15 de feb. de 2013

Convocatoria Programa de Residencias Artísticas Locais e Internacionais, 2013


    Convocatoria Programa
 de Residencias Artísticas Locais e Internacionais 2013
Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC)

O MAC é un centro artístico e cultural multidisciplinar situado na Coruña, España. O Museo, que actualmente conta cunhas instalacións de 8.000 m2, inicia a súa andaina en 1995 coa misión de apoiar a creación artística a través de diversos programas de formación e mobilidade internacional para artistas, aos que se suma un intenso labor de mecenado a través da adquisición de obras de arte para a súa colección corporativa.
Co seu Programa de Residencias Artísticas 2013, o MAC quere incentivar a investigación e a produción artística, facilitar a produción artística local, contribuír á promoción dos creadores, promover a mobilidade internacional e intercambio de artistas e outros profesionais da cultura.
Por este motivo, en 2013 o MAC abre unha nova convocatoria para cubrir un total de 10 residencias artísticas: 4 internacionais e 6 locais. Os períodos das devanditas residencias serán: 1 maio -30 xuño 2013 e 1 outubro -30 novembro 2013.

As residencias inclúen: 

1. Cesión dun estudo na sede do MAC na Coruña (España) durante dous meses.

2. Axuda económica de 3.500 € no caso das residencias internacionais.

3. Axuda económica de 600 € en concepto de produción no caso das residencias locais.

4. Xantares de luns a xoves no comedor do museo.
 


As persoas interesadas en solicitar unha residencia deberán completar o formulario de solicitude dispoñible no sitio web www.artistasmac.com antes do 1 de marzo de 2013 ás 23:59 (GTM+1). Para máis información, consultar as bases da convocatoria en www.artistasmac.com ou dirixirse ao correo electrónico air@artistasmac.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario