2 de dec. de 2011

A MOSTRA "RUBENS, BRUEGHEL, LORENA. A PAISAXE NÓRDICA NO PRADO" EN GALICIA


"Rubens, Brueghel, Lorena. A paisaxe nórdica no Prado" é o título da exposición que inaugura hoxe a Sala de Exposicións da Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín en Santiago de Compostela e que expón unha aproximación ás diferentes tipoloxías da paisaxe que xurdiron ao longo do século XVII en Flandes e Holanda. A exposición está formada por 52 pinturas pertencentes aos fondos da primeira pinacoteca nacional, que inclúe obras de Jan Brueghel o Vello, Rubens, David Teniers, Peeter Snayers e Lorena, ofrece obras de extraordinaria calidade, traballo dalgúns dos máis importantes artistas da historia da arte. O público galego poderá gozar ata o 26 febreiro de 2012 desta mostra composta integramente por fondos do Prado, un percorrido polo evocador mundo da paisaxe nórdica apreciando a mestría coa que os pintores representaron con fidelidade montañas, bosques, campiñas, ríos, mares, paraxes cubertas de neve ou canles xeadas, inmersos nunha luz naturalista. Do 1 de decembro de 2011 ao 26 de febreiro de 2012.
Máis información en: Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario