4 de xuño de 2016

III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas "Xestión de Documentos Singulares" 3 de Xuño de 2016

Rosa Lamas, Mª José Rucio, Ana Cabanes e Mª del Pilar Martínez

Onte, 3 de xuño de 2016 tivo lugar en Ribadavia (Ourense) no Museo Etnolóxico, organizada pola Biblioteca do Museo, a III Xornada sobre Bibliotecas Especializadas, este ano co título: "Xestión de documentos singulares".
Coleccións e documentos singulares, especiais, distintivos, únicos son a chave do futuro das bibliotecas e en particular das especializadas e de investigación. A facilidade de acceso a obras a través dos catálogos colectivos e compartidos, está dando máis valor a documentos únicos e singulares, que até o de agora estaban invisibilizados e ocultos.
Pola mañá o tema a debate foi "Cómo se están a xestionar os documentos singulares nas bibliotecas?"
As conferenciantes foron Mª Pilar Martínez, Directora da Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC, Ana Cabanes, Xefa de Biblioteca e Documentación do Museo do Ferrocarril de Madrid e Mª José Rucio, Xefa de Servizo de Manuscritos e Incunables da Biblioteca Nacional de España. 
Pola tarde o tema foi "coleccións e documentos singulares nas bibliotecas especializadas de Galicia: experiencias" 
As poñentes foron Mª Isabel Almuiña da Biblioteca da Deputación de Ourense, Mª Pilar Vilaboy da Fundación Penzol, Ana Barbazán, bibliotecaria do Museo de Pontevedra e Milagros García da Biblioteca de Estudos Locais (A Coruña).

Mª Isabel Almuiña
Mª Pilar Vilaboy
   
Milagros García
Ana Barbazán

Mesa debate da tarde

Desde aquí agradecer a Rosa Lamas, bibliotecaria do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que organiza e coordina maravillosamente estas Xornadas e a todas as bibliotecarias interviñentes por compartir con todos as súas experiencias e coñecementos. Grazas de novo!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario