Amosando publicacións coa etiqueta Domingo Villar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Domingo Villar. Amosar todas as publicacións

17 de mar. de 2020

O Roteiro "O Último Barco" Visita a Escola Municipal de Artes e Oficios

Parece que pasou máis tempo, pero hoxe hai una semana que recibimos na escola a visita dun total de 100 alumnos divididos en varias quendas, provenientes dos seguintes institutos:   
IES 1º de Marzo de Baiona; IES Xoán Montes de Lugo, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, IES do Camiño (Palas de Rei), IES Monterroso e IES Daviña Rei (Monforte de Lemos).  
Esta visita era a primeira dun proxecto que puxeron en marcha a editorial Galaxia e o Concello de Moaña, trátase do roteiro "O último barco" no que uns 800 alumnos de toda Galicia recorreran os escenarios da novela de Domingo Villar: a cidade de Vigo e a parroquia de Tirán alén da Ría.


No salón de actos foron recibidos polo historiador José Luis Mateo Álvarez, que que lles fixo unha breve introdución sobre a nosa cidade, especialmente sobre a nosa Escola e a súa achega fundamental á formación da clase obreira de Vigo desde o último terzo do século XIX. 
Posteriormente visitaron os obradoiros de luthería antiga e cerámica, que teñen moita importancia na trama da novela.


Todo isto ocorreu antes que a expansión do coronavirus "Covid-19" trastornara as nosa vidas. Nestes días de obligada reclusión aproveito a ocasión para animarvos a ler  "O último barco" unha novela, na que destaca a nosa Escola de Artes e Oficios como un dos escenarios principais da trama, narra a procura por parte de Leo Caldas e o seu equipo de Mónica Andrade, profesora da escola que non se presentou á comida familiar da fin de semana nin acudiu a impartir a súa clase de cerámica...


13 de abr. de 2019

Entrevista a Domingo Villar en "Hoxe con Manquiña"


Este domingo na TVG, ás 00:10, no programa Hoxe con Manquiña emitirase a entrevista a Domingo Villar, o autor do "O último barco" que ten a nosa Escola de Artes e Oficios como un dos escenarios nos que se desenvolve esta novela policiaca. 
Non volo podedes perder!!! 
Entrevista

2 de abr. de 2019

Escola de Artes e Oficios, Unha Historia de Novela



Este domingo Faro de Vigo, no suplemento dominical Estela, publicou un artigo titulado "Escola de Artes e Oficios, unha historia de novela", no que se fai un repaso ao proceso de creación da nosa Escola hai 133 anos, o que a converte nunha das institucións máis antigas da cidade. Ao que se engade a reportaxe "Unha homenaxe a todos os que fan as cousas co calma" tal e como sinalaba Domingo Villar na presentación do seu libro "O último barco". Novela donde ten gran protagonismo a Escola, algúns dos seus mestres e das súas aulas, espazos polos que discorre a trama da novela.

5 de mar. de 2019

Presentación do libro "O Último Barco" de Domingo Villar, Xoves 7 de Marzo no Salón de Actos


Este xoves, 7 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos da Escola, presentación da novela "O último barco" de Domingo Villar .
A nosa Escola de Artes e Oficios é un dos escenarios nos que se desenvolve esta novela policiaca que segundo o autor "... É un dos lugares dos que os vigueses deberiamos estar máis orgullosos e, con todo, para a maioría non é máis que un edificio silencioso. Sinto que a miña obrigación ao escribir é tamén facer de altofalante e lembrar que temos na cidade unha xoia como esta"

14 de feb. de 2019

Domingo Villar Visita á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo


Está mañá, o escritor vigués Domingo Villar, visitó a nosa Escola. Co gallo da gravación dunha entrevista para o programa de TVE 2, Página Dos, percorreu varias aulas da nosa Escola: debuxo, cerámica, luthería antiga e o obradoiro de construción artesanal de gaita e zanfona
Só podemos dicir que estamos encantados coa súa visita e que o xoves 7 de marzo presentará a súa novela na nosa biblioteca. 
Como xa anunciamos nalgunha outra ocasión parte da trama da novela desenvólvese na nosa querida Escola de Artes e Oficios, que segundo o autor... "É un dos lugares dos que os vigueses deberiamos estar máis orgullosos e, con todo, para a maioría non é máis que un edificio silencioso. Sinto que a miña obrigación ao escribir é tamén facer de altofalante e lembrar que temos na cidade unha xoia como esta" 

Máis nada que engadir!!!

8 de nov. de 2018

Homenaxe de Domingo Villar á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Foto de Faro de Vigo

O próximo mes de marzo chegará as librerías a última novela  do escritor vigués Domingo Villar, O Último Barco, que se publicará en galego (Galaxia) e en castelán (Siruela). De todos é coñecido que Villar é o creador do personaxe do inspector Leo Caldas protagonista das súas novelas anteriores, Ollos de auga e A Praia dos Afogados que gozaron dunha gran acollida por parte dos lectores, con numerosas edicións, foron traducidas a 15 idiomas,  mesmo se fixo a adaptación cinematográfica dunha delas  "A praia dos afogados".
Agora despois de varios anos de espera, chega O Último Barco que neste caso ten un valor engadido para nós, pois a nosa centenaria Escola de Artes e Oficios será un dos escenarios nos que se desenvolve a novela.
Nós temos que agradecer a Domingo Villar a homenaxe que fai á nosa Escola na entrevista que publica Faro de Vigo, por iso reproducimos aquí as súas palabras:  

"É un dos lugares dos que os vigueses deberiamos estar máis orgullosos e, con todo, para a maioría non é máis que un edificio silencioso. Sinto que a miña obrigación ao escribir é tamén facer de altofalante e lembrar que temos na cidade unha xoia como esta"

Non podemos estar máis de acordo. Grazas Domingo Villar polo teu recoñecemento. 
Esperamos ansiosos O Último Barco