12 de maio de 2017

XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2017”



O Concello de FENE convoca a XXI edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2017. Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Premios Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes das 23.59 horas do vindeiro 30 de maio de 2017 ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7x42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados. Os Curuxa do Humor 2017 establecen novamente dúas categorías, unha para maiores de 25 anos (Curuxa) e outra para menores desa idade (Curuxa Nova). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario