Amosando publicacións coa etiqueta Cómic b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cómic b>. Amosar todas as publicacións
3 de feb. de 2020
27 de xan. de 2020
Presentación da novela gráfica "Kartoffel" na EMAO en VcAO
Programación cultural semanal da Escola Municipal de Artes e Oficios,
PRESENTA
KARTOFFEL é unha novela gráfica ambientada no Vigo de 1943, co transfondo dunha España sumida na posguerra e unha Europa arrasada pola II Guerra Mundial.
O contrabando de wolframio, os espías de ambos bandos, os submarinos alemáns e a relación do réxime de Franco cos nazis enmarcan este relato.
"O Reichführer Heinrich Himmler, xefe das SS, na súa oficina en Berlín, asina unha orde para que Otto Ranh dirixa unha misión de espionaxe en Vigo..."
Nesta obra inclúense documentos gráficos auténticos e inéditos que contribúen a subliñar a veracidade do marco histórico e a reforzar a complicidade co lector. Esta premisa axuda a imaxinar unha Ría de Vigo visitada por submarinos alemáns e retratar a mandos nazis paseando polo porto da cidade. E, en definitiva, incorporar Galicia a un imaxinario, o da Segunda Guerra Mundial, mostrando un pasado incómodo de connivencia entre a Galicia do franquismo e o réxime Nazi.
Interveñen: Ramón Trigo (pintor) e José Trigo, guionista
Presenta: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
13 de xan. de 2013
31 Salón Internacional do Cómic de Barcelona
O 31 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, celebrarase do 11 ao 14 de abril de 2013 no Palacio 8 de Fira Barcelona Montjuïc.
23 de out. de 2012
Premio Nacional de Cómic, 2012
O debuxante asturiano Alfonso Zapico (Blimea, Asturias, 1981) foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2012 polo libro Dublinés (Astiberri Edicións, 2011), que retrata a vida cotiá de James Joyce. Zapico, premio autor revelación de 2010 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, mergullouse durante tres anos no proceso de creación de Dublinés, unha novela gráfica centrada na vida de James Joyce na que percorre os momentos, conversacións, penurias e aventuras coas que se foi construíndo unha das grandes figuras do século XX.
11 de maio de 2012
"DE TRIPAS CORAZÓN" EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DO DEBUXANTE "DAVIDA" NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO
EXPOSICIÓN DO ARTISTA E
DEBUXANTE DAVIDA
NA BIBLIOTECA CENTRAL DE
VIGO
DENDE O 2 ATA O 30 DE MAIO
David Amoedo Losada (Davida) Vigo, 1984. Dende 2003 adícase á ilustración, o comic e o deseño gráfico, con un estilo cartoon influenciado polo humor costumista, o gore e a Serie B dos 80s e 90s. É membro fundador e coordinador do Colectivo Fuck Comics e o fanzine homónimo. Colaborador dos Fanzines Despregable, La Patrulla Caspa, XDécimo, DreamMaker e Sinónimos de Lucro, a revista Xogo Descuberto e a editorial DH Ediciones. Humorista Grafico na revista Retranca e no Portal Web Novaxove.com pertencente ó grupo NovaGalicia Banco. Participante en antoloxías “Monstruos Clásicos”, “Clásicos y Zombies” , “Su Universo a Través” (DH Ed. 2010) e Ilusionaría (Dibbuks 2011). Coordinador do Fancine web LaCarab.Net e a editora Voz en Off. Monográficos Publicados: Tiras Cíclicas (2009), Juan Cosa (2012).
Webs: http://carab.net
3 de maio de 2012
SALÓN INTERNACIONAL DEL CÓMIC DE BARCELONA, 2012
O Salón internacional do Cómic de Barcelona inaugura a súa trixésima
edición, na que os organizadores lograron sortear a crise cunha marca de
150 expositores e onde haberá non unicamente editoriais, senón firmas
de videoxogos, electrónica, e outros ámbitos relacionados co lecer.
