Amosando publicacións coa etiqueta Días Europeos da Artesanía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Días Europeos da Artesanía. Amosar todas as publicacións

7 de abr. de 2019

"Así se Crea a Artesanía" Artigo sobre a Celebración na EMAO da Xornada de Portas Abertas

Foto publicada no Xornal Atlántico   
Onte o xornal vigués Atlántico Diario facíase eco da xornada de portas abertas que tivemos o venres día 5 de abril  na Escola con motivo  da conmemoración dos Días Europeos da Artesanía.
Na foto vemos ao luthier, Xaime Rivas, durante a demostración dos diferentes procesos que forman parte da construción artesanal dunha zanfona.

2 de abr. de 2019

Días europeos da Artesanía: Xornada de Portas abertas na Escola de Artes e Oficios

Días europeos da Artesanía: 
Xornada de Portas abertas na 
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
En conmemoración dos Días Europeos da Artesanía, a nosa Escola abrirá as súas portas o vindeiro día 5 de abril para amosar ao público en xeral o traballo dos seus talleres.
A EMAO recoñécese así como unha institución relevante no mundo da creación artística e artesá cos seus 133 anos de experiencia na formación de miles de persoas ao longo da súa historia nos oficios artesanos, na creación artística e na cultura popular.

O programa deste día é o seguinte:
De 10.00-12.00 h
Construción Artesanal de Instrumentos Musicais  (CAIM)- Gaita: demostración dos difererentes procesos de construción da gaita que estará realizando o alumnado.
CAIM Zanfona: demostración dos diferentes procesos de construción da zanfona que estará realizando o alumado.
Artesanía en Coiro: exposición de pezas e demostración de técnicas decorativas.

De 12.00-14.00 h
Pintura: visita á aula e presentación de traballos do alumnado do curso monográfico de pintura con stencil que actuamente se desenvolve.
Encadernación: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado.

De 16.00-18.00 h
Deseño e Encaixe de palillos: demostración de diferentes técnicas de encaixe que o alumnado do curso Avanzado está a aplicar nos seus proxectos.
Talla e escultura en madeira: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado do curso Avanzado.
Moda e Confección: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado. Debuxo: visita á aula e demostración dos procesos que está realizando o alumnado do curso Avanzado. Proxección de traballos do alumnado.

De 18.00-20.00 h
Cerámica artística: exposición de traballos realizados polo alumnado, visita á aula e  presentación dos contidos da especialidade.

De 10.00 a 13.30 h
Poderá visitarse a Biblioteca pública García Barbón/Escola de Artes e Oficios, para coñecer o seu fondo contemporáneo dedicado ás artes aplicadas e aos oficios e tamén contemplar algúns exemplares antigos, singulares e curiosos que conservamos no noso fondo histórico.


A Escola en Internet

21 de mar. de 2019

Días Europeos da Artesanía 2019


Volve a gran festa dos oficios artesáns: os Días Europeos da Artesanía, que se celebran en España por sétimo ano consecutivo. Do 1 ao 7 de abril, o público de todas as idades terá a oportunidade de achegarse á esfera da creación artesanal mediante centos de actividades gratuítas.
Todos os artistas e institucións que desexen compartir os seus procesos creativos co público están convidados a propoñer as súas actividades mediante a web www.diasdelaartesania.es 

23 de mar. de 2018

Días Europeos da Artesanía na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)


Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, na EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo imos realizar unha xornada de Portas Abertas o vindeiro venres, 6 de abril:
10.00-12.00
CAIM Gaita: Demostración dos diferentes procesos de Construción da Gaita que estarán a realizar os alumnos.
CAIM Zanfona: Demostración dos diferentes procesos de Construción da Zanfona que están a realizar os alumnos.
Serigrafía Artística: Exposición de traballos realizados no Taller e demostración de Aplicación de Serigrafía Téxtil. 
12.00-14.00
Ourivería: Exposición de traballos realizados polos alumnos e demostración de aplicación de esmalte en húmido con esmaltes opacos e transparentes.
Artesanía en Coiro: Exposición de pezas de Alumnos e antigos alumnos, e demostración de nove técnicas decorativas. 
16.00-18.00
Deseño e Encaixe de palillos: Demostración de diferentes técnicas de encaixe que os alumnos de Avanzado están a aplicar nos seus proxectos. 
Escultura e Talla en Madeira: Demostración do proceso completo para a elaboración dunha plancha xilografica. -
Moda e Confección: Exposición de traballos realizados polos alumnos e demostración da realización dunha peza incluíndo: patronaje, confección e remate da peza.
Debuxo: Presentación e proxección de traballos realizados polos alumnos. 
18.00-20.00
Cerámica Artística: Exposición de traballos realizados polos alumnos e visita á aula e presentación dos contidos da especialidade. 
Pintura: Exposición de traballos realizados polos alumnos e visita á aula. 
De 9.30 a 12.00 e de 16:30 a 18:00, poderase visitar tamén a Biblioteca onde se poderán ver tamén algúns dos exemplares máis antigos e curiosos que conservamos.

16 de mar. de 2018

Días Europeos da Artesanía 2018




Os Días Europeos da Artesanía, que se celebrarán do 6 ao 8 de abril, inclúen diversas propostas gratuítas en toda España e en 17 países europeos máis.
Aberto o prazo de inscrición para artesáns e institucións que desexen achegar ao público as súas creacións na web www.diasdelaartesania.es

23 de mar. de 2017

Xornada de Portas Abertas o 31 de Marzo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Co gallo dos Días Europeos da Artesanía a Escola de Arte e Oficios de Vigo propón unha Xornada de Portas Abertas, o venres día 31 de Marzo, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Entrada gratuíta.

  • De 10.00 a 12.00 poderanse visitar os obradoiros de :  Construción artesanal de Instrumentos Musicais (Zanfona e Instrumentos populares Galegos) e Serigrafía Artística

CAIM Zanfona
CAIM Gaita













Serigrafía artística


  • De 12:00 a 14:00 poderanse visitar os obradoiros de Encadernación e Luthería Antiga. 

Encadernación artística

Luthería antiga
 

  • De 16:00 a 18:00 poderanse visitar as aulas de Escultura e Talla en Madeira, Debuxo, Pintura, Moda e Confección e Orfebrería. 


Escultura e Talla en madeira
Debuxo

Pintura
Moda e Confección

Ourivaría

  • De 18:00 a 20:00 poderanse visitar os obradoiros de Cerámica e Artesanía en Coiro.

Cerámica

Artesanía do Coiro

  • De 9:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:30 poderase visitar a Biblioteca da Escola, especializada en Oficios Artísticos.