Doce artesáns galegos van a participar na L´ Artigiano in Fiera de Milán unha das feiras máis importantes de artesanía de Europa e o número uno en venda directa–que se celebra na cidade italiana ata o 11 de decembro. Os seleccionados para o evento nesta 16 edición son: María Meda (complementos téxtiles, Vigo); Iñaki Tellería (cerámica, Redondela); Marta Armada (xoiería con cerámica, Vigo); Arela de Fe (xoiería, A Guarda); Cabuxa (coiro, Tui); Pilar Piñeiro Cerámica (cerámica, Cangas do Morrazo); A Feitura (xoiería, A Coruña); En Lá (complementos téxtiles, Monforte); E. Ferro (coiro e zuecos, Vila de Cruces); F. Mourón– Buño (cerámica, Buño); Maysil (xoiería, A Estrada) e Suso Fernández (cerámica, Taboada).
Todos eles posúen un taller propio, que é un requisito esencial para participar. Os doce elixidos exporán os seus produtos na caseta institucional de Artesanía de Galicia que por quinto ano consecutivo participa neste evento. Con esta actuación a Dirección Xeral de Comercio, a través da Fundación Centro Galego dá Artesanía e do Deseño, trata de apoiar aos obradoiros artesanais, sempre baixo márca Artesanía de Galicia.
Para esta feira, os artesáns reciben unha subvención do 75 por cento do espazo expositivo ademais de custearlles o transporte do material e o seguro das pezas.
Para esta feira, os artesáns reciben unha subvención do 75 por cento do espazo expositivo ademais de custearlles o transporte do material e o seguro das pezas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario