Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisuais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Audiovisuais. Amosar todas as publicacións

21 de dec. de 2015

O Coñecemento Segredo de David Hockney




No seu libro "O coñecemento segredo" Hockney suscita unha tese ciertamente revolucionaria, pois adianta en varios séculos as datas aceptadas para a utilización de instrumentos ópticos na execución de cadros.
Ata o momento, a opinión dos expertos era que só a partir do século XVII e en casos moi concretos -adoitaba citarse a Vermeer ou Canaletto- empregouse a cámara escura. A tese de David Hockney é que desde comezos do século XV moitos artistas occidentais utilizaron a óptica -espellos e lentes, ou unha combinación de ambos- para crear proxeccións vivas que servisen de punto de partida ás súas creacións. Concretamente, entre os anos 1420 e 1430, nalgún lugar do norte de Europa, empezouse a desenvolver a súa técnica, permanecendo como un coñecemento máis ou menos segredo ata que se filtrou nalgúns obradoiros de Italia.
... "O coñecemento segredo" non trata só das técnicas perdidas dos grandes mestres. Tamén trata do presente e do futuro. Fálanos de como vemos, arranxamos e construímos imaxes hoxe en día nunha época de manipulación informática. A través dunha procura constante, cuestionando as ideas e a práctica herdadas, e sen dar nada por suposto, Hockney ábrenos os ollos e fainos ser conscientes do xeito en que percibimos e representamos o mundo"

12 de maio de 2015

Proxección de "Islas, Náufragos Invisibles" de Miguel Núñez na Hemeroteca.


O  vindeiro venres, 15 de maio ás 19:00 h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios terá lugar a proxección "ISLAS, NÁUFRAGOS INVISIBLES" de Miguel Núñez.
Fotógrafo profesional, diplomado en imaxe  e son, traballou en varios medios de comunicación coma Faro de Vigo, 20 minutos e Qué!, ademais de colaborar en distintas publicacións e medios dixitais. 
Paralelo a isto desenvolve  o seu traballo artístico, en moitas ocasións dende a perspectiva do fotoperiodismo, e noutras creando un fantástico universo de imaxes  que nos falan da melancolía, a soidade, o amor, a desesperación, o EU, dende un  discurso plástico  moi personal.
O que nesta ocasión nos vai mostrar é o seu traballo "Islas, náufragos invisibles" (obra seleccionada na bienal internacional de Vilanova de Cerveira, nesta edición 2015) unha montaxe de imaxe e son, na que propón unha reflexión sobre o sinxelo que pode ser estar á marxe da sociedade, ou ser invisibles. El cóntanos: "Todos somos islas, todos naufragamos, algunos se hunden porque no tienen donde agarrarse. La sociedad no tolera a los que no han logrado salvarse, la sociedad los esconde, los hace invisibles".
A obra "Islas, náufragos invisibles" é un traballo plástico de investigación excepcional, no que se tratan temas duros como o das persoas que viven nas marxes da sociedade, ás veces por elección e outras por unha obriga dende unha estética do respecto, devolvéndolle a través das súas imaxes a dignidade que moitas veces lles foi arrebatada. Entre estas imaxes aparece a de Carlos Montoro "O Gringo", falecido a pasada semana, ao que Miguel lle dedicou una homenaxe póstuma, que podedes ollar neste enlace.

Esperámosvos!!!

Texto: Rosa García, mestra de talla e escultura en madeira da EMAO

8 de maio de 2015

O Documental "25 Anos do Rakú Segundo Nigrán"




Aquí tedes o vídeo 25º Rakú segundo Nigrán que se estrenou onte no Auditorio do Concello de Nigrán, un documental realizado por Edi Morgan sobre os 25 anos desta actividade no municipio, organizada desde a súa orixe coa colaboración da Escola de Artes e Oficios de Vigo, do obradoiro de cerámica artística e do seu mestre Miguel Vázquez que xunto con Emilia Guimeráns da Escola de Nigrán son os responsables de que esta experiencia cumpra 25 anos. Parabéns!!!

29 de abr. de 2015

Rakú 25º: Proxección do Video dos 25 Anos do Rakú Segundo Nigrán


A 26 Semana de Rakú segundo Nigrán que organizan conxuntamente a Escola de Cerámica do Concello de Nigrán e a especialidade de Cerámica Artística da EMAO quenta motores. E para abrir boca o xoves 7 de maio, ás 20 h, estrearase no Auditorio do Concello de Nigrán, o corto "25 Anos de Rakú segundo Nigrán" gravado na edición do ano pasado da Semana de Rakú. Este vídeo conmemora os 25 anos do Rakú que leva facendo a Escola de Cerámica do Concello de Nigrán, no que tamén participan os alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, obradoiro de Cerámica, dirixido por Miguel Vázquez, recollendo a atmósfera de traballo que envolve esta técnica milenaria.
Esperámosvos!!!

13 de out. de 2014

Concurso de Guións "1 entre 500"


CONCURSO DE GUIÓNS “1 entre 500”

Búscanse guións orixinais e diferentes para producir un proxecto audiovisual, webserie, curtametraxe de ficción ou documental. Anímate a participar e verás a túa idea feita realidade!
BASES
1.- Poden participar todos os guionistas que envíen un texto orixinal e inédito en calquera lingua oficial da Península Ibérica
2.-  Os guións poden enviarse en formato dixital ao e-mail uncortode500@gmail.com  ou en papel ao enderezo Rúa Eduardo Cabello, s/n 36208 Vigo, indicando no sobre Concurso “Un entre 500”.
3.- A data de recepción finaliza o 8 de decembro de 2014 ás 23:55 horas.
4.- O texto debe ter coma máximo 15 follas mecanografiadas, en Courier New, tamaño 12 e interliñado 1,5, incluindo unha sinopse e unha breve descrición dos persoaxes. Na capa indicaranse os datos de contacto: nome, apelidos, data de nacemento, teléfono e correo electrónico.
5.- Os autores/as están en posesión do copyright e polo tanto dispoñen dos dereitos de autor. A organización non se fai responsable respecto a plaxios, dereitos de autor dos textos presentados, así como calquera outra transgresión da lei.
A participación neste concurso implica a íntegra aceptación das bases por parte dos guionistas, e das decisións da organización e do Xurado, con renuncia expresa a toda reclamación que se opoña ás mesmas. Asimesmo, dita participación tamén implica a íntegra aceptación das características da produción.
PREMIO
O guión seleccionado será producido durante o ano 2015 polos alumnos de Produción do IES Audiovisual de Vigo. O fallo do Xurado coñecerase ao longo do mes de xaneiro.

19 de nov. de 2013

Onde empezou todo... Picasso e Barcelona


Este documental percorre os anos de mocidade de Picasso, cando descubriu en Barcelona a modernidad, abriuse ao mundo, atesourou uns coñecementos, teceu unhas amizades que perduraron toda a súa vida e as súas paisaxes físicas e humanas plasmou na súa obra como ningunha outra.

15 de nov. de 2013

Entrevista Miguel Vázquez na Revista Croa Magazine


 
Entrevista realizada por Cristina Rodríguez e Marta Villar
Video gravado e realizado por Cristina Rodríguez

Este mes a Revista Croa Magazine entrevistou en profundidade a Miguel Vázquez, profesional da cerámica e mestre da nosa Escola, membro da Academia Internacional de Cerámica, quen abriu de pao a pao as portas da súa casa e tamén do obradoiro para contar todas as reviravoltas desta disciplina "tan periférica"

9 de out. de 2013

Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco




Moi interesante este documental de RTVE "Maruja Mallo, Metade anxo, metade marisco" realiza un completo percorrido pola vida e obra desta pintora intentando -a través de declaracións da propia artista, amigos e estudiosos da súa obra- profundar no seu persoal mundo interior e artístico, á vez que vai deténdose en cada unha das etapas artísticas polas que transitou ao longo do século XX e que lle levaron desde a figuración ata a abstracción.
Este documental mostra o percorrido vital e artístico dunha muller transgresora coas convenciones sociais do seu tempo, á que se lle negou ata a data, un lugar na historia da pintura española

2 de set. de 2013

Video: traballos de ourivería iniciación da EMAO

 

Aquí tedes un vídeo coas primeiras pezas elaboradas polos alumnos de ourivería da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Curso 2012-2013. Iniciación A. Para máis información podedes visitar o seu blog

12 de xuño de 2013

Exposición "Mestres da Cerámica e as súas Escolas con Elena Colmeiro"


A inauguración da exposición "Mestres da cerámica e as súas escolas con Elena Colmeiro" terá lugar o venres 14 de xuño de 2013, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións "Enrique Cook" do Taller-Escola Cerámica de Muel (Estrada de Valencia, km. 468-50450, Muel, Zaragoza). Acompañarán a Elena Colmeiro nesta retrospectiva: Miguel Vázquez, mestre de cerámica artística na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, O tiNGLão, grupo de creación e artesanía cerámica formado por Emilia Guimeráns e Jorge Pérez, antigos alumnos de Miguel Vázquez,  Xavier ToubesMaría Oriza entre outros.
Aquí tedes un video realizado pola Tv da Universidade de Vigo a Elena Colmeiro:  http://tv.uvigo.es/video/32964

4 de xuño de 2013

O Nacemento dun Libro



Aquí tedes un vídeo sobre como se elabora un libro e onde se pode ver todo o persoal que hai detrás da creación material.

21 de maio de 2013

Evolución Histórica do Edificio do Museo Provincial de Ourense



O musarqourense presenta o vídeo coa reconstrución en 3D «Evolución histórica do edificio do Museo Provincial de Ourense». Este filme reflexa os resultados das escavacións e investigacións que durante anos foron levadas a cabo no inmoble. O edificio coñecido como Pazos, Torres e Curral do bispo é un dos escasos exemplos de arquitectura románica civil conservada ao que se foron engadindo soportes representativos de cada tempo histórico. 

28 de nov. de 2012

Wassily Kandinsky Drawing

  

Aquí tedes este vídeo de YouTube do artista expresionista gravado na Galerie Neumann-Nierendorf de Berlín en 1926, cando Kandinsky aínda era profesor da Bauhaus. Nese ano escribiría "Punto e liña sobre o plano".

23 de nov. de 2012

O luthier José Catoira


Espero que vos resulte interesante este vídeo do luthier José Catoira, que foi alumno do noso mestre de luthería antiga, Ramón Casal, no obradoiro de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM).

4 de nov. de 2012

O Oleiro


Este vídeo, "The Potter" dirixido por Josh Burton foi o proxecto final de Tese no Savannah College of Art and Design, está dedicado a todos aqueles que se inician na cerámica, especialmente no torno, xa vedes que non hai que desanimarse, o traballo e a constancia son fundamentais.

23 de out. de 2012

"A Moda é Soño" 25 anos de Talento Español

 

O Museo Cerralbo (Madrid) acolle desde o vindeiro xoves, 25 de outubro, a exposición A moda é soño. 25 anos de talento español, un percorrido polos mellores deseños dos grandes modistos da España do último cuarto de século.

5 de xul. de 2012

"EU FALAREI" do IES de Chapela da campaña "Avante coa Lingua Galega"



O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI
EU FALAREI, utiliza a  música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e ten unha letra escrita polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela .  Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que fan  un canto de amor en defensa da Lingua Galega.
MOI RECOMENDABLE!

4 de xul. de 2012

Festival de Videoarte Latino REGION 0 no MARCO de Vigo


A partir do martes 3 de xullo ata o 1 de setembro, o salón de actos do MARCO acolle o Festival de Videoarte Latino REGION 0. Unha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais na área da creación audiovisual, e que é resultado de múltiples enfoques conceptuais e procesuais dos seus creadores, dentro dunha ampla mostra na que teñen cabida diversas formas de expresión dentro da videoarte.