. Construtor da Nación" de Miguel Anxo Seixas


Martes 29 de outubro ás 20:00 na nosa hemeroteca, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I de Miguel Anxo Seixas. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada, presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
Miguel Anxo Seoane Seixas é un historiador galego que naceu en Arzúa en 1960. Licenciouse en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela entre 1979 e 1984.  Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago” (1990), “Ánxel Casal” (1995), “Castelao pintor” (2006, Galaxia) e “Quen fora pedra” (2017).  Ademais participou en numerosas obras colectivas como “Celso Emilio Ferreiro” (1989), “Para ler a Castelao I e II” (2000, Galaxia) e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación” (2016).  “Castelao. Construtor da nación” é o primeiro dos tres volumes que abordan, dunha maneira definitiva, a vida e a obra do autor rianxeiro.

16 de maio de 2019

Actividades na Hemeroteca para a Semana do 20 ao 24 de Maio

  • Mércores 22 de maio ás 19:45, presentación do poemario de Esther González Sánchez "El amor aún sabe dónde vivo"





  • Xoves 23 de maio ás 19:00, presentación de IndiGenias, un proxecto autoxestionado que busca resgardar oficios, técnicas deseños ancestrais dos pobos indíxenas de Latinomérica por medio da investigación, difusión e comercialización dos seus traballos baixo criterios de comercio xusto. Nas charlas de arte téxtil explícanse os procesos de elaboración das pezas, como se expresa a identidade cultural nos téxtiles, a relación que as bordadoras e tejedoras teñen coa súa comunidade, o espazo que habitan e a natureza, así mesmo faise unha revisión iconografica dos traxes tradicionais das comunidades situadas no lago Atitlán.  



23 de abr. de 2019

23 de Abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor


A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Caravel Andrés, propoñéndoa á Cámara Oficial do Libro de Barcelona en 1923 e aprobada polo rei Alfonso XIII de España en 1926. O  7 de outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro e, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro, onde este día coincide con Sant Jordi.
En 1955 o Día do Libro convértese nunha Festa Mundial, proposta pola Unión Internacional de Editores (UTE) e presentada polo goberno á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura(UNESCO). En 1995 apróbase ao fin proclamar o 23 de abril de cada ano como "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor"

(Fonte: Axenda de Cultura de Galicia) 

13 de abr. de 2019

Entrevista a Domingo Villar en "Hoxe con Manquiña"


Este domingo na TVG, ás 00:10, no programa Hoxe con Manquiña emitirase a entrevista a Domingo Villar, o autor do "O último barco" que ten a nosa Escola de Artes e Oficios como un dos escenarios nos que se desenvolve esta novela policiaca. 
Non volo podedes perder!!! 
Entrevista

2 de abr. de 2019

Escola de Artes e Oficios, Unha Historia de Novela



Este domingo Faro de Vigo, no suplemento dominical Estela, publicou un artigo titulado "Escola de Artes e Oficios, unha historia de novela", no que se fai un repaso ao proceso de creación da nosa Escola hai 133 anos, o que a converte nunha das institucións máis antigas da cidade. Ao que se engade a reportaxe "Unha homenaxe a todos os que fan as cousas co calma" tal e como sinalaba Domingo Villar na presentación do seu libro "O último barco". Novela donde ten gran protagonismo a Escola, algúns dos seus mestres e das súas aulas, espazos polos que discorre a trama da novela.

5 de mar. de 2019

Presentación do libro "O Último Barco" de Domingo Villar, Xoves 7 de Marzo no Salón de Actos


Este xoves, 7 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos da Escola, presentación da novela "O último barco" de Domingo Villar .
A nosa Escola de Artes e Oficios é un dos escenarios nos que se desenvolve esta novela policiaca que segundo o autor "... É un dos lugares dos que os vigueses deberiamos estar máis orgullosos e, con todo, para a maioría non é máis que un edificio silencioso. Sinto que a miña obrigación ao escribir é tamén facer de altofalante e lembrar que temos na cidade unha xoia como esta"

27 de feb. de 2019