15/02/2013

Nova Exposición do Colectivo "Sol Poniente" na Galería Androx de Vigo


A inauguración terá lugar o día 22 de febreiro, venres, ás 20 h. e a clausura da exposición será o día 22 de marzo. Alí poderanse ver pinturas, ilustracións, debuxos, serigrafías, gravados, cores, mundos imaxinarios, ... Nesta ocasión o evento será na Galería de Arte ANDROX de Vigo  (Vía Norte, 22 (galerías).
O horario da Galería é de luns a venres de 19 a 21 horas.
As compoñentes do colectivo son antigas alumnas da nosa Escola: Alicia Pérez BarónOlalla Ofl e YELLICE. Máis información en: SOL PONIENTE

1 comentario: