23/03/2018

Días Europeos da Artesanía na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)


Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, na EMAO, Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo imos realizar unha xornada de Portas Abertas o vindeiro venres, 6 de abril:
10.00-12.00
CAIM Gaita: Demostración dos diferentes procesos de Construción da Gaita que estarán a realizar os alumnos.
CAIM Zanfona: Demostración dos diferentes procesos de Construción da Zanfona que están a realizar os alumnos.
Serigrafía Artística: Exposición de traballos realizados no Taller e demostración de Aplicación de Serigrafía Téxtil. 
12.00-14.00
Ourivería: Exposición de traballos realizados polos alumnos e demostración de aplicación de esmalte en húmido con esmaltes opacos e transparentes.
Artesanía en Coiro: Exposición de pezas de Alumnos e antigos alumnos, e demostración de nove técnicas decorativas. 
16.00-18.00
Deseño e Encaixe de palillos: Demostración de diferentes técnicas de encaixe que os alumnos de Avanzado están a aplicar nos seus proxectos. 
Escultura e Talla en Madeira: Demostración do proceso completo para a elaboración dunha plancha xilografica. -
Moda e Confección: Exposición de traballos realizados polos alumnos e demostración da realización dunha peza incluíndo: patronaje, confección e remate da peza.
Debuxo: Presentación e proxección de traballos realizados polos alumnos. 
18.00-20.00
Cerámica Artística: Exposición de traballos realizados polos alumnos e visita á aula e presentación dos contidos da especialidade. 
Pintura: Exposición de traballos realizados polos alumnos e visita á aula. 
De 9.30 a 12.00 e de 16:30 a 18:00, poderase visitar tamén a Biblioteca onde se poderán ver tamén algúns dos exemplares máis antigos e curiosos que conservamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario