Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Carlos L. Bernárdez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xosé Carlos L. Bernárdez. Amosar todas as publicacións

4 de feb. de 2020

Presentación do libro "Enteiramente Pintado" sobre o Legado de Berta Cáccamo


A pintora Berta Caccamo (Vigo, 1963-2018), profesora de Belas Artes e integrante do colectivo Atlántico, foi unha das figuras da pintura contemporanea galega. Neste acto, "Enteiramente Pintado" non só se fará a presentación do libro homónimo por Juan de Nieves, comisario da exposición que se fixo o ano pasado, se non que se fará tamén un percorrido vital da artista e unha homenaxe á súa memoria. 
Interviran o seu irmán, Xosé Cáccamo, que abordará a orixe do seu legado, e que nos leerá o seu sentido poema "Berta"; e o crítico de arte Carlos Bernárdez, que se ocupou de escribir sobre a obra da pintora desde un punto de vista analítico

6 de nov. de 2019

Vídeos da Conferencia de Beatriz de San Ildefonso "A Influencia da EMAO nas Artes Plásticas de Vigo"

Dentro do programa complementario da Exposición A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na Historia de Vigo, tivo lugar a conferencia A influencia da Escola Municipal de Artes e Oficios nas Artes plásticas en Vigo: da formación ao artista, a cargo de Beatriz de San Ildefonso Rodríguez.

Día: mércores 2 de outubro de 2019
Hora: 19:30
Lugar: Biblioteca da Escola de Artes e Oficios (García Barbón, 5)

Vídeo 1 Vídeo 2 Vídeo 3

17 de xuño de 2016

Imaxes da Conferencia de Xosé Carlos L. Bernárdez na Hemeroteca da EMAO

Imaxes da conferencia sobre "Os Delaunay en Vigo. Centenario dunha presenza" que onte nos regaló Xosé Carlos L. Bernárdez. Moi documentada. Como en ocasións anteriores dar as grazas a Carlos por compartir connosco os seus coñecementos.

 

4 de mar. de 2016

Imaxes da Conferencia de Xosé Carlos L. Bernárdez "Arte nos Campos da Morte"

Imaxes da interesantísima conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez sobre a "Arte nos campos da morte, do exilio republicano ao exterminio nazi" onte na nosa hemeroteca.

19 de mar. de 2014

Imaxes da Conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez na Hemeroteca


Onte tivo lugar na hemeroteca, unha interesantísima conferencia sobre "A evolución cara a modernidade do retrato galego" desde finais do século XIX ata 1950. O acto contou coa asistencia de númeroso público que seguiu con interese a conferencia e participou no diálogo posterior co profesor e crítico de arte Xosé Carlos L. Bernárdez

13 de mar. de 2014