A lista de autores invitados ao certame é enorme, e na nómina de firmas estranxeiras destaca o mestre italiano Milo Manase, o debuxante de "V de Vendetta", David Lloyd, o creador de "Blankets", Craig Thompson, Scott Snyder, guionista das novas series de "Batman" e "A Cousa do pantano", así como o veterano xaponés Go Nagai, pai de Mazinguer Z, o xigante robot que revolucionou a animación e que cumpre 40 anos neste 2012. Precisamente, o mundo dos robots é o principal eixo temático desta edición do salón grazas á exposición "Robots na súa tinta", que fará un repaso pola historia dos autómatas e a súa relación co cómic e o cine. Tamén haberá un apartado específico para os míticos androides da serie Star Wars. |
|
16 de mar. de 2012
EXPOSICIÓN "AS ORIXES DO CÓMIC EN GALICIA" NO ARQUIVO DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
"As orixes do cómic en Galicia" é o título da exposición que abre este venres, ás sete e media da tarde, no Arquivo da Cidade da Cultura. A mostra amosa o traballo de cincuenta creadores que viron publicada a súa obra no noso país entre 1880 e 1960, amosando traballos inéditos e levando luz a un período ata o de agora descoñecido para os investigadores deste ámbito.
A exposicíon, comisariada por Rosario Crespo, culmina un longo proceso de documentación e busca en arquivos de todo o país e recupera material publicado en revistas e xornais dificilmente accesible ata o momento.
O fondo histórico da Biblioteca da Emao estará tamén presente nesta interesantísima mostra, coa exposición de tres exemplares da revista Alegría que se editou en Vigo nos anos 1909 e 1910, era unha publicación quincenal, humorística e ilustrada, que se nomeaba "defensora imparcial dos intereses da localidade". Nosa biblioteca posúe a colección completa.
O fondo histórico da Biblioteca da Emao estará tamén presente nesta interesantísima mostra, coa exposición de tres exemplares da revista Alegría que se editou en Vigo nos anos 1909 e 1910, era unha publicación quincenal, humorística e ilustrada, que se nomeaba "defensora imparcial dos intereses da localidade". Nosa biblioteca posúe a colección completa.
12 de mar. de 2012
ADEUS A MOEBIUS UNS DOS GRANDES DO CÓMIC CONTEMPORÁNEO
O pasado 10 de marzo faleceu en París Jean Giraud, alias Moebius, perdemos así a unha das figuras máis importantes e influentes do cómic contemporáneo.
Os seus debuxos alcanzaban en moitos casos o naturalismo académico perfecto. Noutras ocasións eran construídos por unha liña pura ou unha trama manual que definía os seus volumes, pero os universos creados pola súa imaxinación cobraban vida unha vez debuxados, axudados por un xenial estilo narrativo, sen dúbida froito do amor polo cine, no que tamén deixou pegada.
Máis información ...
Os seus debuxos alcanzaban en moitos casos o naturalismo académico perfecto. Noutras ocasións eran construídos por unha liña pura ou unha trama manual que definía os seus volumes, pero os universos creados pola súa imaxinación cobraban vida unha vez debuxados, axudados por un xenial estilo narrativo, sen dúbida froito do amor polo cine, no que tamén deixou pegada.
Máis información ...
20 de feb. de 2012
ENGURRAS, PREMIO GOYA 2012 A MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN
Engurras, dirixida por Ignacio Ferreras e producida pola empresa coruñesa Perro Verde Films, é a adaptación do cómic homónimo do premio nacional Paco Roca. Rosanna Cecchini, Paco Roca, Ignacio Ferreras e o produtor Anxo da Cruz (A Coruña, 1963) son os artífices desta entrañable historia sobre o alzhéimer e a vellez, que obtivo onte dous premios Goya, premio ao Mellor Guión Adaptado e á Mellor Pelicula de Animación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



