23/10/2012

Premio Nacional de Cómic, 2012


 
 
O debuxante asturiano Alfonso Zapico (Blimea, Asturias, 1981) foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2012 polo libro Dublinés (Astiberri Edicións, 2011), que retrata a vida cotiá de James Joyce. Zapico, premio autor revelación de 2010 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, mergullouse durante tres anos no proceso de creación de Dublinés, unha novela gráfica centrada na vida de James Joyce na que percorre os momentos, conversacións, penurias e aventuras coas que se foi construíndo unha das grandes figuras do século XX.

Ningún comentario:

Publicar un comentario