13/03/2015

Imaxes da Visita do Obradoiro de Cerámica Artística a Barcelos (Portugal)


Onte, os nosos alumnos de cerámica artística fixeron unha visita a cidade portuguesa de Barcelos moi ligada desde sempre a olaría, de feito, esta produción artesanal ten moita importancia económica e social desde hai séculos nesta región, forma parte da identidade do territorio, unha tradición enraizada na terra e moldeada polo talento dos seus homes e mulleres. Aquí tedes unhas fotos moi boas cortesía de Fabiola Mecias. Gracias a Fabiola, aos alumnos de cerámica en xeral e a Miguel Vázquez pola súa colaboración coa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario