14 de nov. de 2011

FERIARTE CUMPRE 35 ANOS


O vindeiro sábado, 19 de novembro, abre as súas portas unha nova edición de FERIARTE, Feira de Arte e Antigüidades, que nesta ocasión cumpre 35 anos. Nesta especial edición, que se celebra do 19 ao 27 de novembro, os 120 expositores participantes presentarán ao redor de 15.000 pezas para a súa venda directa, obras singulares que fan de FERIARTE o mellor expoñente español de arte antiga e un encontro de visita obrigada para coleccionistas e admiradores da pintura dos séculos XIX e XX. Mobles, antigüidades clásicas, pintura antiga e contemporánea, esculturas, reloxos, porcelanas, lámpadas, prata, cristal, arte oriental e tribal, xoias e outros obxectos de arte, confirman a mellora en termos de calidade e diversificación que experimentou o certame nos últimos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario