12 de mar. de 2015

Mostra "17 Visións Contemporáneas", un Percorrido pola Cerámica Contemporánea Española



O Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias González Martí de Valencia, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, inaugurou onte a mostra "17 visións contemporáneas", un percorrido polo panorama da creación contemporánea española no ámbito da cerámica. A exposición conta co apoio da Càtedra d'Innovación Ceràmica Ciutat de Vila-Real (CICCV), o Concello de Vila-Real e a Universidade Jaume I de Castellón e estará aberta ata o 12 de abril. Nesta exposición participa Miguel Vázquez, o noso mestre de cerámica artística.
Esta exposición enmárcase dentro da Feira de Arte e Cultura Cerámica Contemporánea (FACC, www.ifacc.es) que é un proxecto a longo prazo que pretende promover, difundir e fomentar a cerámica artística en todos os seus ámbitos e a nivel internacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario