3 de maio de 2012

SALÓN INTERNACIONAL DEL CÓMIC DE BARCELONA, 2012


O Salón internacional do Cómic de Barcelona inaugura a súa trixésima edición, na que os organizadores lograron sortear a crise cunha marca de 150 expositores e onde haberá non unicamente editoriais, senón firmas de videoxogos, electrónica, e outros ámbitos relacionados co lecer.
A lista de autores invitados ao certame é enorme, e na nómina de firmas estranxeiras destaca o mestre italiano Milo Manase, o debuxante de "V de Vendetta", David Lloyd, o creador de "Blankets", Craig Thompson, Scott Snyder, guionista das novas series de "Batman" e "A Cousa do pantano", así como o veterano xaponés Go Nagai, pai de Mazinguer Z, o xigante robot que revolucionou a animación e que cumpre 40 anos neste 2012. Precisamente, o mundo dos robots é o principal eixo temático desta edición do salón grazas á exposición "Robots na súa tinta", que fará un repaso pola historia dos autómatas e a súa relación co cómic e o cine. Tamén haberá un apartado específico para os míticos androides da serie Star Wars.

Ningún comentario:

Publicar un comentario