30/11/2011

A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS EN CULTURGAL 2011


Os vindeiros 2, 3 e 4 de decembro, a Asociación de Gaiteiros Galegos estará presente no Culturgal, un evento anual que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos.  
A AGG terá un posto informativo e de venda de material neste evento, que estará situado na zona denominada como "Patio" no que poderedes atopar información sobre as actividades que se veñen realizando e diverso material á venda relacionado coa musica e a cultura tradicional.
As persoas que se acheguen a Pontevedra esta fin de semana poderán escoller entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20 obras de teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro, múltiples presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imaxes das propostas audiovisuais que pronto chegarán aos cines galegos. Serán tres días intensos, cheos de propostas para todos os gustos, sen un momento libre para o aburrimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario